desenvolvemento
(
-
s
m
Acción e efecto de desenvolver ou desenvolverse.
-
[MAT]
-
s
m
Operación que consiste en desenvolver sobre un mesmo plano os elementos sucesivos dunha superficie desenvolvible.
-
desenvolvemento en serie
Expresión dunha función real, de variable real ou complexa, f(x)∞ en termos dunha serie de funcións:
FORMULA
A lexitimidade desta igualdade depende da converxencia da sucesión de sumas parciais no dominio de definición de f(x). Úsase, xeralmente, no desenvolvemento en serie de potencias ou dunha serie enteira que resultan do teorema de Taylor; no caso de funcións periódicas úsase o desenvolvemento en serie de Fourier.
-
s
m
-
[ECON]
-
s
m
Proceso no que se modifican as condicións das persoas, outorgándolles maiores posibilidades en materias como a educación, a sanidade, a seguridade alimentaria, o emprego ou os ingresos. O obxectivo final do desenvolvemento humano é a liberdade vital para o exercicio dos dereitos e o crecemento das capacidades, e, con frecuencia, vincúlase a unha mellora económica, que se reflicte nun aumento da renda total, así como nunha mellor distribución da mesma. Non obstante , o Cumio Mundial sobre Desenvolvemento Social (1995) recoñeceu que o mercado non é capaz de resolver por si mesmo os problemas sociais e que o desenvolvemento económico non proporciona automaticamente o pleno emprego, a educación, os servicios sanitarios ou a eliminación da pobreza. Así, os países que ocupan as primeiras posicións en función dos ingresos per cápita aparecen nos lugares máis baixos cando se clasifican segundo o índice de desenvolvemento humano. Así mesmo, obsérvanse marcadas diferencias nos países cando se avalían por separado o desenvolvemento humano das minorías étnicas ou dos grupos indíxenas. O desenvolvemento humano necesita un marco político, xurídico e normativo orientado ao fortalecemento do estado de dereito, que permita aos poderes públicos garantir a protección dos dereitos políticos, civís e sociais, e dotar os cidadáns dos medios para esixir ao goberno o seu cumprimento. Neste sentido, o desenvolvemento humano e os dereitos humanos refórzanse mutuamente, ao garantir a dignidade das persoas e fomentar o respecto. Ademais, precisa tamén da participación dos cidadáns na definición das prioridades nacionais, baseadas nun amplo consenso social, para acadar os obxectivos de benestar. No último cuarto do s XX produciuse un avance no desenvolvemento humano en todas as rexións do mundo, entre as que destacan as melloras nos países de Asia oriental e do Pacífico, xunto cos estados árabes. Pero outras rexións, coma o S de Asia ou a África subsahariana, presentan uns niveis de pobreza humana e de ingresos moi altos, ademais dunha taxa de alfabetización moi baixa e unha esperanza de vida baixa, especialmente na África subsahariana. Na Declaración do Milenio (2000), aprobada polos xefes de Estado e de goberno reunidos na ONU, recoñeceuse unha listaxe de obxectivos para acadar o desenvolvemento na maior parte do mundo no 2015, entre os que destacan a erradicación da pobreza, a redución á metade da proporción de habitantes no mundo que pasan fame, a igualdade de xénero no acceso á educación, a diminución da mortalidade materna nas tres cuartas partes e da mortalidade infantil en dous tercios, a asistencia universal ao ciclo completo de ensino primario, a detención e redución da propagación da SIDA, do paludismo e doutras enfermidades, o acceso aos servicios de saúde reprodutiva a todos os que o desexen e unha ampliación nas estratexias nacionais a prol do desenvolvemento sostido cara ao 2005, para frear a diminución dos recursos ambientais. Dende que en 1990 se publicou o primeiro Informe sobre o Desenvolvemento Humano da ONU, apareceu recollido o Indice de Desenvolvemento Humano (IDH), cun indicador sumatorio que mide o progreso xeral dun país que está composto polos denominados indicadores básicos: o coñecemento, representado polo nivel de alfabetización adulta e o número medio de anos de escolaridade; a lonxevidade, representada pola media da esperanza de vida; e o nivel de vida, representado polo ingreso nacional per cápita ou pola paridade do poder adquisitivo do PIB.
-
desenvolvemento sostido
Teoría pola que o crecemento económico, a mellora da calidade de vida e o benestar social se conseguen sen esgotar a base dos recursos naturais renovables na que se sustenta e sen deteriorar o medio ambiente, coa preservación do dereito das xeracións humanas futuras a empregar estes mesmos recursos. Ten como principios básicos a precaución ante accións que poidan ocasionar danos graves ou irreversibles sobre os recursos naturais renovables; a substitución dos esquemas de consumo tradicionais; a consideración da capacidade de carga dos ecosistemas para soportar as actividades humanas -o que contamina debe cargar cos custos da contaminación e os gastos para previr ou corrixir a deterioración que a contaminación produza, independentemente das sancións legais que lle correspondan-; e a consideración dos estudios de impacto ambiental como instrumentos básicos para a toma de decisións e para a planificación ambiental. O emprego dos recursos naturais debe ter un interese xeral e rexerse segundo a orde de prioridades de usos sinalados pola lexislación de cada país. Nas accións para a protección e recuperación ambiental intervirán os estados, a sociedade civil, as comunidades, as organizacións non gobernamentais e o sector privado. En liñas xerais, o proceso de desenvolvemento económico e social do país orientarase segundo os principios universais contidos na declaración de Rio de Janeiro.
-
s
m
-
[BIOL]
-
s
m
Conxunto de procesos que conducen á formación dun individuo completo a partir do óvulo fecundado. Este fenómeno comeza co desenvolvemento embrionario e remata no momento no que o individuo sae do ovo ou do corpo da nai. En moitas especies o fenómeno prolóngase durante certo tempo, que pode ser breve ou moi longo, ata que chega ao estado adulto ou á madureza sexual. O desenvolvemento contrólano o xenotipo e os factores ambientais.
-
desenvolvemento embrionario
Proceso que se manifesta no crecemento e maduración dos organismos vivos, no que a división e diferenciación celular converten o cigoto nun ser capaz de vivir libremente e por si mesmo. Nos vertebrados distínguense tres etapas: a segmentación ou división continua e sucesiva do cigoto, que orixina a blástula, e marca o principio da seguinte etapa; a gastrulación, durante a cal as follas embrionarias se colocan de maneira axeitada co fin de dar lugar á gástrula. A partir de aquí comezan a formarse os tecidos e os órganos gracias aos fenómenos da diferenciación e da organoxénese. A clase de división que ocorre durante a segmentación depende do tipo de cigoto; este proceso conduce á formación dunha masa compacta de células denominada mórula na que se orixina unha cavidade interna, o blastocele. O aspecto definitivo desta blástula condiciónao o tipo de óvulo orixinario e a cantidade de vitelo que este posúe, que, ao mesmo tempo, determina o tipo de gástrula que se formará. O proceso máis sinxelo de gastrulación é o de invaxinación, no que o hemisferio vexetativo penetra no blastocele e forma o endoblasto, mentres que o ectoblasto queda fóra. A abertura que se produce na invaxinación constitúe o blastóporo e a cavidade que se orixina é o arquénteron. Finalizada a gastrulación, pódense observar diversos desprazamentos que determinan unha serie de territorios definidos no embrión, polo que comeza a terceira e a derradeira fase, a organoxénese. O embrión medra de xeito ostensible e diferéncianse os tecidos e os órganos necesarios para que o ser leve unha vida propia. Non todos os organismos pasan por esta fase de organoxénese; por exemplo, nos metazoos diblásticos o desenvolvemento detense no estado de gástrula e nos metazoos triblásticos fórmase unha capa de células entre dúas follas embrionarias, o mesoblasto e o mesoderma. As células desta capa sepáranse máis tarde e orixinan a cavidade xeral do corpo ou celoma, o esquizoceloma. A partir das tres follas embrionarias, ectoderma, endoderma e mesoderma, diferéncianse todos os tecidos e os órganos dos triblásticos.
-
desenvolvemento postembrionario
Proceso de diferenciación e de maduración que transforma o animal que acaba de nacer en adulto mediante unha serie de diferenciacións dos tecidos e dos órganos para chegar á madurez sexual. É directo ou indirecto, segundo o estadio que acada o individuo ao final da fase embrionaria. Presentan desenvolvemento directo os animais que despois dun longo período embrionario, durante o que consomen numerosas substancias de reserva, nacen con todos os caracteres morfolóxicos adultos, polo que só lles falta a madurez sexual. Os animais con óvulos pobres en vitelo nacen en forma de larva e necesitan un desenvolvemento indirecto, durante o que sofren unha serie de modificacións morfoxenéticas.
-
s
m
-
s
m
[TECNOL]
Relación das poleas (piñón e prato) que transmiten á roda a forza que imprimen as pedaladas dun ciclista. En función desa relación resulta a distancia que a bicicleta avanza con cada pedalada.
-
desenvolvemento curricular
[EDUC]
Fase do currículo que consiste en poñer en práctica as intencións educativas e o esquema para a acción didáctica do deseño curricular.
-
desenvolvemento da linguaxe
[PSIC]
Adquisición e desenvolvemento da linguaxe como consecuencia do desenvolvemento do sistema nervioso central.
-
desenvolvemento lingüístico
[LING]
Denominación inicial da planificación lingüística que, nos países en vías de desenvolvemento, se constitúe como un elemento máis da industrialización, modernización e desenvolvemento socioeconómico. Baséase en tres compoñentes fundamentais: sistema de escritura, unificación e modernización lingüística.