Sierra Morena, colonización de
Sierra Morena, colonización de
Colonización agrícola realizada desde 1767 no eixo determinado polo Camiño Real de Madrid a Andalucía, entre Despeñaperros e Bailén. O conxunto recibiu o nome de Nuevas Poblaciones de Sierra Morena, e o seu centro foi La Carolina. O núcleo inicial de colonos estaba formado por bávaros e suízos católicos, aos que se uniron cataláns, murcianos, valencianos e galegos. O seu financiamento efectuouse cos bens da Compañía de Xesús. A experiencia tivo éxito, e en 1770 había case 7.000 colonos en 15 vilas e 50 aldeas, e uns inicios de industrialización. O foro particular das Nuevas Poblaciones foi abolido de forma definitiva en 1835.