"ICE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 774.

  • Xénero de plantas arbustivas ou gabeadoras, da familia das caprifoliáceas, que presenta follas enteiras, flores actinomorfas en pequenos grupos e froito en baga. En Galicia pódense atopar as especies L. peryclimenum e L. etrusca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1802 foi pintor de cámara e Fernando VII confirmouno como pintor oficial da corte. Cultivou a pintura relixiosa, a histórica e a alegórica en grandes composicións ao fresco, como Carlos III poniendo su orden bajo el patrocinio de la Inmaculada, e o retrato, xénero no que se destacou e do que sobresaen os retratos Don Vicente Blasco e General Narváez. Foi director do Museo del Prado, profesor de debuxo da Raíña María Isabel de Braganza e de Isabel II, e membro das academias de Madrid, València, Zaragoza e Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista e médico. Foi o primeiro director do Jardí Botánico de València, instalado en 1802. Das súas obras destacan os tratados Nova generum Polygamiae classificatio (1796), Cartas... sobre las observaciones botánicas que ha publicado D. Antonio José Cavanillas (1797-1798) e Disertación sobre el sistema de Linneo (1806).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado á beira do Miño preto de Santa Ouxea, entre os concellos de Barbadás e Toén. Foi fundado polo confeso Fafila e o seu fillo Egas, que o doaron no ano 952 e, dirixido por san Rosendo e o abade Fránquila, polo que pasou a depender de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político congolés. Participou na loita pola independencia do Congo Belga e axudou á formación dun estado libre, unitario e progresista. Nomeado primeiro ministro pouco antes da independencia, o 30 de xuño de 1960, tivo que afrontar a secesión de Katanga e Kasai. Durante a guerra civil pediu axuda á ONU e esforzouse por conservar a unidade e a democracia nacionais, pero foi destituído, apresado e asasinado, seguramente polas forzas de Moïse Tshombé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal de Francia e duque de Magenta. De orixe irlandesa, foi gobernador de Alxeria (1864-1870), interveu na Guerra Franco-prusiana e estivo prisioneiro en Sedan. Despois de reprimir a Comuna de París de 1871, foi presidente da República en substitución de Thiers (1873-1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo irlandés. Foi membro do Oxford Group na década de 1930. En 1941 comezou a escribir obras de teatro para a BBC, como The Dark Tower (1947). O seu primeiro libro de poemas foi Blind Fireworks (1929), ao que seguiron máis dunha ducia de novos títulos. Tamén traduciu os clásicos, sobre todo a Horacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro. Residiu en Pontevedra e publicou El ferrocarril de Zamora a Orense y Coruña (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou moi a miúdo co seu fillo Joan Macip i Navarro. A súa obra evidencia unha estancia en Italia e puido comezar a súa formación baixo a influencia de Yáñez i Llanos. En 1516 traballou para a catedral de Murcia, e en València realizou traballos de ornamentación na catedral (1522-1525), onde pintou o Baptisme e fixo o retablo do Anxo Custodio. Foi autor tamén do retablo da sé de Sogorb (Castelló) entre 1520-1535, de estilo monumental, de El martiri de Santa Agnès e La Visitació, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo que presenta un aparato esporífero visible a simple vista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor belga. Relacionouse en París con poetas simbolistas. Das súas obras poéticas destacan Les serres chaudes (1889) e Douze chansons (1896). En teatro tamén introduciu elementos simbolistas, como en La princesse Maleine (1889), L’intruse (1890), Les aveugles (1890), Les sept princesses (1891), Pelléas et Mélisande (1892) e Intérieur (1894). A partir de 1896 acentuou o seu pesimismo e o significado da aceptación da adversidade a través da contemplación da natureza, como reflicten os seus ensaios filosóficos Trésor des humbles (1896) e La sagesse et la destinée (1898), os dramas Soeur Béatrix (1901), e os estudios de historia natural La vie des abeilles (1901). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de grandioso ou magnífico.

    2. Grandeza ou xenerosidade nos actos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa admiración polo seu esplendor ou grandiosidade.

    2. Que actúa con magnificencia ou xenerosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fariña fina de millo empregada en repostería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • maledicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de maldicir falando mal doutras persoas.

    2. Expresión coa que se maldí ou critica a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen di maledicencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de maléfico.

    2. Hábito ou costume de causar mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. É unha obra barroca do s XVIII que conta cunha planta en cruz latina con ábsida rectangular e na súa fachada, flanqueada por pilastras nos extremos e rematadas en dúas volutas, presenta unha fornela situada no eixe onde se garda a figura de san Vicente. O conxunto está coroado por unha torre de base cadrada cun van e catro arcos de medio punto, que remata nun tambor e unha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Mestre en San Martiño Pinario, ocupou a cátedra de Sagrada Escritura na Universidade de Santiago de Compostela (1601-1617). Provocou unha polémica teolóxica ao defender a comuñón diaria. Escribiu Paraphrasis inter Texta Editioni Vulgatae in Pentateuchum (1610) e Index consanguinitatum et affinitatum (1616).

    VER O DETALLE DO TERMO