"Manu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
PERSOEIRO
Xesuíta e lexicógrafo. En 1707 entrou na Compañía de Xesús e foi impulsor do movemento literario vasco no s XVIII. Escribiu apoloxías en defensa da lingua e estudios gramaticais como El imposible vencido. Arte de la lengua bascongada (1729), primeira gramática vasca, Dicionario trilingüe castellano, bascuence y latín (1745) e Corografía o descripción general de la M. N. y M. L. provincia de Guipúzcoa (1882).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de xadrez e matemático alemán. De orixe xudía, en 1894 proclamouse campión do mundo ao vencer a Wihelm Steinitz, e conservou o título ata 1921. A súa técnica distinguiuse polo carácter eminentemente posicional e deu un pulo definitivo á nova concepción do xogo do xadrez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi profesor de ensino medio e colaborador de diversos medios de comunicación. Da súa obra destacan as traducións das obras Billy Budd (1983), de H. Melville, The Turn of the Screw, de H. James, The Portrait of the Artist as a Young Dog (1992), de D. Thomas, e Wuthering Heights, de E. Brontë. Ademais, é autor dos dramas Sete contos do raposo (1968) e O fío do mal (1970); e das novelas Loita e morte (1986) e Semente de onte (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico cinematográfico. Desenvolveu un importante labor no cineclub de Pontevedra. Participou nun proceso impulsado polo Director Xeral de Cinematografía, García Escudero, encamiñado a constituír a Federación Nacional de Cine-Clubs. Promoveu, en 1967, desde o cineclub de Pontevedra, e coa colaboración do Ateneo pontevedrés, a “Semana de estudios del nuevo cine español”, que contou co apoio oficial e coa presenza de representantes dos diversos estamentos da industria cinematográfica: profesionais, alumnos da EOC, críticos e, por suposto, cineclubs. Durante a súa xestión, o cineclub de Pontevedra foi o primeiro en Galicia, durante o período franquista, en crear unha biblioteca especializada e en introducir o programa de man que informaba e comentaba cada sesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Foi un pioneiro da historia agraria e da paleoclimatoloxía e cultivou tamén a demografía e a historia das mentalidades. Das súas obras destacan Histoire du climat depuis l’an mil (1967), L’Etat royal (1987) e Le siècle des Platter (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Iniciou os seus estudios de medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1870. Posteriormente, trasladouse á Universidade Central de Madrid, onde obtivo a licenciatura (1877). A partir do ano seguinte decidiu dedicarse por enteiro á medicina na súa vila natal, a mesma profesión que exercera o seu pai. En 1884 publicou os seus dous primeiros poemas no semanario O Tío Marcos da Portela. Membro activo do Partido Republicano Federal, en 1887 participou na Xuntanza Federalista de Lugo. A partir dese momento, e ata 1893, formou parte do consello executivo da Región Gallega. Desde ese ano dedicouse exclusivamente á medicina e publicou algunhas composicións en Galicia Humorística (1888). En 1903 fundou en Mondoñedo a xunta municipal de Acción Republicana e en 1905 o Grupo Esperantista local. Neste último ano entrou a formar parte como membro numerario da Real Academia Galega, á que doou ao cabo duns anos un conxunto de cantigas, refráns e léxico da comarca mindoniense,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Entallador e escultor. Colaborou no retablo da capela da Virxe de Prima da catedral compostelá (1721), no de San Martiño Pinario (1730-1733) e nos da capela do Cristo de Santa María de Conxo (1735-1737). Modificou o retablo (1737?) da confraría do Rosario en San Domingos de Bonaval e fixo o retablo maior de Santa María do Camiño (1758).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. De formación autodidacta, cultivou a pintura relixiosa, histórica, rural, social e arqueolóxica. Da súa obra destacan Recordo da construción (1978), A batalla do Ebro (1980), Evacuación de feridos (1980), Adán e Eva no Paraíso (1980) e Castro de Borneiro. Cidá celta (1986). Recibiu o primeiro premio do Concurso de Arte Naïf da Fundación Pedro Barrié de la Maza (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico industrial. Estudiou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en 1975. Director da Escola Técnica Superior de Enxeñería da USC, da titulación de Enxeñería ambiental, e responsable do grupo de Enxeñería e Biotecnoloxía ambiental do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC, foi experto na área de enxeñería ambiental da ONUDI (Organización das Nacións Unidas para o Desenvolvemento Industrial). O seu traballo céntrase no campo da biotecnoloxía ambiental, con investigacións no tratamento de augas residuais de industrias lácteas, madeireiras, conserveiras, de lixiviacións de vertedoiros de residuos urbanos de grande interese pola súa incidencia en Galicia. Tamén traballou no campo dos biorreactores.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo lituano. Naturalizado francés, o seu pensamento, na liña fenomenolóxica de Husserl e Heidegger e no marco da tradición xudaica, profundizou no home a partir doutro modo de ser ou máis alá da esencia. Escribiu De L’existence à l’existant (1947), Totalité et infini (1961), Difficile liberté. Essai sur le judaïsme (1963) e Autrement qu’être ou au-delà d l’essence (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurisconsulto. Catedrático especial de Dereito Hipotecario da Universitat de València. Escribiu El Derecho consuetudinario en Galicia (1903), Augusto Comas como legislador, catedrático y jurisconsulto (1903), El regionalismo (1918) e El problema social agrario en Galicia y la redención de foros (1922).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Licenciado en Filosofía e Letras e doutor en Dereito, foi alcalde da Coruña (1976-1979), procurador en Cortes, xuíz e xefe da Administración Pública.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Autor dramático e político, fillo de Aureliano Linares Rivas. Foi elixido deputado en tres lexislaturas entre os anos 1891 e 1901, e, posteriormente, senador pola provincia da Coruña nas lexislaturas de 1903 e 1907 e senador vitalicio desde 1914. Seguidor da estética teatral proposta por Jacinto Benavente, das súas obras destacan El abolengo (1904), María Victoria (1904), La cizaña (1905), La fuerza del mal (1914), Las zarzas del camino (1917), La mala lei (1923) ou La garra (1914). Foi membro da Real Academia de la Lengua Española (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. Loitou na Guerra de Independencia contra os franceses, participou na sublevación de Díaz Porlier (1815) e na conspiración liberal de 1817. Co grao de sarxento maior da Columna de Granadeiros Provinciais, foi deputado polo Reino de Galicia (1821-1823). Coa volta do absolutismo foi condenado a morte e fuxiu a Xibraltar e Reino Unido, onde participou na organización de diversos plans de invasión. Regresou en 1833 e foi subsecretario do ministerio da Guerra e deputado pola provincia de Pontevedra (1834-1836) e polo distrito de Vigo (1851-1852). Rematou a súa carreira militar como mariscal de campo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor. Colaborou en O Tío Marcos da Portela e O Galiciano, e foi autor de Horas perdidas (1889) e Brisas gallegas (1890), publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e avogado. Exerceu como redactor xefe de Radio Popular de Lugo-COPE, xefe de informativos especiais e subdirector dos servicios informativos de RNE, director de RNE en Galicia e director de TVE en Galicia. Foi, ademais, subdirector do programa Informe Semanal e director de Parlamento, en TVE. É autor das reportaxes Andalucía (1977) e Aragón (1977), do libro Historia dun futuro: conversas con Antolín Sánchez Presedo (1993) e da obra colectiva Historia e futuro da música e da canción galegas (1980). Recibiu o Premio Ondas de Radio (1974) e o Micrófono de Oro (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xeógrafo. Entre as súas obras destacan Estrutura y morfología agraria en la Terra Cha (1979), Estrutura agraria y economía rural en la Galicia interior: la Terra Chá y el centro de la meseta lucense (1990), e, en colaboración, La Ganadería bovina en Galicia a finales del siglo XX: distribución espacial y condicionantes geográficos (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política. Licenciada en Ciencias da Educación e diplomada en Psicoloxía, foi inspectora de Educación e inspectora xefe delegada provincial da Consellería de Educación en Lugo. Deputada autonómica desde 1990 (III lexislatura), revalidou a súa elección na IV, V e VI lexislaturas. Foi Conselleira de Familia, Muller e Xuventude (1993-2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Participou, en Madrid, nas exposicións da Unión de Dibujantes Españoles. Colaborou nos diarios El Sol e La Vanguardia. En Galicia, Castelao orientouno na técnica da xilografía. Emigrou a São Paulo (1952) onde se formou nun estilo surrealista, un tanto onírico con influencias indixenistas. Destaca Tauromaquia e Persoaxes fantásticos (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e profesor. Estudiou Filosofía e Teoloxía na Universidade Pontificia de Roma e realizou diversos estudios de canto, harmonía e estética musical. Foi fundador, director e presidente da Coral Polifónica de Betanzos e da Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro. Recibiu a Medalla de Prata de Betanzos e a Insignia de Ouro da Coral de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO