"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peza do traxe tradicional feminino de gala. Consiste nunha saia aberta por detrás cun corte maior ca o semicírculo, polo que monta sobre si mesma e non deixa ver a peza que está por debaixo. Adoita ter moito voo, máis ca o mantelo, e xeralmente é de cor negra e de pano, aínda que na zona das Mariñas tradicionalmente é marrón e de cor vermella clara nas Rías Baixas. No bordo presenta unha tira de veludo negro e unhas lorzas horizontais na parte inferior. Pode ir adornada con pasamanaría polo bordo ou no centro. A súa lonxitude é menor ca a do refaixo, que asoma por debaixo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento que propugna o recoñecemento político de Euskadi e que defende os seus valores históricos e culturais.
-
PERSOEIRO
Mecánico e inventor francés. Estudou anatomía, música e mecánica. En 1737 inventou un autómata que tocaba a frauta e despois construíu outros enxeños semellantes. Ideou unha bomba de auga, o primeiro torno automático, un tear tamén automático e diversas máquinas para a mecanización de pezas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta francés. É autor de Foresteries (1555), cinco libros de Satires (1581-1585) e Art poétique français (1605).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e farmacéutico francés. Foi profesor en diversas escolas e centros franceses e descubriu o cromo e os seus compostos (1797), o berilio e os seus compostos (1798) ou a asparaxina (1806).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta francés. De nome Luc de Clapiers, escribiu Introdution à la connaissance de l’esprit humain, suivie de réflexions et de maximes (1746) sobre a capacidade humana para o ben, o valor das emocións e a exaltación da acción, polo que se considera un precursor das teorías de J. J. Rousseau e Stendhal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe patronímica formado a partir do nome persoal Vasco, que vén da forma prerromana velascus, máis o sufixo patronímico -ez (‘fillo de’). Tamén se recolle coa forma castelá Velázquez.
-
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, catro estrelas de prata, de seis raios, colocadas unha en cada cantón do escudo; bordo cosido de azul, cargado de seis cunchas de vieira de prata, dúas en xefe, dúas en punta e unha en cada flanco. Outro trae, en campo de sinople, nove besantes de prata, colocados en tres faixas de tres. Outro, en campo de ouro, tres faixas de azul alzadas, sostidas dun T do mesmo, en punta. Outro, en campo de goles, un castelo de ouro. Outro, en campo de goles, un castelo de prata; bordo de azul, cargado de oito cunchas de vieira de prata. Outro, en campo de sinople, catro estrelas de ouro, de oito raios, colocadas unha en xefe, outra en punta, e unha en cada flanco, alternando con catro cunchas de vieira de prata, colocadas unha en cada cantón do escudo.
-
-
GALICIA
Escritor. Coñecido como Xavier Queipo, na súa obra evolucionou desde un estilo áxil, que mestura elementos fantásticos e irreais con intriga e ambientes exóticos, ata un estilo máis firme en canto á densidade dos contidos e o ritmo narrativo, no que analizou dun xeito máis profundo o ámbito do amor e das relacións na parella. Da súa produción destaca Ártico e outros mares (1990, Premio de la Crítica Española), a colección de relatos Ringside (1993), Contornos (1994), Diario dun nómada (1993), O paso do noroeste (1996, Premio Manuel García Barros), Mundiños (1997), Manual de instrucións (1999), Malaria sentimental (1999), Papaventos (2001) e O ladrón de esperma (2002, Premio Café Dublín).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencais Económicas e catedrático de Desenvolvemento Rexional na Universidad Autónoma de Madrid, especializouse en desenvolvemento local e rexional dos ámbitos español e europeo. Asesor da UE, do Banco Mundial e doutros organismos, dirixiu o proxecto de planificación estratéxica de Vigo (2000-2001). Publicou Desarrollo local: una estrategia de creación de empleo (1987), Política económica local: la respuesta de las ciudades a los desafíos del ajuste produtivo (1993), Desarrollo, redes e innovación: lecciones sobre desarrollo endógeno (1999) e Las nuevas fuerzas del desarrollo (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz teatral. Coñecida como Maruxa Villanueva, emigrou a Arxentina en 1926, onde iniciou a súa carreira como cantante de alalás e composicións galegas. Contou cun programa propio na televisión arxentina, que compaxinou co teatro. Montou, co autor Daniel Varela Buxán e co actor Fernando Iglesias Tacholas, a Compañía de Arte Regional Gallego “Aires da Terra”, que co tempo se converteu na Compañía Galega Maruxa Villanueva. Puxo en escena obras como Os vellos non deben de namorarse (1941), de Castelao, e as súas representacións tiveron moito éxito en Arxentina e Uruguay. Ao seu regreso a Galicia (1971) encargouse da dirección da casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Director do departamento de Latín e Grego na Universidade de Santiago de Compostela, foi membro do Comité internacional para o estudo dos textos médicos latinos de la Antigüedad e da Alta Idade Media. Realizou estancias como doutor na Université Paris IV (Sorbonne), na École Normale Supérieure e na École Pratique des Hautes Études. Das súas obras destacan El “De mulierum affectibus” del Corpus Hippocraticum. Estudio y edición crítica de la antigua tradución latina (1986) e, en colaboración, Corpus Historiographicum Latinum Hispanum Saeculi VIII-XII: Concordantiae, I-II (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Licenciado en Teoloxía Sistémica, estudou cinematografía e radiodifusión en Madrid. Foi director do Instituto Teolóxico Lucense e do Secretariado Diocesano de Medios de Comunicación Social, secretario do bispo de Lugo e responsable do Centro de Teoloxía para Segrares (1986-1990). Colaborou en varios xonais e dirixiu diversos programas relixiosos en RNE e COPE, e foi responsable de programación relixiosa en Radio Popular en Lugo. Membro do Instituto Enmanuel Mounier, publicou La solidaridad de Dios ante el sufrimiento humano: en la teología española contemporánea (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Fotógrafo. Especializado en elementos da natureza e paisaxes e aldeas de Galicia, en 1993 comezou un traballo de documentación dos Parques Naturais de Galicia. Publicou Positivado en Blanco y Negro (1985) e Las Rocas del Tiempo (1994), en que compara as rochas traballadas polo home megalítico con aquelas que sufriron a acción da natureza ao longo do tempo, e participou na obra colectiva Galicia, Terra Nai (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Manuel Barros, iniciouse como xornalista en Cuba nas publicacións La Voz de Cuba e Juan Palomo. Trasladouse a EE UU e logo a Bos Aires, onde traballou en El Correo Español e foi director de Revista Galaica e La Nación Española. Presidente do primeiro Centro Gallego de Bos Aires, escribiu prosa e poesía e publicou Ocios de un peregrino. Apuntes de viaje (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Iniciou a súa formación artística no Círculo das Artes de Lugo. En Madrid realizou os estudos de arquitectura técnica e foi profesor de debuxo (1966-1970). A súa obra evolucionou desde o realismo conceptual cara ao onirismo expresionista ata chegar a unha abstracción de formas insinuantes monocromas. Cultivou o gravado, a escenografía, a música, o cine e realizou en 1983 un gran mural por encargo do concello de Madrid (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Nito Contreras, formou parte do grupo musical Folk Cantigas (1968-1971) e en 1971 trasladouse a Roma para finalizar os estudos de filosofía na Universitá Gregoriana onde se licenciou en 1973. Alí comezou a súa formación artística que o levou á práctica da pintura mural na que evolucionou desde a figuración á abstracción ata chegar a tridimensionalidade. Participou dalgúns dos grupos artísticos alternativos que se desenvolveron en Roma nos anos oitenta, como Magazzini Generali, e foi un dos fundadores da revista Altrimmagine (1986). A finais desa década interesouse pola creación escultórica despois de participar en Borderland (1988), o encontro de artistas europeos de Praga (1990) ou no proxecto itinerante Volkerwanderung, que percorreu os circuítos artísticos de Alemaña. A súa obra escultórica céntrase na creación de formas simbólicas, nas que emprega materiais industriais ou de refugallo, baseadas nas formas primitivas que toma da súa terra....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e xornalista. Licenciado en Teoloxía pola Universidad de Comillas e titulado en xornalismo (1967), traballou en publicacións periódicas, como Nuevo Diario e Chan. Colaborou na revista Spes e nos servizos informativos de TVE (1974), onde foi director do Centro de TVE en Galicia (1979) e responsable do programa “Gaceta cultural” (1981). Tradutor de textos clásicos e da obra de Escrivá de Balaguer Camino, publicou La España ausente (1971), Quién es quién en la Iglesia española (1978), A Comarca do Deza (1989) e Vila de Cruces: la tierra de Carbia (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. Catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa na Unversidade de Santiago de Compostela, dedícase ao estudo da cultura lusa e brasileira e á súa difusión en España. Elaborou numerosos estudos, traballos de investigación e traducións ao castelán de autores portugueses e brasileiros, como Torga e Bandeira. Da súa produción destacan Gramática portuguesa (1940), Espanha ante o Ultimatum (1975), A poesía portuguesa actual (1976), A língua e a cultura portuguesas no tempo dos Filipes (1988), Eça de Queirós: El mandarín (1990) e O que um falante de português deve saber acerca do galego (2002). Recibiu a Medalla Castelao (1995) e é doutora honoris causa pola Universidade de Lisboa (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor colombiano. Influído por Murillo, pintou naturezas mortas, retratos e sobre todo escenas relixiosas de gran formato.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. En 1535 viaxou a Nueva España e tres anos despois foi nomeado gobernador de Nueva Galicia. Descubriu o Gran Canón do Colorado e a súa desembocadura, explorou o val do Río Grande, e as chairas do O do Mississippi ata as Montañas Rochosas.
VER O DETALLE DO TERMO