Vázquez Contreras, Benito

Vázquez Contreras, Benito

Artista plástico. Coñecido como Nito Contreras, formou parte do grupo musical Folk Cantigas (1968-1971) e en 1971 trasladouse a Roma para finalizar os estudos de filosofía na Universitá Gregoriana onde se licenciou en 1973. Alí comezou a súa formación artística que o levou á práctica da pintura mural na que evolucionou desde a figuración á abstracción ata chegar a tridimensionalidade. Participou dalgúns dos grupos artísticos alternativos que se desenvolveron en Roma nos anos oitenta, como Magazzini Generali, e foi un dos fundadores da revista Altrimmagine (1986). A finais desa década interesouse pola creación escultórica despois de participar en Borderland (1988), o encontro de artistas europeos de Praga (1990) ou no proxecto itinerante Volkerwanderung, que percorreu os circuítos artísticos de Alemaña. A súa obra escultórica céntrase na creación de formas simbólicas, nas que emprega materiais industriais ou de refugallo, baseadas nas formas primitivas que toma da súa terra. Destacan Mar de Vigo (1985), Espazo crómlech (1994), Torre observatorio (1996), Nementon (1996) e Aliñación (2000).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Cartelle