Bastilla, A

Bastilla, A
[ARQUIT/HIST]

Fortaleza de París construída no s XIV. Foi unha cidadela militar ata que Richelieu a converteu en prisión do estado. O 14 de xullo de 1789, nun dos episodios máis sobranceiros da Revolución Francesa, a Bastilla, cárcere e símbolo da represión gobernamental do Absolutismo, foi asaltada e tomada polo pobo de París. A Terceira República declarou (1880) esta data festa nacional.