Martorell
Martorell
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (23.023 h [2001]). É un centro estratéxico da comarca do Baix Llobregat, pola súa situación á dereita do Llobregat, é un nó de comunicacións que favorece o desenvolvemento da actividade industrial, como a mecánica, manufactureira e téxtil. Na agricultura destaca o cultivo de viña.