"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • PERSOEIRO

    Novelista e poeta. Embaixador da República en Londres (1931-1936) e discípulo de Leopoldo Alas Clarín, a súa obra poética, modernista, en La paz del sendero (1904), converteuse en ideolóxica e conceptual a partir de El sendero innumerable (1916). As súas primeiras novelas foron realistas e con trazos autobiográficos, como A.M.D.G. (1910). Con Belarmino e Apolonio (1921) comezou unha nova etapa en que dominou o intelectualismo. Destacan tamén a súa novela en dous volumes Luna de miel, luna de hiel/Los trabajos de Urbano y Simona (1923), o libro de poemas El sendero andante (1921), e os ensaios Hermann encadenado. Libro del espíritu y del arte italiano (1917), Política y toros (1918) e Fábulas y ciudades (1961). Recibiu o Premio Nacional de Literatura (1927) e foi membro da Real Academia Española (1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Barcelona a partir de outubro de 1978. Co seu lanzamento, comezou a súa andaina na prensa diaria o Grupo Zeta de comunicación. Dirixido por Antonio Franco, seguiu a estrutura dun xornal de información xeral pero con recursos propios da prensa sensacionalista: grandes fotografías, titulares expresivos e moita cor. Distribuído en toda Catalunya, defende o Estado das autonomías e avoga pola nación catalá e a promoción da lingua e a súa normalización. O 28 de outubro de 1997 saíu á rúa a edición en catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Selangor, Malaisia, situada 11 km ao SO de Kuala Lumpur (438.084 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (6.335 km2; 501.815 h [2000]). A súa capital é Phayao (22.743 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Changwat de Tailandia (2.557 km2; 721.641 h [2000]). A súa capital é Ayutthaya (75.898 h [2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (9.024 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura, e destaca o cultivo de laranxas, mentres que a industria está moi diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, irmán de Martín Alonso Yáñez Pinzón. Participou na primeira viaxe de Cristovo Colón ao mando da carabela La Niña. En 1499-1500 volveu a América e explorou o N de Brasil, as desembocaduras do Amazonas e o Orinoco, e parte das costas centroamericanas. En 1508 volveu ás Indias con Amerigo Vespuci, Juan de la Cosa e Juan Díaz de Solís para buscar un paso ao Pacífico, que non atoparon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (5.145 h [2001]). A industria converteuse na súa base económica, principalmente os sectores químico, metalúrxico, papeleiro, téxtil e de artes gráficas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (3.045 h [2001]). A agricultura de regadío é un dos seus recursos económicos básicos. A auga do Júcar aprovéitase principalmente para o cultivo de laranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Cauca, Colombia, situada ao SO do país (200.719 h [1999]). É o centro dunha rica rexión agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abadía feminina, fundada en 1204 e outorgada á orde do Císter en 1225, situada ao SO de París, no castelo de Sainte-Madeleine. Coñecida tamén co nome de Port-Royal des Champs , a comunidade permaneceu no anonimato ata principios do s XVII, en que se iniciou a intervención da familia Arnauld. En 1602 Jacqueline-Marie Arnauld converteuse, aos once anos, en abadesa, co nome de Angélique-Marie. Restituíu en 1608 a plena observancia e en 1609 impuxo a clausura estrita. En 1625 decidiu trasladar a abadía a París, coñecida desde este momento como Port-Royal de Paris , que, pola influencia de Saint-Cyran, confesor (1635) e director (1636) da comunidade, vinculouse ás doutrinas xansenistas. Nestes momentos a súa abadesa foi Agnès de Saint-Paul, irmá de Angélique-Marie. Port-Royal des Champs converteuse así nun centro de reflexión de destacados intelectuais, coñecidos como os solitarios de Port-Royal (entre eles estaba o autor da Logique de Port-Royal,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de China, situado no sheng de Jiangxi (2.700 km2). Na conca media do Iang-Tsé exerce unha importante acción reguladora das augas do río.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Nacionalizado belga, doutorouse na Universidade de Bruxelas en 1941. En 1977 recibiu o Premio Nobel de química polas súas contribucións á termodinámica que o levaron á formulación do teorema do mínimo de produción de entropía, nova contribución ao segundo principio da termodinámica. Tamén destacou no campo da filosofía da ciencia. Entre as súas publicacións destacan Order out of Chaos (1989) e The End of Certainty (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Europa Oriental, afluente do Dniéper, que percorre Bielorrusia e Ucraína, durante 775 km. A súa alimentación é mixta, prevalecendo as achegas de neve. É navegable desde a súa desembocadura ao longo de 500 km. Os seus afluentes principais son o Styr’, Goryn’, Jasel’da e Ptič.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nova capital administrativa de Malaisia creada en 1999 en subsitución de Kuala Lumpur, que conserva as funcións financeiras e comerciais. Territorio federal, está incluído no estado de Selangor. É un modelo de cidade xardín, situada á beira do lago homónimo, en que destacan as infraestruturas e as comunicacións. Espérase que para o 2012 acade unha poboación de 330.000 h.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Henan, China, situada na parte alta do río Huang He, ao NL de Zhengzhou (175.988 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confraría musulmá con sede en Bagdad que fundou ‘Abd al-Qādir al-Gilānī (1166). Os seus seguidores pertencen ao mundo musulmán sunnita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Iraq (8.153 km2; 595.600 h [estim 1991]). A súa capital é Al-Dīwanīya (196.519 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Exipto (1.001 km2; 3.301.200 [1996]). A súa capital é Benhā (135.892 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo persa. Escribiu a obra cosmolóxica A ǧ ā’ ib al-makhlūqāt (As marabillas das cousas creadas) e unha xeografía en dúas redaccións.

    VER O DETALLE DO TERMO