"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • descarrilamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desencoraxar ou desencoraxarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación que consiste en desendurecer a auga. Adoita levarse a cabo mediante procedementos de intercambio iónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desenraizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desenrolar ou desenrolarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desentenderse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de desenterrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desentoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desentoar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separarse do ton adecuado unha voz ou un instrumento.

    2. Non estar alguén ou algunha cousa de acordo co contorno do que forma parte ou con algo co que ten relación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer saír do tobo a un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desentorpecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a torpeza a alguén.

    2. Facer que algo ou alguén que se desprazaba con dificultade o faga con vigor e soltura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desenvolver ou desenvolverse.

    2. Aplícase á persoa que ten desenvoltura.

    3. Relativo ou pertencente á desenvoltura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desenvolver ou desenvolverse.

      1. Operación que consiste en desenvolver sobre un mesmo plano os elementos sucesivos dunha superficie desenvolvible.

      2. desenvolvemento en serie

        Expresión dunha función real, de variable real ou complexa, f(x)∞ en termos dunha serie de funcións:


        FORMULA


        A lexitimidade desta igualdade depende da converxencia da sucesión de sumas parciais no dominio de definición de f(x). Úsase, xeralmente, no desenvolvemento en serie de potencias ou dunha serie enteira que resultan do teorema de Taylor; no caso de funcións periódicas úsase o desenvolvemento en serie de Fourier.

      1. Proceso no que se modifican as condicións das persoas, outorgándolles maiores posibilidades en materias como a educación, a sanidade, a seguridade alimentaria, o emprego ou os ingresos. O obxectivo final do desenvolvemento humano é a liberdade vital para o exercicio dos dereitos e o crecemento das capacidades, e, con frecuencia, vincúlase a unha mellora económica, que se reflicte nun aumento da renda total, así como nunha mellor distribución da mesma. Non obstante , o Cumio Mundial sobre Desenvolvemento Social (1995) recoñeceu que o mercado non é capaz de resolver por si mesmo os problemas sociais e que o desenvolvemento económico non proporciona automaticamente o pleno emprego, a educación, os servicios sanitarios ou a eliminación da pobreza. Así, os países que ocupan as primeiras posicións en función dos ingresos per cápita aparecen nos lugares máis baixos cando se clasifican segundo o índice de desenvolvemento humano. Así mesmo, obsérvanse marcadas diferencias nos países cando...

      2. desenvolvemento sostido

        Teoría pola que o crecemento económico, a mellora da calidade de vida e o benestar social se conseguen sen esgotar a base dos recursos naturais renovables na que se sustenta e sen deteriorar o medio ambiente, coa preservación do dereito das xeracións humanas futuras a empregar estes mesmos recursos. Ten como principios básicos a precaución ante accións que poidan ocasionar danos graves ou irreversibles sobre os recursos naturais renovables; a substitución dos esquemas de consumo tradicionais; a consideración da capacidade de carga dos ecosistemas para soportar as actividades humanas -o que contamina debe cargar cos custos da contaminación e os gastos para previr ou corrixir a deterioración que a contaminación produza, independentemente das sancións legais que lle correspondan-; e a consideración dos estudios de impacto ambiental como instrumentos básicos para a toma de decisións e para a planificación ambiental. O emprego dos recursos naturais debe ter un interese xeral e rexerse segundo...

      1. Conxunto de procesos que conducen á formación dun individuo completo a partir do óvulo fecundado. Este fenómeno comeza co desenvolvemento embrionario e remata no momento no que o individuo sae do ovo ou do corpo da nai. En moitas especies o fenómeno prolóngase durante certo tempo, que pode ser breve ou moi longo, ata que chega ao estado adulto ou á madureza sexual. O desenvolvemento contrólano o xenotipo e os factores ambientais.

      2. desenvolvemento embrionario

        Proceso que se manifesta no crecemento e maduración dos organismos vivos, no que a división e diferenciación celular converten o cigoto nun ser capaz de vivir libremente e por si mesmo. Nos vertebrados distínguense tres etapas: a segmentación ou división continua e sucesiva do cigoto, que orixina a blástula, e marca o principio da seguinte etapa; a gastrulación, durante a cal as follas embrionarias se colocan de maneira axeitada co fin de dar lugar á gástrula. A partir de aquí comezan a formarse os tecidos e os órganos gracias aos fenómenos da diferenciación e da organoxénese. A clase de división que ocorre durante a segmentación depende do tipo de cigoto; este proceso conduce á formación dunha masa compacta de células denominada mórula na que se orixina unha cavidade interna, o blastocele. O aspecto definitivo desta blástula condiciónao o tipo de óvulo orixinario e a cantidade de vitelo que este posúe, que, ao mesmo tempo, determina o tipo de gástrula...

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao lugar que non está habitado ou onde non hai ninguén.

      1. Rexión deshabitada pola poboación humana, xeralmente a causa das condicións adversas do medio natural, como poden ser o extremado rigor térmico (tanto nun sentido positivo como negativo), a escaseza das precipitacións e unha ausencia case total de fauna e flora. O termo engloba desertos fríos, coma o centrooriental de Islandia, desertos temperados, como os do mar de Aral, e desertos cálidos, como o do Sáhara. Os desertos cálidos e temperados (situados na zona intertropical, entre os 20° e os 35° de latitude N e S) caracterízanse por temperaturas extremas, cunha grande oscilación diaria e anual, un total de precipitacións anuais baixas (inferior a 200 mm), un réxime de circulación hidrográfica esporádico, unha vexetación moi pobre e, como consecuencia de todos estes factores, ausencia de solo. Ocupan preto dun terzo da superficie total das terras emerxidas. Os máis importantes do hemisferio Norte son o do Sáhara, o de Arabia, o do Turkestán e o do SO dos EE UU e N de México; menos importantes...

      2. deserto árido

        Deserto da zona intertropical caracterizado pola extrema sequidade atmosférica, provocada pola persistencia sobre as masas continentais de grandes células anticiclónicas. Os principais axentes da erosión son os contrastes térmicos e o vento. As dilatacións e contraccións que experimentan as rochas nun espazo de tempo breve por mor da grande oscilación térmica diúrna, acaban por esnaquizalas en anacos minúsculos. Os grans de area, transportados polos fortes ventos (que son tamén resultado desa intensa oscilación térmica diúrna), deposítanse en grandes formacións de dunas, que constitúen a imaxe máis difundida das áreas desérticas, aínda que non ocupan máis ca unha superficie minoritaria dentro do conxunto. A vexetación do deserto redúcese a especies que, como as ombrófitas e as xerófitas, tomaron, grazas a unhas adaptacións especiais, formas con capacidade para vivir nestas condicións adversas. As ombrófitas levan unha vida latente grazas á resistencia das sementes, que lles permite revivir,...

      3. deserto costeiro/peruano

        Deserto orixinado polas correntes mariñas frías que estabilizan as masas de aire ao entrar en contacto con elas e impedindo os movementos de convección e precipitación. Son desertos das latitudes medias e, polo xeral, das fachadas occidentais dos continentes, como os de Namibia, o Sáhara Occidental, California e Perú.

      4. deserto de abrigo

        Deserto situado a sotavento dunha gran cordilleira, de xeito que as masas de aire perden a súa humidade mentres ascenden pola vertente de barlovento (efecto Foehn) e provocan unha gran secura na rexión.

      5. deserto frío

        Deserto propio das zonas circumpolares e dos límites inferiores das neves perpetuas nas altas montañas. A formación vexetal propia destas áreas está composta por plantas perennes, herbáceas, caméfitas ou hemicriptófitos. Na Península Ibérica está representada nos cumios de maior altitude como o dos Pireneos e da Cordilleira Cantábrica.

      1. Aplícase á poxa, concurso ou premio ao que non concorre ninguén.

      2. Aplícase ao premio que non se adxudica porque non se presentaron aspirantes ou porque os presentados non posúen suficientes méritos.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen deserta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desfalecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disonancia coas correntes, as condicións ou as circunstancias do momento.

    2. Diferencia entre as fases instantáneas de dúas magnitudes periódicas da mesma frecuencia. Na corrente eléctrica alterna é frecuente a existencia dun desfasamento entre a intensidade e a diferenza de potencial. O ángulo que forman os vectores representativos de ditas magnitudes chámase ángulo de desfasamento e o seu coseno é o factor de potencia. Segundo o signo, fálase de avance de fase ou de retardo de fase.

    3. Diferencia de niveis tecnolóxicos entre dous espacios económicos, un atrasado con respecto ao outro, que se mide polos gastos efectuados na investigación e desenvolvemento en cada un deles.

    VER O DETALLE DO TERMO