Mytilus

Mytilus
[ANIMAL]

Xénero de moluscos lamelibranquios, da familia dos mitílidos, que se caracterizan por presentar unha cuncha con dúas valvas, alongadas e de cor escura, e que están adheridos ao substrato duro pola glándula do biso. As especies máis coñecidas en Galicia son o M. edulis e o M. galloprovincilialis.