Goyanes Fernández, Antón
Pintor. Participou nos diversos movementos artísticos da década de 1970 e en 1980 integrouse en Atlántica participando nas súas exposicións. Desde os seus comezos artísticos, nos que realizou paisaxes, mostrou unha inclinación cara á abstracción. Cara 1983 comezou unha etapa artística na que realizou series de pinturas ao redor dun motivo concreto, como Río (1984), Toledo (1986), Figuras (1989) e Sombras (1991), caracterizadas polo expresionismo. O cumio desta etapa sitúase na súa participación na sección Áreas de Silencio da Bienal de Arte de Pontevedra de 1994. A partir de entón, experimentou con novas técnicas e recursos pitóricos. A súa paleta caracterízase pola sobriedade, en ocasións cunhas tonalidades fortes e con contrastes violentos. No eido dos encargos públicos, realizou, entre outras obras, as columnas do Berbés, a cúpula do Centro Comercial Plaza Elíptica e os xardíns de acceso á Estación Marítima de Vigo. Participou, entre outras mostras, en Galicia Terra Única (1997), cun díptico de gran tamaño, e na exposición conmemorativa do 75 aniversario do Real Club Celta de Vigo cos cadros Xogada de xadrez e Serpente multicolor.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Monforte de Lemos