Myxococcus
Myxococcus
[MONERA]
Xénero de bacterias, da familia das mixococáceas, que se caracteriza por presentar corpos frutíferos simples en forma de gotas de cores vivas. Están formados por células esféricas e de paredes grosas, chamadas microcistos, que poden soportar a desecación e ser viables durante longos períodos.