"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto deportivo, para embarcacións de recreo, situado na praia do mesmo nome, na parroquia de Seixo, concello de Marín, na beira meridional da ría de Pontevedra. Pertence á xurisdición da capitanía marítima de Marín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(? - 1674 ?) Pintor de orixe galega vencellado ao obradoiro cortesán de Velázquez.
-
MONTES
Monte da parroquia e concello de Castro Caldelas, de 832 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político castelán, marqués da Vega de Armijo e vizconde de Bobadilla. Foi Secretario das Cortes constituíntes xurdidas da Revolución de 1854. Deputado por Córdoba (1855), afiliouse á Unión Liberal de O’Donnell. Foi Gobernador de Madrid (1858-1860), vicepresidente das Cortes (1861), Ministro de Fomento (1861) e de Gobernación, embaixador en Francia, Ministro de Estado nos gobernos de Sagasta e vicepresidente do Consello Liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político vasco. Licenciado en Dereito, presidiu as xuventudes de Acción Católica de Bizkaia. O 14 de abril de 1931, día da proclamación da Segunda República Española, xunto cun grupo de correlixionarios, proclamou a República Vasca, sen repercusión ningunha. Foi deputado das tres lexislaturas da Segunda República, e como alcalde de Getxo presidiu a comisión designada para estruturar o Estatuto de Lizarra. Reflectiu o seu ideario no libro Entre la libertad y la revolución 1930-1935 (1935). Aprobado o Estatuto de Autonomía de Euskadi o 1 de outubro de 1937, foi elixido lehendakari o 7 do mesmo mes. En agosto de 1937 instalouse coa delegación vasca en Barcelona, e en xaneiro de 1939 trasladouse co seu goberno a París. A Segunda Guerra Mundial sorprendeuno no norte de Francia, fuxindo a América nunha peripecia que contou en De Guernica a Nueva York, pasando por Berlín (1943). Regresou a París no 1945, antes de rematar a Segunda Guerra Mundial, onde reorganizou o goberno...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cóengo compostelán, Xuíz Eclesiástico e Visitador Xeral do Arcebispado. Escribiu Breve tratado de la Teología moral (1661). Domingo Manero, licenciado en Teoloxía e capelán do Real Hospital de Santiago, recompilou a súa obra nun volume titulado Definiciones morales muy útiles y provechosas para confesores y penitentes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Burato do zapato por onde se introducen os cordóns ou agulletas.
-
PERSOEIRO
Eclesiástico, xu-rista e humanista, doutor en Dereito. Foi embaixador en Viena, auditor da Rota, diplomático en Inglaterra (1555), Alemaña (1558) e Sicilia (1559). Tamén foi nomeado Bispo de Alifano, en Nápoles (1577) e de Lleida (1561), e Arcebispo de Tarragona (1577-1586). Bibliófilo, apaixonado polos manuscritos gregos, conseguiu reunir unha das bibliotecas privadas máis importantes da época, cun catálogo que se considera o primeiro impreso en Europa (1586). Carteouse en latín, pero tamén en grego, catalán e castelán cos humanistas do seu tempo. Destacou no estudo das fontes do dereito romano, Emendationum et opinionum libri quattuor (1543), e aplicou por vez primeira ao estudo do dereito canónico o método histórico-xurídico: De emendatione Gratiani Dialogui (1587). Promoveu o interese pola arqueoloxía. Parte da súa produción foi recompilada nunhas Opera Omnia de oito volumes que foron publicadas no 1775.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de aguzar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área do Alto Pireneo dunha superficie de 10.000 ha, declarada parque nacional no ano 1955. Comprende os vales de Sant Nicolau e Peguera, nos concellos de Espot e Barruera. No parque encóntranse numerosas lagoas e vales, e o cume máis alto é o Paladés (2.982 m). No nivel subalpino domina o bosque de piñeiro negro con matogueira. Tamén hai bosque de abetos e poboacións de bidueiros. En canto á fauna, pódense atopar cabras montesas, pitas do monte, perdices albares e troitas comúns. O plano de uso e xestión do parque foi aprobado no1993.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore caducifolia e xeralmente dióica, de pólas ergueitas, follas compostas con glándulas de cheiro desagradable, flores pequenas e verdosas e froitos alados dunha soa semente. É unha especie orixinaria da China e das illas Molucas que se introduciu en Galicia para usos ornamentais.
-
PERSOEIRO
Escritor. Publicou o poema “Os meus lurciños” (1908), onde se ve a influencia de Curros, o poemario Frangullas (1910), conxunto de fábulas e poemas onde mestura a poesía de circunstancia e os seus sentimentos de saudade pola terra e pola mocidade perdida, con versións galegas de poemas de autores clásicos como Cervantes, Calderón ou Manrique. En 1910 en Acción Gallega e na Ilustración Gallega no 1912, publica o relato Cáneba fallida. Tamén en 1912 publicou Amar y sufrir, obra en prosa e verso prologada por Ramiro Vieira Durán. O seu libro Bágoas conxeladas (1916), reúne un conxunto de poemas en lembranza da morte da súa muller. No 1927 sacou do prelo o poemario Facetas, versos en galego e castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego de mediados do século XIII. Membro da pequena nobreza, participou na conquista de Sevilla (1248) e estivo vencellado á Corte de Fernando III o Santo e ao seu ambiente literario, contactando con outros trobadores galego-portugueses como Bernal de Bonaval, Estevan Faian, Johan Garcia de Guilhade, Johan Soarez Coelho, Pero da Ponte, Pero Garcia Burgalês e Vasco Perez Pardal. Da súa produción poética chegaron ata nós trece composicións, todas elas transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional e polo Cancioneiro da Vaticana. Considerando a información que proporcionan as rúbricas atributivas dos cancioneiros e mais a Tavola Colocciana, cabería a posibilidade de que unha desas cantigas, “Don Estêvão, eu eiri comi”, fose da autoría de Men Rodriguez Tenoiro. A decimocuarta composición, “Don Estêvão achei noutro dia”, debe adxudicarse máis ben a este último trobador. Todas as cantigas de Vuitoron pertencen ao xénero escarnino: oito...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei longobardo (749). Reemprendeu a política conquistadora de Liutprand e puxo fin á dominación bizantina da Italia setentrional ocupando Rávena. O Papa Estevo II procurou a axuda de Pipino o Breve, que derrotou a Aistolfo obrigándoo a ceder ao pontífice as súas conquistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Lleida situado sobre os terrazas do Segre (4.925 h [1996]). A agricultura é a principal actividade: oliveiras, viñas, arroz, árbores froiteiras e cereais. Xacementos do principio da Idade de ferro, ibéricos, romanos e musulmáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Patriarca lendario do pobo vasco. Orixinou numerosas lendas, en gran parte produto do escritor decimonónico do Iparralde (País Vasco Francés) Chaho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
taxidermia.
-
PERSOEIRO
Poetisa rusa que asinaba baixo o pseudónimo Bella Akhatovna Akhmadulina. A súa poesía é de ton intimista, garda certas relacións co acmeísmo, pero cre na relación entre o artista e o home da rúa. Da súa obra cómpre destacar Struna (Corda, 1962), o seu primeiro libro, Uroki muzyki (Leccións de música, 1969), Stikhi (Poesías, 1975) e Sni o Grusii (Soños de Xeorxia).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Faraón (1379-1362 a C) do Imperio Novo, un dos últimos da XVIII dinastía. Fillo de Amenofis III e da raíña Tiy (ou Tiyi), tivo a coñecida Nefertiti como esposa principal. Non se sabe con certeza se cogobernou asociado ao trono do seu pai durante os catro primeiros anos do seu reinado. Residiu en Tebas e Malgatta. Durante o período inicial do seu goberno tentou facer chegar a un compromiso os sacerdotes de Ammón, que acadaran un gran poder fáctico nas estruturas de poder político do Imperio Novo. Ao non acadar o entendemento esperado, rachou con eles tralo seu primeiro xubileo. Seguindo o exemplo dos seus predecesores, tentou apoiarse nos servidores do Deus Sol de Heliópole, estando certos elementos da súa reforma, unha herexía de feito, inspirados no culto heliopolitán. Contra 1374, sexto ano do seu faraonado, sendo xa seguidor do deus Atón, cambiou o seu nome de Amenofis polo de Akhenaton (‘Aquel en que se comprace Aton’ ou ‘útil para o disco solar’) e abandonou Tebas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Al- Amārna.