sílex

sílex

(< lat silex ‘pedernal’)

s m [MINERAL]

ariante criptocristalina do cuarzo. É unha calcedonia opaca que aparece en masas case sempre de cor branca, amarela clara, gris ou negra. A causa das súas características, como a abundancia, a dureza, a fractura concoidal ou as beiras afiadas e cortantes dos seus anacos, foi a primeira materia que se empregou para fabricar instrumentos líticos durante a Idade de Pedra.

Palabras veciñas

Silesia | Silesiano | silesiano -na | sílex | sílfide | sílfido -da | silfo