Lazcano, Juan Manuel
Teórico cinematográfico. Desenvolveu un importante labor no cineclub de Pontevedra. Participou nun proceso impulsado polo Director Xeral de Cinematografía, García Escudero, encamiñado a constituír a Federación Nacional de Cine-Clubs. Promoveu, en 1967, desde o cineclub de Pontevedra, e coa colaboración do Ateneo pontevedrés, a “Semana de estudios del nuevo cine español”, que contou co apoio oficial e coa presenza de representantes dos diversos estamentos da industria cinematográfica: profesionais, alumnos da EOC, críticos e, por suposto, cineclubs. Durante a súa xestión, o cineclub de Pontevedra foi o primeiro en Galicia, durante o período franquista, en crear unha biblioteca especializada e en introducir o programa de man que informaba e comentaba cada sesión.