"Martin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • GALICIA

    Maquilladora. Especialista en caracterización e maquillaxe, realizou traballos para compañías como Chévere, Sarabela Teatro, Centro Dramático Galego ou Ollomoltranvía. Recibiu diversos premios polo seu labor, entre os que se contan o Premio Compostela e varios María Casares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Titulada pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, comezou a súa andaina profesional no grupo de teatro Caritel, co que realizou espectáculos como Esto non é serio, señores ou Ollo ao piollo King-Kong. Continuou a súa carreira profesional participando nunha longa xeira de espectáculos do Centro Dramático Galego, entre os que destacan O enfermo imaxinario (1986), As alegres casadas (1989) Leoncio e Helena (1993), Lisístrata (1997) e Antígona (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e escritor. Licenciado en Teoloxía, Filosofía e Filoloxía, e titulado en alemán, árabe, inglés e italiano, ordenouse en 1970 e foi mestre da Pontificia Università de Roma (1972-1974), no Centro de Estudos Eclesiásticos de Santiago de Compostela e na Escola Diocesana de Teoloxía. Foi membro fundador da revista Encrucillada, de AGAL e da súa revista, Agália, e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses. Participou na tradución ao galego do Novo Testamento e publicou os libros de investigación Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (1979), Método prático de língua galego-portuguesa (1983) e Carvalho Calero e a súa obra (1993, Premio Carvalho Calero de Investigación Lingüístico-Literaria 1991); ademais é autor de Oxalá voltassem tempos idos! (1994, Premio Carballo Calero de Narrativa Curta 1992), en que introduce o personaxe de Felipe de Amancia, creado por Álvaro Cunqueiro para o seu Merlín. Recibiu o Premio Fernández Latorre (1977) polo seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Recibiu a influencia de Goya e colaborou con Demetrio Salgado na realización de carteis para os cines da Gran Vía madrileña. Destacou como debuxante e realizou composicións complexas partindo dunha tradición barroca. Empregou tons temperados e neutros, e a temática baseouse sobre todo en paisaxes e bodegóns. Da súa produción destaca Desnudo femenino e a súa obra está presente, entre outros, no Museo Español de Arte Contemporáneo. Como pintor recibiu a terceira medalla do Concurso Nacional de Bellas Artes   (1943), a segunda (1948) e a primeira (1957), e como debuxante conseguiu a segunda (1952) e a primeira (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor informalista. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid, onde coincidiu con Antonio López e Julio López Hernández. Recibiu influencias do expresionismo e do cubismo. En 1955 viaxou a París, onde entrou en contacto coa obra dos informalistas europeos, especialmente de J. Fautrier e J. Dubuffet. En 1962 realizou un mural para o Arantzazuko Santutegia, en Gipuzkoa. Traballou o soporte da pintura en madeira, baleirada e queimada, enchendo de pintura as fisuras e as fendas. A partir de 1960, a súa obra tendeu cara a unha harmonía de formas dinámicas e informalistas, como en Estrutura verde y negra (1961), La ventana (1963) e Crucifixión (1964). A partir de 1980 a súa pintura volveuse máis lírica. Foi autor de dous murais para o edificio da Unión Europea en Bruxelas e do mural La ciudad inacabada (1998), para o edificio da Asamblea de Madrid en Vallecas. Recibiu a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e escritor sueco. Exerceu a medicina en París e Roma. Publicou Fran Napoli (1885) e Bosquexos (1888), onde narra as súas experiencias durante a epidemia de cólera en Nápoles, e a autobiografía Boker om Sam Michele (A historia de San Michele, 1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo parroquial situado nas dependencias da igrexa parroquial de San Martiño de Mondoñedo (Foz), inaugurado en 1977. Os seus fondos están compostos por obxectos e roupas litúrxicas, imaxes e moedas anteriormente gardadas na igrexa e na casa reitoral. Destaca un báculo do s XI e un anel de ouro do s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Naturalizada estadounidense en 1981, dominou o mundo do tenis feminino durante a década de 1980, tanto en individuais como en dobres. Gañou máis de 160 torneos, entre eles o Open de Australia (1981, 1983 e 1985), Roland Garros (1982 e 1984), o Open USA (1983, 1984, 1986 e 1987) e Wimbledon (1978, 1979, de 1982 a 1987 e 1990). Abandonou a competición oficial en 1994, aínda que participou nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda. Ten planta de cruz latina cunha nave cuberta con bóveda de cuarto de esfera e dúas ábsidas laterais. A fachada conta cunha torre campanario de dous corpos, con forma de capitel que remata nunha cúpula semiesférica e con balconadas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico alemán. Pastor de Berlín-Dahlem (1931), foi un dos animadores da resistencia da Bekennende Kirche. Recluído nun campo de concentración (1937), foi liberado polos aliados (1945) e consagrou os seus esforzos ao desarmamento e á reunificación de Alemaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta neerlandés. Marcou a transición do movemento da década de 1980 cara ao expresionismo. O seu estilo de poesía e a súa teoría da autonomía exerceron unha grande influencia nos autores posteriores. Das súas obras destacan De wandelaar (O transeúnte, 1916), Pierrot aan de lantaarn (Pierrot á lanterna, 1919), Nieuwe Gedichten (Poesía nova, 1934) e Een idylle (Un idilio, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Produtor discográfico e cantante. Coñecido como Luis Queimada, foi director da orquestra Queimada e produciu a varios artistas galegos, ademais de buscar novos talentos na súa escola de formación musical. Foi o autor de “Pelegrín”, himno do Xacobeo 93.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Iniciou a súa formación nas Escuelas Nieto e na Escola de Artes e Oficios de Vigo, da que foi mestre (1946-1977). Colaborou no taller de Modesto Martínez Silva, quen o deixou ao cargo das tallas do artesoado de madeira para o castelo de Monte Real de Baiona (1922-1923). A súa vocación real era a escultura e a comezos da década de 1930 desprazouse a Madrid para concluír a súa formación. O primeiro material que coñeceu foi a madeira, coa que realizou as súas primeiras obras, en que xa se deixaba ver unha fórmula expresionista primitiva que emparentaba directamente con Asorey e Bonome, intentando reflectir os caracteres máis relevantes da cultura galega. Ata o inicio da Guerra Civil Española (1936), a súa temática variou da anécdota (Os fillos do mar, 1930-1931), á obras cun carácter social, das que destaca o Monumento aos Mártires de Sobredo (1932), en honor aos campesiños fusilados en 1922 como consecuencia do seu levantamento a prol da abolición dos foros. Desde...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Noia. Construída por Lope de Mendoza en 1434 e realizada en estilo románico de transición ao gótico, consta dunha soa nave, ábsida pentagonal con bóveda de abano, muros de cantaría granítica e cuberta a dúas augas. Destaca o retablo da Anunciación, renacentista, realizado por Romero Dacosta. Nas columnas que sosteñen as arquivoltas na fachada represéntanse os apóstolos, nun estilo románico tardío. Nas arquivoltas atópanse as figuras dos doce anciáns da Apocalipse cos seus respectivos instrumentos. O lugar central do tímpano ocúpao Xesús Cristo, amodo de pantocrátor. Enriba sitúase un rosetón decorado con catro anxos que tocan unhas trompetas. No lado esquerdo sitúase a torre-campanario rematada mediante unha pirámide escalonada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Secretario de diversos persoeiros, destacou pola súa doutrina poética. En Buch von der Deustchen Poeterey (Libro da poesía alemá, 1624) formulou con precisión leis métricas, introduciu o alexandrino na poesía alemá e fixou unha serie de enunciados teóricos, que foron completados con exemplos. Das súas obras destacan Aristarchus (1617), en defensa da pureza da linguaxe; Zlatna (1623), Silvarum libri III. Epigrammatum liber unus (1631) e Trostgedicht in Widerwärtigkeit des Krieges (Poema consolador na adversidade da guerra, 1633).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Cultivou o debuxo, o gravado, a xoiaría e o tapiz. Abarcou unha gran variedade de estilos, desde a figuración próxima á pop-art ata modalidades de figuración fantástica. Traballou a madeira, a pedra, a arxila, o mármore, o bronce e a cerámica, empregando a talla, modelando a tamaño real ou cocendo con diferentes técnicas. A maior parte das súas composicións son monumentais, aínda que tamén empregou o pequeno formato. Da súa produción destacan La Pasionaria e os álbums La petite reine e Comme disait ma grand-mére. A súa obra está presente en numerosas coleccións e museos, entre outros, o Museo do Pobo Galego e o Musée National d’Art Moderne en París. Recibiu o Premio Bourdelle en 1975 e o Gran I Premio de Tapices Gran Palais en 1981, ambos os dous en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Formou parella cómica en numerosas películas con Fernando Esteso, das que destacan Los Bingueros (1979), Qué gozada de divorcio! (1981) e Padre no hay más que dos (1982). Tamén traballou en filmes como Moros y cristianos (1987), Ay, Carmela! (1990, Goya ao mellor actor e premio ao mellor actor do Festival de Cine de Montrèal 1991), Bwana (1996) e El oro de Moscú (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou en Barcelona, Madrid e Leiden e foi catedrático de Terminoloxía en Madrid (desde 1926) e en Lisboa. Destacou polos seus traballos sobre física e sobre a teoría da relatividade especial de Einstein. Escribiu Análisis dimensional (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo. Instalouse en París en 1925 e relacionouse cos artistas bohemios da escola española, como Picasso, Bores ou Clavé, aínda que non chegou a desenvolver un estilo tan vangardista. Pintou El entierro (1945), Paisaje de la Ría de Pontevedra (1970) e Náutico de Bayona (1970). A súa obra está presente en numerosos museos e coleccións, como o Musée National d’Art Moderne de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Foi inspector de primeiro ensino das provincias de Lugo e A Coruña. Participou activamente no Congreso Regional de Pontevedra (1887). Defendeu a reforma do ensino e a supresión da xuntas locais. É autor de Programa de instrución primaria elemental ampliada (1867), El corazón de la infancia. Máximas morales para las escuelas (1880), El guía de los maestros (1885), Conferencias pedagógicas de 1888. Discursos de la inauguración y clausura (1888) e Valoración de la situación escolar en 1879.

    VER O DETALLE DO TERMO