Prigogine, Ilya

Prigogine, Ilya

Químico. Nacionalizado belga, doutorouse na Universidade de Bruxelas en 1941. En 1977 recibiu o Premio Nobel de química polas súas contribucións á termodinámica que o levaron á formulación do teorema do mínimo de produción de entropía, nova contribución ao segundo principio da termodinámica. Tamén destacou no campo da filosofía da ciencia. Entre as súas publicacións destacan Order out of Chaos (1989) e The End of Certainty (1997).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Moscova

  • Deceso

    Lugar : Bruxelas