Atlanta
Atlanta
Capital do estado de Xeorxia (EE UU), nos contrafortes dos Apalaches (394.017 h [1990]; 2.833.511 h na área metropolitana). É un centro administrativo e industrial, destacando xunto coas empresas téxtiles, químicas e siderúrxicas, por ser a sede da multinacional Coca-Cola. Foi fundada en 1837 na terminal dun ferrocarril do estado que ata 1845 se chamou Terminus. Foi incendiada polo xeneral unionista Sherman en setembro de 1864. Nela celebráronse os Xogos Olímpicos de 1996.