1 piñeiro
(< lat pinu)
-
[PLANTA]
-
piñeiro bravo/do país
Árbore que pode acadar os 30 m de altura, que presenta a copa de forma piramidal nun principio, lobulada despois; ramificación pouco densa; cortiza áspera e grosa de cor marrón; follas aciculares dispostas en parellas, ríxidas, de cor verde escura e un pouco punzantes; flores masculinas cilíndricas, agudas de cor amarela e agrupadas en espigas, e as femininas solitarias ou verticiladas, colgantes; e piñas ovado-cónicas de cor parda cun escudo prominente nas escamas, e piñóns de pequeno tamaño con ás membranosas articuladas. Florece en primavera, entre marzo e maio, madura a finais do segundo verán ou outono e a diseminación non ten lugar ata a primavera ou o verán do terceiro ano. Ocupa unha área bastante extensa nos países do Mediterráneo Occidental e na parte atlántica de Francia e Portugal. En Galicia é unha árbore que está naturalizada e que ocupa grandes extensións de terreo, debido en gran parte ás extensas repoboacións feitas hai anos e pola súa capacidade de enraizar sobre solos silícicos pouco evolucionados e fortes pendentes (ata os 1.500 m de altitude). Emprégase moito coma árbore ornamental e tamén en repoboacións forestais. A súa madeira ten escasa calidade e emprégase fundamentalmente en construción ou como materia prima para a elaboración de pasta de papel; a súa resina utilizouse na obtención de aceite de trementina.
-
piñeiro rubio/roxo [port: pinheiro silvestre; cast: pino rojo, pino silvestre; ingl: Scots pine]
Árbore de ata 40 m de altura, que presenta a copa cónica nos exemplares novos e irregular nos de máis idade; a cortiza con láminas avermelladas que se desprende con facilidade en placas; con acículas curtas e agrupadas en parellas de cor verde azulada; flores masculinas en espigas e piñas ovado-cónicas con escamas cun escudo romboidal de cor parda. Florece en primavera, entre maio e xuño, e as piñas maduran no outono do ano seguinte. Orixinaria de Europa e de gran parte de Asia, en Galicia empregouse para repoboacións forestais en zonas de altitudes superiores a 1.000 m. A súa madeira é de gran calidade e ten múltiples aplicacións, fundamentalmente en ebanistaría e carpintaría.
-
s
m
Nome que reciben diversas especies de árbores da familia das pináceas, casuarináceas e araucáceas, que presentan as follas aciculares, reunidas en grupos, con conos estrobiliformes que, ao madurar os femininos, se lignifican e constitúen conos ou estróbilos pseudocárpicos.
-
piñeiro canario [port: pinheiro-das-Canárias; cast: pino canario; ingl: Canary island pine]
Árbore de ata 40 m de altura, que presenta a copa densa e a cortiza de cor parda, as acículas flexibles, de cor verde clara, dispostas en grupos de tres, moi longas e caídas, e as piñas ovado-cónicas de cor marrón. Orixinaria de Canarias, cultívase como árbore ornamental en zonas de clima suave, aínda que tamén se emprega en repoboacións forestais.
-
piñeiro cembro [cast: pino de piedra suízo; ingl: Swiss stone pine]
Árbore que pode alcanzar os 25 m de altura. Vive en solos húmidos en altitudes comprendidas entre os 1.400 e os 2.500 m. Orixinaria dos Alpes, dos Cárpatos e do N de Asia, é moi apreciada pola súa madeira sen vetas.
-
piñeiro de Australia [port: pinheiro australiano; cast: pino australiano; ingl: Australian pine]
Árbore dioica ou monoica, de ata 35 m de altura, provista de copa piramidal e cortiza áspera, con poliñas moi delgadas, semellantes a longas acículas; follas verdadeiras escuamiformes dispostas en verticilo, de moi pequeno tamaño, polo que é preciso unha lupa para poder observalas; flores unisexuais, as masculinas en espigas e as femininas en amentos. Orixinaria de Australia, Malaisia e Polinesia, en Galicia emprégase como árbore ornamental, mesmo en xardíns.
-
piñeiro de Chile [cast: pino de Chile; ingl: Chilean pine]
Árbore, xeralmente dioica, de ata 50 m de altura, que presenta copa piramidal e cortiza grosa e rugosa, acículas grosas e agudas, flores masculinas agrupadas en inflorescencias alongadas e laterais, piñas subglobosas de cor verde dourada e piñóns comestibles. Orixinaria do S dos Andes (Arxentina e Chile), en Galicia emprégase como planta ornamental. A súa madeira é de moi boa calidade, polo que se utiliza en carpintaría e na elaboración de pasta de papel. É moi lonxeva, pois pode vivir ata 1.000 anos, e é a única do seu xénero que soporta o frío.
-
piñeiro de pisos [port: araucária de Norfolk; cast: pino de pisos, pino de Norfolk; ingl: Norfolk Island pine]
Árbore dioica, de ata 50 m de altura, que presenta cortiza escamosa, follas xuvenís agudas, brandas, curvadas e de cor verde brillante, as adultas imbricadas, ovado-triangulares, curvadas e máis curtas ca as xuvenís, conos femininos subglobosos, escamas bicudas rematadas en punta curva e sementes con ás. Florece en primavera e as piñas maduran no outono. Orixinaria da illa de Norfolk, no L de Australia, en Galicia cultívase con frecuencia nas zonas do litoral.
-
piñeiro de repoboación/de Monterrey [port: pinheiro radiata; cast: pino de Monterrey; ingl: Monterey pine]
Árbore de ata 40 m de altura que presenta as acículas dispostas en grupos de tres, de cor verde escura, e cos conos disimétricos con sementes aladas. Florece entre febreiro e abril e vive en zonas de clima suave e húmido, por debaixo dos 800 m de altitude. Orixinaria da rexión de Monterrey (California), en Galicia emprégase frecuentemente en repoboacións forestais, e constitúe un elemento característico da paisaxe do N de España. A súa madeira utilízase na elaboración de pasta de papel.
-
piñeiro negro [port: pinheiro-negral, pinheiro-da-Austria; cast: pino negro; ingl: Austrian pine, European black pine]
Árbore monoica, de ata 45 m de altura, que presenta a copa densa e a cortiza de cor gris, con acículas agrupadas en parellas de cor verde clara e piñas ovado-cónicas e simétricas. En Galicia é moi pouco frecuente.
-
piñeiro manso/real [port: pinheiro-manso; cast: pino piñonero; ingl: Italian stone pine]
Árbore de ata 25 m de altura, que presenta a copa en forma de parasol ou redonda, coa cortiza grosa, agretada, de cor parda-grisácea, que se desprende en placas nos exemplares adultos, coas acículas dispostas en grupos de dúas, ríxidas, aguzadas e de cor verde, con conos masculinos de cor amarela agrupados na parte terminal, piñas ovado-esféricas, solitarias ou agrupadas en dúas ou tres, e os piñóns grandes e con ás curtas. Florece entre marzo e maio e as piñas maduran ao terceiro ano, co que se diferencian dos outros piñeiros; a diseminación ten lugar ao cuarto ano. Vive desde o nivel do mar ata os 1.000 m de altitude. Orixinaria da rexión mediterránea, fundamentalmente no S de Europa e no O de Asia, en Galicia hai exemplares illados ou en grupos moi pequenos nas zonas do litoral. O seu principal aproveitamento é a produción de piñóns comestibles, empregados en alimentación, aínda que tamén se utiliza como árbore ornamental
-
piñeiro bravo/do país
-
s
m
[PROTISTA]
Alga, da clase das feófitas, que presenta consistencia coriácea, vesículas aeríferas tabicadas e receptáculos dispostos nos extremos dos eixes. Ten un disco basal para a fixación sobre as rochas e vive en zonas do nivel mesolitoral e infralitoral.