Lacoste, Yves
Xeógrafo, xeopolítico, historiador e profesor. Pasou a súa xuventude e Marrocos e realizou estudos en Francia. Regresou a África na década do 1950 e estudou o pobo berebere. Membro do Partido Comunista francés, adoptou unha postura anticolonialista e loitou pola independencia de Alxeria, así mesmo apoiou unha refundación e democratización da xeopolítica. Regresou a Francia en 1955 e comezou o seu labor docente como profesor universitario. Fundador da revista Hérodote (1976), do anuario L’état du monde (1981) e do Institut Française de Géopolitique (1989), centrou os seus estudos na xeografía económica e social, así como na historia dos países do Terceiro Mundo. En 1976, a partir da súa incorporación á cátedra da Sorbonne, desenvolveu unha crítica á xeografía tradicional que o fixo un dos abandeirados da xeografía radical.
Das súas obras destacan, entre outras, Les pays sous-développés (1959), La geographie ça sert d’abord à faire la guerre (1976), Ibn Khaldoun. Naissance de l'histoire passé du Tiers Monde (1966), Unité et diversité du Tiers Monde (1980), Géopolitiques des régions de France (1986), Dictionnaire de Géopolitique (1993), La légende de la Terre (1996), L'eau des hommes (2002), L'eau dans le monde (2006), La question post-coloniale. Una analyse géopolitique (2010) e Aventures d'un géographe (2018). Foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honor de Francia e recibiu o Prix Broquette-Gonnin (1987) e o Prix International de Géographie Vautrin-Lud (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Fez, Marrocos