"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Alemaña, situado entre Slesvig-Holstein, Baixa Saxonia, Brandenburgo, Polonia e o Mar Báltico (23.172 km2; 1.776.000 h [estim 2001]). A súa capital é Schwerin.
-
ENTRADA LARGA
Reacción de arilación dunha olefina por acción dun sal de diazonio, en presenza de cobre II como catalizador, segundo a ecuación:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Reacción de redución de aldehidos e cetonas a alcohois primarios ou secundarios pola acción dun alcóxido de aluminio, a miúdo o isopropóxido, segundo a reacción:
FORMULA
A reacción inversa é coñecida como oxidación de Oppenauer.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de adición en que os compostos con grupos metilenos activos poden combinarse con compostos carbonílicos (aldehidos, cetonas, ésteres) ou nitrilos a, b-insaturados e conducir a produtos de adición no dobre enlace (adición conxugada).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias eubacteriais, da familia das micrococáceas, aerobias, sen esporas, inmóbiles, que se agrupan dunha forma irregular. Fermentan a lactosa, non producen ácido a partir da glicosa en condicións anaeróbicas e non son moi patóxenas. Atópanse no aire e nas augas naturais e industriais, e contaminan moitos alimentos.
-
REXIÓNS
Rexión de Filipinas, formada polas provincias de Basilan, Sulu, Tawi-Tawi, Zamboanga do Norte e Zamboanga do Sur (16.042 km2; 3.091.208 h [2000]). A cidade máis importante é Pagadian.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Auriense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Misal Compostelano.
-
PERSOEIRO
Actriz estadounidense. Caracterizouse por desenvolver personaxes cheos de sensualidade e maldade. Da súa filmografía destacan Risky Business (1983), Dealers (1989), The Hand That Rocks the Cradle (1992), Never Talk to Strangers (1995), The Three Musketeers (1993), The Right Temptation (2000) e Identity (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno ou circunstancia que se dá cando dous ou máis usuarios fan uso dun ordenador ou sistema informático ao mesmo tempo, especialmente cando o proceso é conversacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode mover ou dirixir en moitas direccións.
-
PERSOEIRO
Compositor e músico. Coñecido como Georges Moustaki, as súas obras foron a miúdo interpretadas por Edith Piaf, Barbara ou Yves Montand. Destacado instrumentista e letrista, debutou como intérprete con Le Métèque (1969). Da súa discografía cómpren salientar Declaration (1973), Méditerranéen (1992), Tout reste à dire (1996) e Moustaki (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias, da familia das mixococáceas, que se caracteriza por presentar corpos frutíferos simples en forma de gotas de cores vivas. Están formados por células esféricas e de paredes grosas, chamadas microcistos, que poden soportar a desecación e ser viables durante longos períodos.
-
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Seguidor de Vecchietta, traballou preferentemente en Siena, onde ata 1475 pintou asociado co F. di Giorgio Martini. O tema case único da súa produción foi a Virxe co Neno. Como escultor fixo un San Bernardino en Borgo a Mozzano, e unha Santa Caterina no oratorio da santa, en Siena.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias, da familia das nitrobacteriáceas, que presenta células grandes, esféricas e inmóbiles.
-
-
Aquilo que se opón a unha afirmación para combatela ou rebatela.
-
Actitude de quen se nega a obedecer unha orde ou unha lei por considerala inxusta ou inaceptable, facendo prevalecer a decisión da propia conciencia sobre a lei positiva. A obxección de conciencia máis coñecida é a que fai referencia ao servizo militar. As motivacións que levan a esta actitude son de orde moral, relixiosa, política, humanitaria ou filosófica. Na maior parte dos países occidentais, os obxectores quedan exentos do servizo militar e teñen que realizar en cambio unha prestación social substitutiva.
-
-
PERSOEIRO
Político italiano. Afiliouse ao Partito Comunista Italiano (PCI) en 1953, e foi nomeado o seu secretario xeral en 1988. No último congreso do partido, que tivo lugar a comezos de febreiro de 1991, adoptouse a resolución de denominar o PCI, Partito Democratico della Sinistra, do que Occhetto conservaría o liderado. Non obstante, o cambio de denominación supuxo a escisión dun grupo que non quixo renunciar á ortodoxia tradicional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico italiano. Foi profesor en Milán e fixo investigacións importantes sobre os raios cósmicos mediante a aplicación da cámara de Wilson. O seu traballo sobre as emisións nucleares permitiu o descubrimento dos mesóns π. O seu pai Augusto Raffaele Occhialini (Fossombrone 1878 - Xénova 1951), tamén físico, foi profesor en Siena e Xénova e traballou no eido da electroloxía e a espectroscopia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ao oeste.
-
Que está situado no oeste.
-
-
Aplícase ao astro que se pon despois do Sol.
-
-
Relativo ou pertencente ao Occidente.
-
Natural ou habitante dunha rexión de Occidente.
-
-
Aplícase á Igrexa Romana e a cada unha das súas liturxias.
-
Aplícase á parte de Europa situada ao O dos confíns político-ideolóxicos que simbolizou o pano de aceiro.
-
Conxunto de potencias adheridas á OTAN e opostas ás que constituían o Pacto de Varsovia.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Kenya (8.360 km2; 3.358.776 h [1999]). A súa capital é Kakamega (58.862 h [1989]).