Jenkins, Richard Walter
Actor e realizador cinematográfico galés. Coñecido como Richard Burton, iniciou a súa carreira no teatro, participando en 1949 no elenco do espectáculo The Lady’s Not for Burning, a partir do texto homónimo de Christopher Fry, no que amosa un gran talento e unha rigorosa preparación do personaxe. Posteriormente, interveu en diversas producións a partir de W. Shakespeare, das que destacan o Enrique V de 1951 ou o Hamlet de 1953, presentado no Old Vic, interpretación pola que foi declarado o mellor actor da súa xeración. Tralo éxito teatral abandonou a escena e iniciou a súa carreira cinematográfica. Destacan os seus filmes Alexander the Great (1956), Look back in Anger (1958), Night of the Iguana (1963), Becket (1964), Who’s Afraid of Virginia Woolf? (1966), entre outras. Dirixiu a película Doctor Faustus (1967).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Pontrhydyfen -
Deceso
Lugar : Xenebra