Mañufe, San Vicente de

Mañufe, San Vicente de

Igrexa parroquial situada en Gondomar. É unha obra barroca do s XVIII que conta cunha planta en cruz latina con ábsida rectangular e na súa fachada, flanqueada por pilastras nos extremos e rematadas en dúas volutas, presenta unha fornela situada no eixe onde se garda a figura de san Vicente. O conxunto está coroado por unha torre de base cadrada cun van e catro arcos de medio punto, que remata nun tambor e unha cúpula.