"Oti" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 532.
-
DIARIOS
Diario en castelán editado en Barcelona desde o 15 de abril de 1885 ata outubro de 1985. Fundado e dirixido por Francesc Peris i Mencheta, foi o primeiro diario vespertino que saíu en Barcelona. Xornal con traxectoria independente, conseguiu e conservou unha notable audiencia. Prestou atención ás novas de última hora, e o seu cadro de colaboradores literarios foi moi amplo. De pensamento liberal e aberto ao contraste de opinións, intentou reflectir a realidade catalá.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir do 2 de xaneiro de 1841. Baixo o subtítulo “Periódico político y mercantil”, tivo como impresor e editor a Francisco Arza. De periodicidade diaria, excepto os domingos, incluíu información local, nacional e estranxeira, e rivalizou na política local con outros xornais da cidade, sobre todo co Boletín de noticias. Probablemente tivo unha segunda época en 1878.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Pontevedra a partir do 1 de xaneiro de 1892. Baixo o subtítulo “Periódico independiente útil a los ayuntamientos y maestros de primera enseñanza”, foi dirixido polo seu propietario, Xosé López Pérez, e substituíu a El Noticiero Administrativo, seguindo a súa numeración cunha periodicidade bimensual. Incluíu disposicións lexislativas. En 1895 foi substituído polo Noticiero de Instrución Pública, ao que supliu de novo a partir de xullo de 1895 baixo o subtítulo “Semanario destinado a fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio”. Impreso nos obradoiros tipográficos de Rogelio Quintáns, pasou a ser semanal. En agosto dese ano comezou a publicar o suplemento Revista Pedagógica y Literaria, dirixida por Xosé López Otero. En febreiro de 1896 cambiou a súa cabeceira por El Noticiero Gallego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ourense a partir do 20 de outubro de 1893. Cesou en 1895. O seu director foi Xoán Rodríguez Quesada e contou coa colaboración de Francisco Álvarez Novoa. A creación deste xornal debeuse a Senén Canido, quen o empregou como voceiro e defensor da súa política.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Vigo a partir de 1903. Cesou en 1915. Baixo o subtítulo “Diario Independiente” e “Diario Mercantil Independiente”, a partir de 1913, estivo dirixido por Xaime Solá, responsable da compra en 1903 da cabeceira de El Independiente para crear este xornal. Os seus predecesores foron os xornais Diario de Vigo (1884), o propio El Independiente (1885) e El Noticiero de Vigo (1889), fundado tamén por Xaime Solá. Caracterizouse por incluír novidades técnicas que causaron sensación no xornalismo vigués.
-
-
-
Acción e efecto de notificar.
-
Acto mediante o que se comunica, dunha maneira auténtica, a unha persoa determinada ou aos seus representantes legais, a resolución xudicial ou administrativa dunha autoridade. A partir dese momento comeza o prazo para cumprir aquilo que se decidiu, exercitar accións ou interpor recursos.
-
Acto unilateral, en dereito internacional, polo que se dá a coñecer un documento ou unha situación.
-
-
Escrito con que se notifica algunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que notifica.
-
-
Facer saber algunha cousa a alguén, darlle coñecemento ou noticia.
-
Comunicar formalmente ao seu destinatario unha resolución administrativa ou xudicial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos ésteres de ácido fosfórico cun nucleósido, en que o ácido fosfórico é esterificado cun dos grupos de hidroxilo libres de pentosa. Atópase na célula, en estado libre e en proporcións notables. Obtéñense por hidrólise parcial dos ácidos nucleicos e ao ser compostos de bases nitroxenadas absorben a luz ultravioleta arredor dos 2.600 Å.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia formada por unhas poucas unidades de nucleótido. Fórmase pola acción da ribonuclease sobre os ácidos nucleicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á oncose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano ovoide presente no aparato sexual feminino dos platihelmintos cestodos e trematodos. Nel desembocan os ovidutos e os condutos vitelinos, e tamén se forma a cuberta do ovo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cartel con letras ou signos impresos de diversas medidas que os oculistas utilizan para examinar a agudeza visual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalino soluble na auga, que se descompón a 347°C. É un factor do crecemento para algúns microorganismos (no leite da vaca). Acumúlase no sangue e aparece na urina de individuos afectados de aciduría orótica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de normas e convencións que rexen a escritura dunha lingua mediante os signos tipográficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa versada en ortotipografía.
-
-
Relativo ou pertencente á osmose.
-
Cambio repentino na presión osmótica que afecta a un sistema ou organismo vivo. Ten lugar ao cambiar un organismo a un medio de diferente concentración (organismos de augas doces a augas salgadas ou viceversa) ou ben ao engadir disolvente ou soluto no medio (cultivos celulares onde se pode facer estalar as membranas celulares ou encoller as células).
-
Coeficiente, introducido por Bjerrum, que inclúe todos os factores que expresan a desviación do comportamento dunha solución respecto do comportamento ideal.
-
Diferenza de presión entre os dous lados dunha membrana semipermeable que separa dúas disolucións de concentracións diferentes cando o sistema está en equilibrio. A expresión formal da presión osmótica denomínase fórmula de Van’t Hoff.
-
-
-
PERSOEIRO
Debuxante, deseñador gráfico e delineante. Coñecido como Paco Oti, estudou na Escola d’Estiu d’Acció Sòcio-cultural Interacció-84, en Barcelona. De volta en Galicia fixo numerosas mostras individuais e colectivas en Ferrol, Alemaña, Colombia e Italia. Colaborador de Teima, Can sen dono, As Roladas, El Ecologista e El Patito Feo, participou na dotación de fondos do Museo do Humor de Fene (1985) e traballou como escenógrafo para o Centro Dramático Galego. Recibiu o I Premio de banda deseñada Culturagalega.org-BDBanda (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Oti Ríos.