"ILE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no Parque Natural Sierra de Cazorla, Segura y las Villas, no límite coa provincia de Albacete (2.471 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Cofundador do Movimiento Nacionalista Revolucionario (MNR, 1941), viviu exiliado en Arxentina e Chile entre 1946 e 1951. Ao regresar ao seu país, dirixiu en 1952 a insurrección que levou ao MNR ao poder e foi vicepresidente (1952-1956) e presidente (1956-1960) da república. Un golpe de estado obrigouno a exiliarse de novo (1964-1978). En 1978 fundou o Movimiento Nacionalista Revolucionario de Izquierda, co que venceu nas eleccións presidenciais de 1979 e 1980, pero o réxime militar non permitiu a toma de posesión do seu novo cargo. Disolta a xunta militar, ocupou a presidencia da república entre 1982 e 1985.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica de Europa Central situada entre a vertente NL dos Sudety e a conca superior do Oder, dentro dos límites do estado polaco, excepto unha pequena parte que pertence á República Checa e que forma parte de Moravia Setentrional. Ocupada por tribos eslavas desde os ss V-VI, a finais do s IX formou parte da Gran Moravia, e no s X foi incorporada ao nacente estado polaco. A fragmentación de Polonia a partir da morte de Boleslau III Bocatorta (1086-1138) facilitou a penetración checa e alemá en Silesia, que en 1163 pasou a ser un feudo do Sacro Imperio Romano Xermánico. En 1335 o rei polaco Casimiro III o Grande cedeulla a Bohemia, reino que foi incorporado en 1526 aos dominios dos Habsburgo austríacos. En decembro de 1740 a maior parte da rexión foi conquistada por Federico II de Prusia, mentres que só os ducados de Cieszyn, Opawa e Koniowo continuaron baixo a administración de Viena. Prusia levou a termo en Silesia unha intensa acción xermanizadora, que no s XIX...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do Carbonífero que, con categoría de subsistema, é equivalente ao Pennsylvaniano ou ao Carbonífero Superior.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Silesia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Silesia.
-
-
Relativo ou pertencente ao Silesiano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante criptocristalina do cuarzo. É unha calcedonia opaca que aparece en masas case sempre de cor branca, amarela clara, gris ou negra. A causa das súas características, como a abundancia, a dureza, a fractura concoidal ou as beiras afiadas e cortantes dos seus anacos, foi a primeira materia que se empregou para fabricar instrumentos líticos durante a Idade de Pedra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Industria lítica do val do Nilo. Desenvolveuse no Epipaleolítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
SEAT.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa francesa dedicada á fabricación de automóbiles fundada en 1934 por Henri Pigozzi, a partir das instalacións da firma Donnet-Zedel, que adquiriu en 1933. En 1954 pasou a mans da Ford Motor Company, que a vendeu á Chrysler Corporation (1958). En 1963 foi asinado un acordo entre SIMCA Automobiles, Chrysler Corporation e Barreiros Diesel SA para a fabricación dos automóbiles SIMCA en España.
-
-
Acción máxica de carácter maléfico, propio de bruxas e meigas.
-
Influencia moi forte que se exerce sobre alguén.
-
-
-
Tipo de alerón situado no extradorso dunha á para diminuír a sustentación.
-
Elemento de carrocería, semellante a un alerón, situado baixo os parachoques do automóbil ou na súa parte traseira, e destinado a mellorar a aerodinámica.
-
-
PERSOEIRO
Debuxante e pintor suízo. Foi un importante cartelista, ilustrador de libros e augafortista, e destacou como debuxante realista de temas populares.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade óptica dos conos da retina de percibir máis intensamente a luz que incide frontalmente sobre eles polo centro da pupila, ca a que penetra polos bordos.
-
-
Calidade de sutil.
-
Aquilo que se define pola súa agudeza ou perspicacia.
-
-
REXIÓNS
Rexión do S de Marrocos, ao S do Grande Atlas, formada por unha serie de oasis. É un antigo camiño de caravanas que vai do centro de Marrocos a Tuat e a Níxer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coiro moi delgado, flexible e lustroso fabricado con pel de cabra.
-
PERSOEIRO
Pensador grego. Foi o primeiro representante da escola naturalista de Mileto e considerouse tradicionalmente como un dos sete sabios de Grecia. Orientouse cara ao estudo dos fenómenos naturais e atribuíronselle diversas proposicións de xeometría elemental, como o teorema que leva o seu nome. Rexeitou as explicacións míticas da orixe do mundo e atribuíu unha orixe natural a todo, co convencemento de que detrás dos fenómenos cambiantes hai un principio común e esencialmente invariable. Considerou a auga como principio de todas as cousas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca o tambor ou o tamboril.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prefectura de Chad (18.045 km2; 453.854 h [1993]). A súa capital é Laï (9.000 h [1993]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro fundada en abril de 1991 en Sada. Nese mesmo ano estreou os espectáculos Descubrir a lectura é un espectáculo e Onde están os libros, dirixidos por Pedro Rubín. A estes seguíronlle, entre outros, Trasnos (1995), Pauto do Demo (1997), A esperar por Godot (1999) e O divertimento do Rei (2005).