bastión

bastión

(

  1. s m

    Elemento de fortificación de forma pentagonal que se insire no espazo de unión de dous panos de muralla. Está composto de dúas caras que forman un espigón angular, dous flancos de unión e un acceso sito na parte interior do recinto. A súa aparición está vinculada ao perfeccionamento e á sistematización da artillería. Xa se esbozaba nos recintos fortificados medievais, pero a súa construción non se consolidou ata principios do século XVI e alcanzou a súa máxima eficacia defensiva coa contribución de Vauban, fundador da escola francesa de fortificación.

    Sinónimos: baluarte.
  2. s m [ARQUIT]

    Obra de fortificación ou recinto fortificado.

    Sinónimos: baluarte.
  3. s m

    Lugar, persoa ou comunidade na que se defende ou fai forte algo.

    Ex: Na Idade Media os mosteiros constituían os bastións da cultura. Ese país erixiuse en bastión da liberdade.

    Sinónimos: baluarte.

Palabras veciñas

Bastilla, A | bastillado -da | bastimento | bastión | bastitano -na | bastnesita | 1 basto