"pin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 715.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado na Pobra do Brollón. Formado por ermitáns, o conde Fernando de Traba incorporouno a Montederramo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplica situado en Sarria, baixo a advocación da Virxe, san Xoán Bautista, san Miguel, san Mamede, santa Cristina e santa Uxía. O documento máis antigo que se conserva é unha doazón de 951. Desde 1011, baixo o mando da abadesa Fernanda, pasou a denominarse de San Paio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bosque ou arboredo de piñeiros. Adoita darse onde as árbores de folla ancha non son capaces de formar masas densas ou constitúen bosques secundarios, que substitúen os bosques primarios cando estes foron destruídos ou maltratados. Os piñeirais ocupan unha grande extensión, favorecidos polo home, xa que se pode aproveitar a súa madeira; isto, indirectamente, favorece a degradación das comunidades vexetais xenuínas.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Fornelos (O Bolo). O seu cumio acada os 904 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría que parte das ideas de Ramón Piñeiro, especialmente a estratexia en que se prescindía da opción política cara á intervención cultural, na procura dunha vía legal que levase á afirmación de Galicia como pobo, e que tiña como fin acadar a galeguización xeral da sociedade. Froito deste posicionamento xurdiu a editorial Galaxia (1950).
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
piñeiro bravo/do país
Árbore que pode acadar os 30 m de altura, que presenta a copa de forma piramidal nun principio, lobulada despois; ramificación pouco densa; cortiza áspera e grosa de cor marrón; follas aciculares dispostas en parellas, ríxidas, de cor verde escura e un pouco punzantes; flores masculinas cilíndricas, agudas de cor amarela e agrupadas en espigas, e as femininas solitarias ou verticiladas, colgantes; e piñas ovado-cónicas de cor parda cun escudo prominente nas escamas, e piñóns de pequeno tamaño con ás membranosas articuladas. Florece en primavera, entre marzo e maio, madura a finais do segundo verán ou outono e a diseminación non ten lugar ata a primavera ou o verán do terceiro ano. Ocupa unha área bastante extensa nos países do Mediterráneo Occidental e na parte atlántica de Francia e Portugal. En Galicia é unha árbore que está naturalizada e que ocupa grandes extensións de terreo, debido en gran parte ás extensas repoboacións feitas hai anos e pola súa capacidade de enraizar sobre solos...
-
piñeiro rubio/roxo [port: pinheiro silvestre; cast: pino rojo, pino silvestre; ingl: Scots pine]
Árbore de ata 40 m de altura, que presenta a copa cónica nos exemplares novos e irregular nos de máis idade; a cortiza con láminas avermelladas que se desprende con facilidade en placas; con acículas curtas e agrupadas en parellas de cor verde azulada; flores masculinas en espigas e piñas ovado-cónicas con escamas cun escudo romboidal de cor parda. Florece en primavera, entre maio e xuño, e as piñas maduran no outono do ano seguinte. Orixinaria de Europa e de gran parte de Asia, en Galicia empregouse para repoboacións forestais en zonas de altitudes superiores a 1.000 m. A súa madeira é de gran calidade e ten múltiples aplicacións, fundamentalmente en ebanistaría e carpintaría.
-
Nome que reciben diversas especies de árbores da familia das pináceas, casuarináceas e araucáceas, que presentan as follas aciculares, reunidas en grupos, con conos estrobiliformes que, ao madurar os femininos, se lignifican e constitúen conos ou estróbilos pseudocárpicos.
-
piñeiro canario [port: pinheiro-das-Canárias; cast: pino canario; ingl: Canary island pine]
Árbore de ata 40 m de altura, que presenta a copa densa e a cortiza de cor parda, as acículas flexibles, de cor verde clara, dispostas en grupos de tres, moi longas e caídas, e as piñas ovado-cónicas de cor marrón. Orixinaria de Canarias, cultívase como árbore ornamental en zonas de clima suave, aínda que tamén se emprega en repoboacións forestais.
-
piñeiro cembro [cast: pino de piedra suízo; ingl: Swiss stone pine]
Árbore que pode alcanzar os 25 m de altura. Vive en solos húmidos en altitudes comprendidas entre os 1.400 e os 2.500 m. Orixinaria dos Alpes, dos Cárpatos e do N de Asia, é moi apreciada pola súa madeira sen vetas.
-
piñeiro de Australia [port: pinheiro australiano; cast: pino australiano; ingl: Australian pine]
Árbore dioica ou monoica, de ata 35 m de altura, provista de copa piramidal e cortiza áspera, con poliñas moi delgadas, semellantes a longas acículas; follas verdadeiras escuamiformes dispostas en verticilo, de moi pequeno tamaño, polo que é preciso unha lupa para poder observalas; flores unisexuais, as masculinas en espigas e as femininas en amentos. Orixinaria de Australia, Malaisia e Polinesia, en Galicia emprégase como árbore ornamental, mesmo en xardíns.
-
piñeiro de Chile [cast: pino de Chile; ingl: Chilean pine]
Árbore, xeralmente dioica, de ata 50 m de altura, que presenta copa piramidal e cortiza grosa e rugosa, acículas grosas e agudas, flores masculinas agrupadas en inflorescencias alongadas e laterais, piñas subglobosas de cor verde dourada e piñóns comestibles. Orixinaria do S dos Andes (Arxentina e Chile), en Galicia emprégase como planta ornamental. A súa madeira é de moi boa calidade, polo que se utiliza en carpintaría e na elaboración de pasta de papel. É moi lonxeva, pois pode vivir ata 1.000 anos, e é a única do seu xénero que soporta o frío.
-
piñeiro de pisos [port: araucária de Norfolk; cast: pino de pisos, pino de Norfolk; ingl: Norfolk Island pine]
Árbore dioica, de ata 50 m de altura, que presenta cortiza escamosa, follas xuvenís agudas, brandas, curvadas e de cor verde brillante, as adultas imbricadas, ovado-triangulares, curvadas e máis curtas ca as xuvenís, conos femininos subglobosos, escamas bicudas rematadas en punta curva e sementes con ás. Florece en primavera e as piñas maduran no outono. Orixinaria da illa de Norfolk, no L de Australia, en Galicia cultívase con frecuencia nas zonas do litoral.
-
piñeiro de repoboación/de Monterrey [port: pinheiro radiata; cast: pino de Monterrey; ingl: Monterey pine]
Árbore de ata 40 m de altura que presenta as acículas dispostas en grupos de tres, de cor verde escura, e cos conos disimétricos con sementes aladas. Florece entre febreiro e abril e vive en zonas de clima suave e húmido, por debaixo dos 800 m de altitude. Orixinaria da rexión de Monterrey (California), en Galicia emprégase frecuentemente en repoboacións forestais, e constitúe un elemento característico da paisaxe do N de España. A súa madeira utilízase na elaboración de pasta de papel.
-
...
-
piñeiro bravo/do país
-
PRAIAS
Praia da ribeira dereita da ría de Arousa situada na parroquia de Castro (Boiro).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente pola dereita do río Anllóns que nace e desemboca no concello da Laracha.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
-
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de san Sebastián.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO