"alt" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 697.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non sufriu alteración.
-
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico galés. Coñecido como Richard Burton, iniciou a súa carreira no teatro, participando en 1949 no elenco do espectáculo The Lady’s Not for Burning, a partir do texto homónimo de Christopher Fry, no que amosa un gran talento e unha rigorosa preparación do personaxe. Posteriormente, interveu en diversas producións a partir de W. Shakespeare, das que destacan o Enrique V de 1951 ou o Hamlet de 1953, presentado no Old Vic, interpretación pola que foi declarado o mellor actor da súa xeración. Tralo éxito teatral abandonou a escena e iniciou a súa carreira cinematográfica. Destacan os seus filmes Alexander the Great (1956), Look back in Anger (1958), Night of the Iguana (1963), Becket (1964), Who’s Afraid of Virginia Woolf? (1966), entre outras. Dirixiu a película Doctor Faustus (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, crítico literario e filólogo alemán. Foi un dos fundadores do Grupo 47. Escribiu ensaios sobre literatura alemana, como Statt einer Literaturgeschichte (No lugar dunha historia da literatura, 1957), Zueignungen (Dedicatorias, 1962), Euripides-Büchner (1964) ou Von deutscher Rede (O discurso alemán, 1969). Como narrador destacou con Nein.-Die Welt der Angeklagten (Non.-O mundo dos acusados, 1950) e Das Testament des Odysseus (O testamento de Ulises, 1957). Tamén escribiu dramas, como Der Untergang (O afundimento).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político austríaco. Membro do Partido Nazi, en 1943 sucedeu a R. Heydrich como xefe do servizo de seguridade do Terceiro Reich (RSHA). Foi condenado a morte no proceso de Nuremberg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alemán. Estudiou os raios catódicos e mediu, independentemente de J. J. Thomson, o cociente e/m entre a carga e a masa do electrón. Comprobou que a masa dos electróns medra coa velocidade, de acordo coa teoría relativista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(París 1908 - Rossiniére, Suíza 2001) Pintor. Coñecido como Balthus, autodefiniuse como narrativo e surrealista. As súas obras máis características son as que representan personaxes que camiñan polas rúas de París, adolescentes de expresión inxenua e ás veces maléfica seres illados dun mundo cheo de ambigüidades perturbadoras que transmiten soidade e inquedanza. Foi abandonando os aspectos máis descritivos das primeiras obras por unha abstracción representativa (Amencer, 1954).
-
(Viena 1923) Físico e matemático austríaco. Estudiou matemáticas e física nas Universidades de Toronto e Harvard, doutorándose nesta última en Física en 1948. Escribiu máis de 200 artigos, algúns dos máis recentes son “Periodic Thermodynamics” (2001), “Landaurer condutance without two chemical potentials” (2001), “Kohn-Sham Theory for Ground-State Ensembles” (2001), “An energy functional for surfaces” (2001) e “Degeneracy in density Functional Theory: Topology v- and v- Space” (2002). En 1998 recibiu o Premio Nobel de Química, xunto con J. Pople pero por motivos distintos, polo desenvolvemento da teoría da densidade funcional.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre as parroquias da Ferreirúa (A Pobra do Brollón) e O Incio (O Incio). O seu cumio acada os 818 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia das Maus (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 975 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre os concellos do Incio, A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel e Samos. O seu cumio acada os 1.171 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Corvelle (Vilalba). O seu cumio acada os 560 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor inglés. Interesado polos estudios clásicos e pola influencia da Revolución Francesa no seu tempo, está considerado como un dos máis destacados poetas da época. Publicou anonimamente Gebir (1798), primeira peza destacada da súa obra poética, a súa extensa obra en prosa Imaginary Conversations (1828), The Hellenics (1847), Drysticks (1858) e Heroic Idylls (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario de tendencia católica e antiliberal editado en Santiago de Compostela a partir do 7 de maio de 1934. Cesou a súa edición ao redor de agosto do mesmo ano. Subtitulouse “Revista de la Juventud Tradicionalista de Santiago” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Comercial. Nos seus artigos manifestouse contrario aos principios democráticos e liberais da República.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Pontevedra a partir do 10 de xaneiro de 1895. Cesou a súa edición no mesmo ano. Subtitulouse “Diario tradicionalista de Pontevedra. Órgano del Partido Carlista de la Provincia” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Eiras García. En 1947 apareceu outra publicación co mesmo título de periodicidade bimestral, que manifestaba a mesma liña ideolóxica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia conservadora editada na Guarda a partir de 1923. Cesou arredor de xullo do mesmo ano. Subtitulouse “Semanario Guardés” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Vicente V. Táboas. Ademais dos artigos críticos contra Manuel Portela Valladares, incluíu diversos textos literarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Grixalba (Sobrado). O seu cumio acada os 612 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro. Foi director das oficinas de Transferencia de Tecnoloxía (OTRI), de Orientación ao Emprego (OFOE) e de Iniciativas Empresariais (OFIE). Foi, tamén, director da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, cofundador e presidente da Asociación Española de Profesores de Ingeniería Gráfica, presidente do Comité de Dibujos Técnicos da Sociedad Española de Normalización (AENOR) e Socio de Honor da Unión Nacional de Arquitectos e Ingenieros de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e columnista político. Foi un dos fundadores e responsables do semanario liberal The New Republic (1914). O presidente T. Woodrow Wilson enviouno ás negociacións do Tratado de Versailles (1913). Entre 1931 e 1967 escribiu a súa famosa columna no New York Herald Tribune. Partidario da solidariedade internacional, publicou A Preface to Politics (1913), Public Opinion (1922) e Essays in the Public Philosophy (1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e produtor cinematográfico estadounidense. Dirixiu THX 1138 (1971), American Grafitti (1973) e a saga espacial Star Wars (1977-2005). Tamén coproduciu e creou as películas sobre o personaxe de Indiana Jones (1981-2006), dirixida por Spielberg. En 1971 creou a compañía Lucasfilm Ltd (1971), que evolucionou a Lucas Digital Ltd, onde se inclúe Industrial Light & Magic (ILM) que se dedica aos efectos especiais e que foi galardoada cun Oscar por Forrest Gump (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado en La Tierra de Arévalo e regado polo río Trabancos (1.916 h [2001]). É un centro agrícola, con cultivo de viña, trigo, legumes e patacas, ademais de posuír gandería ovina. Do seu patrimonio cultural destacan as murallas (s XIII), a igrexa de San Nicolás de Bari, de estilo románico-mudéxar, e a casa onde naceu Isabel I.
VER O DETALLE DO TERMO