"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. De estilo figurativo ata 1939, neocubista máis tarde, converteuse no principal representante da abstracción lírica italiana arredor do 1945. Durante os anos cincuenta realizou varios murais para a cidade de Udine e en 1958 outro para o edificio da Unesco en París. En 1952 fundou o grupo dos Otto pittori italiani (Oito pintores italianos).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia e concello de Vilanova de Arousa, ao S da praia da Braña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fortaleza de París construída no s XIV. Foi unha cidadela militar ata que Richelieu a converteu en prisión do estado. O 14 de xullo de 1789, nun dos episodios máis sobranceiros da Revolución Francesa, a Bastilla, cárcere e símbolo da represión gobernamental do Absolutismo, foi asaltada e tomada polo pobo de París. A Terceira República declarou (1880) esta data festa nacional.
-
-
Dise das pezas que teñen o bordo inferior formado por ameas.
-
Aplícase ás bandas e barras coas ameas en dirección vertical.
-
-
-
Acción na que dous exércitos inimigos se baten un contra o outro e que, segundo a súa envergadura, pode chegar a decidir o resultado dunha guerra. Durante a batalla os exércitos coordinan a súa capacidade de movemento, de ataque, de loxística, etc, co fin de acadar os resultados desexados. Se ben o concepto de batalla non ten mudado esencialmente no transcurso da historia, si o fixeron dabondo a contía dos elementos e as dimensións dos teatros de operacións. Así, de frontes reducidas, con armas de curto alcance e de mando directo no mesmo campo de batalla polo xeneral en xefe, pasouse a frontes de batalla de bastantes quilómetros dende a Segunda Guerra Mundial. Amais diso conseguiuse o equilibrio entre o fogo e o movemento, como resultado da mecanización dos avións, dos foguetes e dos medios de transmisión, que fan aumentar as dimensións da acción.
-
Discusión entre dúas partes para acadar un acordo.
-
Cada unha das partes en que se dividía un exército.
-
En orde de batalla.
-
Entre os costumes cabaleirescos, combate a morte entre dous adversarios. Estaba precedida polo libramento de carteis ou de letras de batalla (letra de batalla), celebrada en campo neutral e presidida por un xuíz imparcial. O combate estaba regulado por normas precisas, recollidas en tratados.
-
Batalla entre dous exércitos dirimida nun terreo apto para manobrar a totalidade das tropas belixerantes.
-
Combate naval.
-
Cabalo aguerrido.
-
Lugar onde se libra a batalla.
-
Figura posta unha en fronte da outra.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter sindicalista editada en Ferrol entre os anos 1913 e 1914. De periodicidade semanal, estivo alentada pola corrente ácrata disconforme coa traxectoria da Federación de Sociedades Obreras local, moi influída pola militancia obreira socialista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu por primeira vez en Vigo no ano 1914 baixo a dirección de Xosé Cuiñas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada como “Quincenario independiente” aparecida o 21 de outubro de 1923 en Betanzos. Na súa edición destacan os contidos anticaciquís e o interese pola mellora das condicións sociais na vila de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen batalla.
-
Que traballa moito ou que se esforza.
-
Defensor persuasivo e persistente dunha causa.
-
Peixe de auga doce da orde dos perciformes, duns 10 cm de lonxitude e de cores moi vistosas, sobre todo os machos, cando levan a librea nupcial. Son capaces de reter osíxeno no aparello branquial e, xa que logo, resistir as flutuacións das augas continentais da rexión indomalaia onde vive. Especie típica de acuario.
-
-
GALICIA
Cantautor. Simultaneou a súa profesión de médico co mundo da canción. Dende que gravou o seu primeiro disco, Ahí vén o maio (1975), a súa obra vén sendo referente obrigado na historia da canción galega. O repertorio inclúe poemas musicados dun amplo abano de autores da nosa literatura (Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro) e producións propias. Posteriores gravacións son Ballet da nena (1990), Eres un fármaco (1993), con textos en galego e castelán, Tu retrato (2007), Había que chegar (2014) e 70 y 29 (2016)
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello das Neves baixo a advocación de santa Eulalia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que batalla.
-
Aplícase ao león rampante situado en fronte doutro no campo do escudo.
-
-
-
Loitar nunha batalla.
-
Porfiar para conseguir algunha cousa facéndolle fronte ás dificultades.
-
Falar con outras persoas de xeito acalorado contrastando ideas e argumentos encontrados sobre un tema.
-
Contender unha persoa con outra no deporte da esgrima xogando con espadas negras.
-
-
ILLAS
Grupo de pequenas illas das Filipinas, no estreito de Luzón, ao N da illa de Luzón, que constitúen a provincia administrativa de Batanes. A poboación concéntrase nas chairas litorais e os seus principais recursos económicos son a agricultura e as minas de carbón. O maior núcleo de poboación é a cidade de Basco, na illa de Batán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto mesturado e desordenado de cousas.
-
PERSOEIRO
Astrónomo e matemático árabe, coñecido en Occidente por Albategnius. Habitou en Al-Raqqa, preto do Éufrates. Deu aos estudios astronómicos un enfoque científico. Continuador da obra de Ptolomeo, perfeccionou algúns puntos do seu Almaxesto. Dedicouse á confección de táboas e mediu con máis precisión ca os gregos a inclinación da eclíptica e o ano trópico. Observou as eclipses do Sol e da Lúa.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo francés. O seu pensamento analiza a noción de consumo, clave para a comprensión da sociedade posterior á Segunda Guerra Mundial. Cunha reflexión paralela á de Marx, substitúe a noción de mercadoría pola de signo. Entre as súas obras destacan: Le système des objets (O sistema dos obxectos, 1968), La societé de consommation (A sociedade de consumo, 1970), Pour une critique de l´economie politique du signe (Por unha crítica da economía política do signo, 1972), Le miroir de la prodution (O espello da produción, 1973), L’échange symbolique et la mort (O cambio simbólico e a morte, 1978) e De la sédution (Da sedución, 1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Parella de fotógrafos alemáns que, baixo o título de Tipoloxías, realizaron unha serie de traballos sobre edificacións industriais dos ss XIX e XX, abordadas con criterios semellantes aos dun naturalista (tullas de carbón, depósitos de auga, altos fornos, etc). Consideran as súas series máis como esculturas fotográficas (Anonyme Skulpturen) que como fotografías documentais. A súa obra está representada en numerosos museos e centros de arte de todo o mundo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos albaneis e dos telleiros que corresponde á voz ‘alcalde’.