Mysore ou Maisūru
Mysore ou Maisūru
Cidade do estado de Karnātaka, India, que está situada á beira do río Cauvery (480.006 h [1991]). É, principalmente, un centro téxtil da seda, con industrias téxtiles de algodón, de aceite de sándalo, de xabón, de tabaco, mecánicas, de fertilizantes e fariñeiras.