"Lac" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 769.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha intrusiva que vén dunha masa inferior, batolítica. A forma, aínda que variada, é xeralmente en bolsas horizontais de acordo cos planos de sedimentación das rochas atravesadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pata dianteira do porco despois de que se despeza. Emprégase habitualmente na elaboración de diversos pratos da gastronomía tradicional galega, como no lacón con grelos, o cocido ou os callos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Indicación Xeográfica Protexida creada pola Orde de 7 de febreiro de 1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. A zona de produción e elaboración abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Enténdese por lacón galego as extremidades dianteiras do porco unha vez curadas, que cumpran as características anatómicas, de orixe, corte, elaboración, curación e comercialización, e que pertenzan ás razas Celta, Large White, Landrace, Duroc e aos seus cruzamentos, aínda que se acepta o cruzamento coas razas Branco Belga e Pietrain. Os lacóns clasifícanse en lacón galego tradicional, cando proceden de porcos alimentados tradicionalmente, e lacón galego, se os animais foron alimentados con pensos autorizados e controlados polo Consello Regulador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós da rexión de Peloponeso, Grecia (3.636 km2; 94.916 h [1991]. A súa capital é Esparta.
-
GOLFOS
Sector do Mediterráneo, situado entre os cabos de Taínaron e Maléas, diante da illa de Citera. Nel desemboca o Eurôtas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
laconio.
-
Que é breve e conciso.
-
Que se expresa con poucas palabras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sala das termas romanas onde se tomaban os baños de vapor. De orixe espartana, tiña planta circular e cubríase cunha cúpula, onde se abría un orificio para deixar pasar o vapor. Atopábase próximo ao caldarium e ao tepidarium. OBS: Tamén recibe o nome de sudatorium.
-
-
Relativo ou pertencente a Laconia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Laconia.
-
Dialecto do grego antigo que pertence ao grupo dórico.
-
aso fabricado en Laconia entre os ss X e V a C. No s VI a C eran de figuras negras con detalles gravados ou en vermello realizados sobre un engobe amarelo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de lacónico.
-
PERSOEIRO
Predicador francés. Avogado, entrou no seminario e foi ordenado sacerdote en 1827. En 1830 fundou, xunto con Lamennais e Montalembert, o periódico L’Avenir, que foi condenado por Gregorio XVI en 1834. Someteuse e arredouse de Lamennais, co que polemizou. Obtivo o restablecemento da orde dos dominicos en Francia e, en 1840, pronunciou os votos. Entre 1850-1854 e 1858-1861 foi o superior da orde. Desde 1835 destacaron as súas conferencias en Notre-Dame de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Coñecido como Le crocodile, formou parte, xunto con Henry Cochet, Jean Borotra e Jacques Brugnon, do equipo francés da Copa Davis coñecido como Les mousquetaires, que gañou o torneo en 1927, 1928 e 1929. Gañou os torneos de Roland Garros (1925, 1927 e 1929), Wimbledon (1925 e 1928) e US Open (1926 e 1927). Despois de retirarse, en 1929, creou unha marca de roupa deportiva co seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo, xeopolítico, historiador e profesor. Pasou a súa xuventude e Marrocos e realizou estudos en Francia. Regresou a África na década do 1950 e estudou o pobo berebere. Membro do Partido Comunista francés, adoptou unha postura anticolonialista e loitou pola independencia de Alxeria, así mesmo apoiou unha refundación e democratización da xeopolítica. Regresou a Francia en 1955 e comezou o seu labor docente como profesor universitario. Fundador da revista Hérodote (1976), do anuario L’état du monde (1981) e do Institut Française de Géopolitique (1989), centrou os seus estudos na xeografía económica e social, así como na historia dos países do Terceiro Mundo. En 1976, a partir da súa incorporación á cátedra da Sorbonne, desenvolveu unha crítica á xeografía tradicional que o fixo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pechar ou selar un documento, unha carta ou calquera paquete con lacre.
-
-
Pasta sólida composta de laca, trementina e unha materia colorante, que se emprega, fundida, para pechar e selar cartas, pregos e outros documentos.
-
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘viño’.
-
-
PERSOEIRO
Novelista francés. É autor das novelas Silbermann (1922), Le retour de Silbermann (1930), Amour nuptial (1929), Les hauts ponts (1932-1935) e Quand le destin nous mène (1981). Foi membro da Académie Française desde 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de segregar lágrimas.
-
Emisión de líquido a través das feridas das plantas.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás lágrimas.
-
Aplícase aos órganos do aparato lacrimal.
-
Que está próximo ás glándulas lacrimais.
-
Conxunto de órganos destinado á secreción de lágrimas. Consta das glándulas lacrimais, que segregan as lágrimas, e das vías lacrimais, que están formadas polos canalículos lacrimais e o lácrimo-nasal, que evacúan as lágrimas cara ao interior do nariz.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
aso romano pequeno e de colo estreito e longo. Servía para gardar perfumes e ungüentos, e non bágoas como se cría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten forma de lágrima.