"Nande" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 594.
-
PERSOEIRO
Actor. Constructor e director de teatro de monicreques, foi fundador das compañías Viravolta e Títeres Seisdedos de Lalín, nas que desenvolveu o seu traballo en espectáculos como As ventureiras fazañas de Don Florete de Rocamonte (1982), Contos para ratos mortos (1983), Un conto sin nome (1984), Jasón (1985), Kabaret (1986), Historias con demo (1988), As aventuras do doctor Sabañón (1989), Bosque Piramidón (1990), Historia negra (1991), As olivas (1992), Candil Marabilloso (1993), Guillermo Tell (1996), Barriga Verde (1997) e Hip-Hip Hurra! (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Estudiou Maxisterio e traballou como inspector de primeiro ensino. Foi deputado polo distritos de Xinzo (1865-1866 e 1872-1873), Bande (1871-1872) e Verín (1879-1881) e pola provincia de Ourense (1876-1877), e senador por esta provincia nas lexislaturas 1884-1888 e 1891-1893.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cineasta. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e Catedrático de Comunicación Audiovisual e Publicidade na mesma universidade. A súa relación co cine comezou no sector da exhibición, xa que os seus pais tiñan un cine na súa vila natal, e levou a cabo unha serie de proxectos creativos como Ribadavia unha historia de pedra (1980) ou Laxeiro en Madrid (1980). Como investigador, colaborou na prensa diaria e en revistas especializadas en temas audiovisuais. Dirixiu a edición española da Historia Universal del Cine e escribiu Historia del cine en Galicia (1896-1984) (1985), Historia ilustrada del cine español (1985), El cine español: una propuesta didáctica (1992), El cine español contemporáneo (1992), Dicionario filmográfico de Galicia (1993), Ávila y el cine. Historia, documentos y filmografía (1995). Ademais, é coautor da primeira Enciclopedia del Cine español editada...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou dereito e colaborou en varios xornais arxentinos. Escribiu as pezas teatrais La novia del hereje e Venganza de un alma.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Promotor de teatro afeccionado e técnico cultural. Vinculado ao colectivo Abrente, desde 1984 participou na recuperación da Mostra de Teatro de Ribadavia, ata convertela no Festival Internacional de Teatro, do que é director. Tamén dirixe outros eventos culturais, como a Feira do Teatro de Santiago de Compostela ou o Festival de Danza de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente anarcosindicalista. Coñecido como Diego Abad de Santillán, dirixiu o semanario Tierra y Libertad e fundou a revista Tiempos Nuevos. En 1938 incorporouse ao Comité Nacional del Frente Popular Antifascista e ao remate do conflito civil exiliouse en Francia e Arxentina, de onde regresou en 1976. Publicou Por qué perdimos la guerra (1940) e Contribución a la historia del movimiento obrero español (1962-1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquiveiro e escritor. Licenciado en Xeografía e Historia. Director do Arxiu Històric Municipal e responsable de patrimonio histórico do concello de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Instalado en Barcelona, en 1972 creou IDGA (Irmandade Democrática Galega), na que creou a revista O Mallo. Foi vicepresidente da Asociación de Amigos de la ONU e en 1972 presentou un informe sobre a situación das nacionalidades de España. Foi autor dos ensaios Castelao i Catalunya (1979), Nacionalidades colonizadas de Europa Occidental (1980), Castelao dende Catalunya (1988) e Os trobadores das terras de Chantada (2001). Publicou, entre outros libros de poesía, Do Faro ao Miño (1978), Memoria doutros corpos (1979), Aquarium: 1976-1981 (1982), Tempo precario (1972-1987) (1988), Paixón e rito (1993), Círculo de luz e xisto (1994), Rosto incompleto (1996), a obra teatral A proclama (1996)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e político. Dirixente agrarista, participou na constitución da Federación Agraria de Negreira e colaborou na redacción de La Zarpa, diario dos agraristas galegos. Publicou Páginas de mi vida (1925), Nubes y sombras (1927) e Hojas del corazón (1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Dirixe Boente Arquitectura y GestiónUrbanística S. L. Foi arquitecto municipal en diversos concellos e presidente da delegación en Lugo do Colegio Oficial de Arquitectos de León, Asturias y Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Profesor e escritor. Licenciouse en Filosofía e Letras. Codirector da revista Nós, é membro do consello de redacción da revista Agália. Escribiu Sobre o acordo ortográfico desde a Galiza (1987) e Luzes e espirito (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e realizador. Realizou estudios de Ciencias Políticas e Ciencias da Información. Director de Estudio 13, foi produtor executivo da película El Pórtico de la Gloria, realizador de De Jaca a Compostela, Las calles de Dublín e Phoenix Park, e produtor de Música en Compostela. Escribiu Londres e Vigo, calles y rincones e Bodegas de Galicia (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Colaborou en Gruporzán e pertenceu o grupo Nouvelle-Figuration, co que defendeu o neosimbolismo como linguaxe artística. A súa obra evolucionou desde uns inicios figurativo-coloristas ata un expresionismo simbólico de densos empastes matéricos. Desde mediados da década de 1990, a súa obra caracterizouse pola representación de símbolos que reflicten unha confrontación dualista da sociedade; entre outras series, destacan Duidades (1995-1996), Tempo detido (1997), Omphalos (1998), Labiritos (1999) e En la red (2000). Desde 2000 incorporou novos materiais e elementos plásticos, como a fotografía e a impresión dixital, en Cachitos de cielo (2000-2002) e Ensaios (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, organista e director de orquestra e coral. Estudiou no Conservatorio de Madrid e, entre outras agrupacións, dirixiu as corais polifónicas El Eco e Follas Novas. Da súa produción destacan as cancións “Alborada Galega”, “Maio longo” e “Tan soio”. Así mesmo, compuxo motetes, pezas para órgano e misas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Comezou a súa carreira teatral en 1980 no grupo A Farandula. Posteriormente, traballou como actor en As alegres casadas (1989) e Un soño de verán (1992) co Centro Dramático Galego; O Melro Branco (1991) con Tranvía; ou Commedia, un xoguete para Goldoni (1993), Raíñas de pedra (1994), O Rei Nu (1995), Escola de Bufóns (1997), Qui Pro Quo (1998) e Policía (2000), con Ollomoltranvía, compañía da que é fundador. Tamén participou en diversas longamentraxes e series de televisión. En 1989 obtivo o Premio Compostela como mellor actor secundario polo seu traballo en Un soño de verán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Evaristo de Sela, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e foi catedrático de Grego. Publicou Amar (1945) e La reconquista de Vigo en 1809 (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritora. Licenciada en Filoloxía Galega. Colaboradora de Dorna, Grial, Revista das Letras, Raigame e Anuario de estudios literarios galegos, da súa produción destacan Capital da dor (1997) e Luís Seoane, vida e obra (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filóloga. Catedrática de Filoloxía Italiana desde 1988, dirixiu o Dicionario italiano-galego (2000) e publicou, entre outras obras, Sufixos nominais no galego actual (1978), Profilo di Sibilla Aleramo. La donna e l’intellettuale nelle opere e nel giudizio dei contemporanei (1982), Antología de la Literatura Italiana (1986), El Apóstrofe en la Escuela Poética Siciliana. Parangón con la lírica gallego-portuguesa (1989), Viaggio da Napoli à S. Giacomo di Galizia fatto dal Sigr. Nicola Albani (1993), edición e versión en castelán dun manuscrito italiano do s XVIII, Vita Nuova. Nueva lectura (2000), Gramática italiana II (2002) e Escolma do italiano contemporáneo (2002). Ademais, traduciu do italiano ao galego (O Príncipe, de N. Machiavelli, 2002) e ao castelán (El Novelino, 1999); e do galego ao italiano (Cousas e Retrincos, de Castelao).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e gravador. Tanto a súa obra gráfica como pictórica caracterizouse polo hiperrealismo fotográfico baseado na perfección técnica acadada polo dominio do debuxo e a captación da luz tratados cunha perspectiva moi persoal. Reflite temas tradicionais analizados desde un punto de vista contemporáneo. Das súas obras destacan as series In Memoriam, iniciada en 1990, CDIR (Caída del Imperio Romano, 1991-1996), DEAYM (De amor y muerte, 1993-1995), 2º Alfabeto (1995-1999), AT (1997-2001) e Babel (2000-2002), e realizou tamén fotografía dixital. Comezou a expoñer en 1967 e desde entón realizou numerosas mostras e participou en exposicións realistas. A súa obra está, entre outras coleccións, na Deputación e Concello da Coruña, no Museo da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, na Calcografía Nacional, na BBC Scotland Art Collection e no Edinburgh City Art Center.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Licenciado en Belas Artes, foi profesor de debuxo no instituto Salvador de Madariaga e na Escola de Artes e Oficios da Coruña. Cursou estudios de arquitectura. Realizou as reconstrucións artísticas de San Cosme de Maianca e San Xulián de Serantes. Ilustrou Escudos reales, municipales y nobiliarios de La Coruña (1967), de Carlos Martínez-Barbeito, e La Coruña en seis rutas (1975), de Teodoro Santodomingo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Participou nos diversos movementos artísticos da década de 1970 e en 1980 integrouse en Atlántica participando nas súas exposicións. Desde os seus comezos artísticos, nos que realizou paisaxes, mostrou unha inclinación cara á abstracción. Cara 1983 comezou unha etapa artística na que realizou series de pinturas ao redor dun motivo concreto, como Río (1984), Toledo (1986), Figuras (1989) e Sombras (1991), caracterizadas polo expresionismo. O cumio desta etapa sitúase na súa participación na sección Áreas de Silencio da Bienal de Arte de Pontevedra de 1994. A partir de entón, experimentou con novas técnicas e recursos pitóricos. A súa paleta caracterízase pola sobriedade, en ocasións cunhas tonalidades fortes e con contrastes violentos. No eido dos encargos públicos, realizou, entre outras obras, as columnas do Berbés, a cúpula do Centro Comercial Plaza Elíptica e os xardíns de acceso á Estación Marítima de Vigo. Participou, entre outras mostras,...
VER O DETALLE DO TERMO