"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Comedia latina satírico-burlesca. Segundo a tradición, as atelanas tiveron a súa orixe en Atela, pequena cidade entre Capua e Nápoles. Os personaxes eran tipos convencionais que ridiculizaban unha situación ou un oficio concreto. No comezo, foron interpretadas en dialecto osco, pero na época de Sula, comezaron a selo en latín, ata conseguir forma literaria cos poetas Novio e Pomponio. OBS: Pode empregarse tamén en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada no 1879 baixo a presidencia de Manuel Estrada y Madán. Exerceu a súa actividade ao longo de diferentes fases ata 1936 (1879-1880, 1903-1917, 1931-1936) e, de forma continua, desde 1976. Esta institución presidida por Eliseo Zaera Ríos, desenvolveu diversas actividades culturais e lúdicas na cidade de Ferrol e na súa comarca. Organizou exposicións de artes plásticas, ciclos de cine e vídeo, conferencias, cursos de galego, solfexo, pintura, teatro ou encadernación. Entre os certames anuais destacan: Eidos, Feitura, Xoves Teatrais e o concurso de gaita galega Constantino Bellón, de ámbito internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que atenúa.

    2. Substancia que atenúa o efecto dun tóxico.

    3. Que reduce a suavidade dun delito e acurta unha pena legal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de ser opaco á calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta a propiedade da atermancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘capitalista, rico’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín tardío Atilanus, composto quizais por Atila e o sufixo latino -anus. Como hipocorístico presenta a forma apocopada Atila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro abade do mosteiro de Távara (Zaragoza) e máis tarde bispo de Zamora. A súa festa conmemórase o 5 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘ollo’.

    2. Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘espello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Guatemala, situado ao norte do volcán Atitlán (125 km2; 333 m de profundidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que atiza.

    2. Termo da xerga dos telleiros ou daordes que designa ao ‘que pega, que aplaca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Iniciador do informalismo, a súa obra reflectiu un mundo cego e sen esperanza, expresado por medio de tons apagados ao lado de pinceladas rechamantes. Ilustrou con litografías a Descrición dun combate, de Franz Kafka (1947). Está representado no Museo de Arte Moderna de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Xeorxia (EE UU), nos contrafortes dos Apalaches (394.017 h [1990]; 2.833.511 h na área metropolitana). É un centro administrativo e industrial, destacando xunto coas empresas téxtiles, químicas e siderúrxicas, por ser a sede da multinacional Coca-Cola. Foi fundada en 1837 na terminal dun ferrocarril do estado que ata 1845 se chamou Terminus. Foi incendiada polo xeneral unionista Sherman en setembro de 1864. Nela celebráronse os Xogos Olímpicos de 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos de cuncha transparente e fráxil, espiraliforme. Son mariños e peláxicos propios dos mares cálidos ou temperados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estatua masculina de corpo enteiro empregada, como a cariátide, na arquitectura para soster un entaboamento ou unha cornixa. Substitúe á columna como elemento de soporte. Trátase dun elemento arquitectónico utilizado xa polos gregos e polos romanos, foi representado no Renacemento e no Barroco.

    2. Habitante da Atlántida.

    3. Arma precolombina en forma de estaca utilizada polos indios do val de México que servía para aumentar a forza propulsora do brazo no lanzamento de proxectís (dardos, xavelinas, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sprach und Sachatlas Italiens und der Südschweiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de xeografía lingüística destinada a rexistrar o léxico dos mariñeiros e dos pescadores do Mediterráneo, e no que se estudia a súa difusión e influencias mutuas. Iniciada por Marko Deanovic, diríxea dende Venecia G. Folena e dende Catalunya B. Moll.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de homínidos descuberto en 1954 por C. Arambourg en Ternifine, cerca de Monaskar (Alxeria). Os restos conservados levan asociada unha industria lítica de peixes bifaciais (acheuliá) do Paleolítico inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Nova Jersey, EE UU, na chaira litoral Atlántica (37.986 h [1990]). É un centro turístico moi concorrido.

    VER O DETALLE DO TERMO