"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de servir ou servirse.
-
-
Traballo ou actividade de utilidade pública ou xeral.
-
Conxunto de traballos ou operacións que serven para un uso ou fin determinado.
-
servizo civil /
Prestación persoal obrigatoria para o cumprimento de finalidades de interese xeral, como a defensa nacional ou as suscitadas por circunstancias especiais.
-
servizo militar
Sistema de prestación persoal para nutrir os exércitos. En Europa, cando os estados nacionais non podían completar os seus exércitos mercenarios, recorrían ás levas ou ás quintas para conseguir soldados, que finalizou coa Revolución Francesa ao considerar o servizo militar unha obriga fundamental de todos os cidadáns. A finais do s XIX organizáronse os exércitos nacionais sobre a base do servizo obrigatorio e, nalgúns países, voluntarias para servir as colonias. Isto deu lugar a enormes exércitos que se enfrontaron na Primeira Guerra Mundial. As baixas que se produciron fixeron xurdir os primeiros movementos de oposición ao servizo militar. Tras a Segunda Guerra Mundial a obxección de conciencia alcanzou unha maior forza e foi recoñecida polas leis de moitos países. A fin da Guerra Fría e a tecnificación militar fixeron aconsellable profesionalizar os exércitos, con menos efectivos. Holanda e Bélxica aprobaron a supresión gradual do servizo obrigatorio en 1995, e seguíronos Francia e España...
-
servizo público
Servizo prestado de forma regular e continua pola administración directamente ou mediante concesións, para satisfacer as necesidades xerais públicas.
-
servizo social /
Cada unha das actividades e programas dedicados a mellorar o benestar de persoas e grupos mediante a articulación de diversos valores e intereses a través de complexos mecanismos políticos e administrativos. Os máis importantes son a educación, a seguridade social, a sanidade, a vivenda e, sobre todo, os servizos sociais en sentido específico, que comprenden as áreas de benestar da familia, da infancia e da terceira idade, intregación social de incapacitados físicos e psíquicos, prevención da delincuencia xuvenil, inserción social de marxinados, axuda aos emigrantes e desevolvemento comunitario.
-
servizo social da muller
Institución franquista creada en 1940 que obrigaba a todas as mulleres solteiras de máis de dezasete anos a unha prestación social. Comprendía tres meses de formación (relixiosa, política e doméstica) e tres meses de prestación ao servizo do Estado, normalmente en bibliotecas, hospitais ou tarefas administrativas. Continuación do servizo paramilitar organizado pola Sección Feminina da FET e das JONS (1937), foi abolido en 1978.
-
servizos auxiliares
Conxunto de tarefas secundarias dos corpos do exército, alleos ao servizo de armas e á instrución.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Servizo creado por Juan Negrín en marzo de 1939 para organizar os embarques cara a América (México, República Dominicana, Arxentina) dos españois refuxiados en Francia cando as forzas franquistas ocuparon Catalunya. Utilizou cartos que Negrín colocara en diferentes bancos franceses, belgas e suízos. Os comunistas tiveron un papel preponderante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
SEPRONA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1967 como resultado da transformación do Servicio Nacional do Trigo, constituído en 1937 en Burgos. O seu obxectivo era a ordenación da produción e a compra e distribución dos cereais mediante unha rede de silos. En 1971 substituíuse polo Servicio Nacional de Produtos Agrarios (SENPA), convertido en 1996 no Fondo de Garantía Agraria (FEGA).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1953 co nome de Servicio Nacional de Concentración Parcelaria. Mantivo este nome ata 1963. Os seus obxectivos pretenden superar o fraccionamento do campo español. En 1971 integrouse no Instituto de Reforma y Desarrollo Agrícola (IRYDA), substituído en 1996 pola Secretaría General de Desarrollo Rural y Conservación de la Natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Servocomando que nos vehículos automóbiles permite reducir o esforzo aplicado para accionar as rodas directrices mediante dispositivos hidráulicos ou pneumáticos que transmiten, aos elementos da dirección, unha forza moi superior á que fornece a árbore do volante. OBS: Tamén se denomina dirección asistida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga moeda romana que valía un cuarto de denario, que primeiro equivalía a dous ases e medio e despois a catro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en París o 15 de setembro de 1864 entre Francia e Italia, co fin de retirar de Roma as forzas francesas de ocupación que alí permanecían desde 1849. A cambio desta retirada, Italia avíñase a respectar a integridade dos Estados Pontificios e transfería a capitalidade de Turín a Florencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso por medio do que un ou máis xenes dunha bacteria son trasferidos ao ADN doutra bacteria no decurso dunha conxugación bacteriana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de España que comprende desde a revolución de setembro de 1868, en que foi derrocada Isabel II, ata a restauración dos Borbóns na persoa do seu fillo Afonso XII en 1874. A dialéctica política do Sexenio comprende tres fases; as xuntas revolucionarias e o goberno provisional, a monarquía constitucional de Amadeo I e a Primeira República Española.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sibilancia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Grecia, situada na costa setentrional do Peloponeso, preto de Corinto. Floreceu grazas á riqueza do seu solo e ás súas industrias da cerámica, do bronce e da pintura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luca Marineo.
-
-
Influencia atribuída aos astros sobre as cousas da Terra ou sobre a vida, a saúde e outras circunstancias das persoas.
-
Quebrantamento da saúde que sobrevén subitamente e sen causa aparente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colonización agrícola realizada desde 1767 no eixo determinado polo Camiño Real de Madrid a Andalucía, entre Despeñaperros e Bailén. O conxunto recibiu o nome de Nuevas Poblaciones de Sierra Morena, e o seu centro foi La Carolina. O núcleo inicial de colonos estaba formado por bávaros e suízos católicos, aos que se uniron cataláns, murcianos, valencianos e galegos. O seu financiamento efectuouse cos bens da Compañía de Xesús. A experiencia tivo éxito, e en 1770 había case 7.000 colonos en 15 vilas e 50 aldeas, e uns inicios de industrialización. O foro particular das Nuevas Poblaciones foi abolido de forma definitiva en 1835.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación creada en Villablino (León) en 1886 para fins educativos, baixo a dirección e criterios da ILE, chegando a desenvolverse unha das máis notables institucións educativas privadas do primeiro terzo do s XX. Xurdiu como resposta a unha conflitividade obreira, que se converteu na principal preocupación dos tratadistas da “cuestión social”. Representa unha solución reformista que transita polas opcións liberal e republicana e cristaliza no krausismo e institucionismo españois. A fundación impulsou, por vía familiar, tamén unha pequena escola primaria en Ribadeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inoculación de sífilis.
-
-
Acción e efecto de significar algo.
-
Aquilo que quere dicir ou significa unha palabra, un signo, un xesto ou outra cousa.
-
Importancia ou transcendencia de algo.
-
Límite que, no contraste de hipóteses, se establece para asegurar que a probabilidade de aceptar a hipótese, se é falsa, é menor que este límite.
-
Proba que, no contraste de hipóteses, se fai para decidir se os valores observados permiten rexeitar a hipótese nun nivel convido e cunha probabilidade axeitada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lucio Cornelio Sula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
División das palabras en sílabas tendo en conta os límites silábicos.