"Rel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 842.
-
PERSOEIRO
Escritor checo. Nos primeiros tempos recibiu as influencias das literaturas inglesa e polaca. Superou rapidamente o sentimentalismo romántico e a poesía histórico-patriótica e elexíaca, e cultivou poesía romántica metafísica e cósmica. Máj (Maio, 1836), obra lírico-épica, moi persoal no tratamento e no estilo, está considerada como a súa obra mestra. A súa novela máis destacada é Cikáni (Os xitanos, 1835). Postumamente, editáronse as súas cartas e diarios en Dílo Karla Hynka Máchy (1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Metafosfato de sodio que se presenta en forma de longas cadeas de alto peso molecular. Obtense por quentamento do metafosfato de sodio a 300°C.
-
PERSOEIRO
Decorador e deseñador de mobles francés. Formou parte da École de Nancy, e abriu o taller Maison Majorelle, para a fabricación de mobles Art Nouveau. De-señou a escaleira monumental das Galeries Lafayette de París.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e humanista. Destacou a súa obra como historiador da arte. Escribiu Het Schilder Boeck (O libro da pintura, 1604) e biografías de pintores italianos, flamengos e alemáns dos ss XV e XVI, en que se recoñeceu por primeira vez a orixinalidade da pintura nórdica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico estadounidense. Foi un dos fundadores do Eight Street Club (1949). O máis representativo da súa obra son as colaxes, feitas con toda clase de materiais e baseadas na ensambladura de formas de perfís redondeados inspiradas no corpo humano. A súa actividade desenvolveuse entre Europa e América.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador (161-180) e filósofo. Membro dunha familia orixinaria de Hispania, foi cuestor (138-139) e cónsul (140). Casou con Faustina, filla de Antonino Pío ao que sucedeu, xunto con Lucio Aurelio Vero, trala súa morte (161). Interesado polos traballos intelectuais e filosóficos, durante o seu goberno reforzou a centralización administrativa e o poder imperial, reformou as leis penais e reduciu os impostos. Defendeu as fronteiras do Imperio Romano fronte a diversos ataques de marcomanos, vándalos e sármatas e conquistou Mesopotamia (165). En 177 asociou o trono ao seu fillo Lucio Aurelio Cómodo. Seguidor da doutrina estoica, adquiriu o hábito de interrogarse respecto aos seus actos, orixe dos libros Tἀεις εαυτὁν (Meditacións) onde, baixo a máxima de vivir segundo a natureza, examina as cuestións referentes ao natural e ao sobrenatural, á vida, á morte, á virtude e ao vicio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘pataca’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
⇒ amarelecer.
-
-
amarelo.
-
Aplícase ao gando vacún que ten a pelaxe desta cor.
-
-
GALICIA
Regatista. En 1989 incorporouse ao equipo de vela do Real Club Náutico de Vigo, onde en 1996 pasou á clase Vaurien. Obtivo o título de campión ibérico de Vaurien (2001, 2002 e 2003) e subcampión do mundo de Vaurien (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Atleta. Especializado en lanzamentos, foi dez veces campión de España de lanzamento de disco (1987-1992, 1994-1996 e 2000) e unha de lanzamento de peso en pista cuberta (1991). Gañou a Copa de Europa en 1996 e participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) en lanzamento de martelo e en Atlanta (1996) e Sydney (2000) na proba de lanzamento de disco.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (23.023 h [2001]). É un centro estratéxico da comarca do Baix Llobregat, pola súa situación á dereita do Llobregat, é un nó de comunicacións que favorece o desenvolvemento da actividade industrial, como a mecánica, manufactureira e téxtil. Na agricultura destaca o cultivo de viña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Foi o fundador e director da revista Angiología (1949), especializada en cirurxía vascular. Entre as súas obras destacan Tromboflebitis de los miembros inferiores (1943), Úlcera hipertensiva (1953) e o tratado Angiología. Enfermedades vasculares (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Destacou polo seu humanismo e naturalismo, a simplicidade dos fondos paisaxísticos e as perspectivas. Influído por Borrassà, creou unha nova etapa esteticamente máis europea, introducindo máis variedade de cor e servíndose de luces rasantes, reflexos e sombras. Como mestre do debuxo, soubo dar aos seus personaxes expresións moi humanas. Da súa obra destacan o retablo de Sant Jordi i la princesa (1425?-1437) e a iluminación do Llibre d’Hores para o convento de Santa Clara de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lesión que aparece na cara anteroexterior da perna, no terzo inferior, en forma bilateral, especialmente nas mulleres afectadas de hipertensión arterial maligna. Foi descrita por Ferran Martorell i Otzet.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situada á esquerda do río Besòs, nos contrafortes do terzo N da serra litoral (4.906 h [2001]). A economía, tradicionalmente agrícola, pasou a ser básicamente industrial. Destaca a rama metalúrxica, a electrónica e a química.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relación empírica descuberta por A. S. Eddington, que establece que, polo xeral, a luminosidade absoluta dunha estrela aumenta regularmente ao aumentar a súa masa.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, situado na Comunitat Valenciana (13.131 h [2001]). A agricultura dedícase ao cultivo de hortalizas en réxime intensivo, e nos regadíos o arroz tende a desaparecer en favor das laranxeiras. A industria limítase á almacenaxe de froita, produtos metálicos e confección, ademais da embalaxe e os plásticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista checo. Coñecido como Karel Čapek-Chod, destacou pola mordacidade dos seus artigos en xornais, e as súas obras son unha crónica das condicións sociais e políticas do seu tempo, converténdose no máximo representante do naturalismo checo. Publicou as obras Kašpar Lén mstitel (A vinganza de Kašpar Lén, 1908), Turbina (A turbina, 1916) e Antonin Vondrejc (1917-1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano, fillo de Marco Aurelio Valerio Maximiano. Foi excluído da sucesión despois de que o seu pai abdicase (305), pero os pretorianos proclamárono augusto. Trala reordenación do imperio (308) fuxiu á Galia. Posteriormente volveu a Roma pero non acadou a popularidade, malia que construíu enormes e custosos edificios. Enfrontouse con Constantino I na Batalla da Ponte Milvio e foi derrotado.
VER O DETALLE DO TERMO