"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Compositor. Director do Conservatorio de París (1842) e mestre de capela de Napoleón III (1857), escribiu algunhas obras de música de cámara, pero distinguiuse sobre todo polas óperas cómicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou marquesa de Maintenon (Niort 1635 - Saint-Cyr 1719) Escritora e dama da corte de Luís XIV de Francia. Casada co poeta Scarron, tivo un salón moi célebre e encargóuselle a educación dos fillos do Rei e Madame de Montespan. Viúva, contraeu matrimonio morganático (1648) con Luís XIV. Exerceu unha grande influencia na política relixiosa do monarca. Os seus conceptos pedagóxicos, inspirados nun moralismo ríxido, están recollidos nas súas Lettres (Cartas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e filósofo occitano. Utilizou o nome latinizado de Joanis Aubrius. Profesou un lulismo exaltado. É autor dun tratado de Medicina titulado Le triomphe de l’archée et la merveille du monde (O triunfo do antigo e a marabilla do mundo, 1660?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Auckland, Nova Celandia (353.670 h [1996]). Está situada nun estreito istmo entre o golfo de Hauraki, ao NL, e o Manukau Harbour, ao SL. Fundada en 1840 polo gobernador William Hobson, chegou a ser a sede do goberno de Nova Celandia ata que foi substituída por Wellington no ano 1865.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Nova Celandia (5.201 km2; 1.077.205 h [1996]). A súa capital é Auckland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta inglés. Foi a personalidade máis influínte no grupo de poetas ingleses dos anos trinta formado por Day Lewis, Mac Neice, Spender, Lehmann e outros. A súa actividade correspondía ao chamado realismo histórico. A súa poesía, predominantemente intelectual, xurdida dun impulso ético e a miúdo satírica ten, sen embargo, momentos líricos profundos. O drama The Dance of Death (A danza da morte, 1933) e a colección de poemas Look, Stranger! (Mira, estrano! 1936) son as obras máis destacadas que publicou antes de establecerse nos EE UU. Posteriormente escribiu: Another Time (Outro Tempo, 1940), New Year Letter (Carta de Aninovo, 1941), For the Time Being (Para o tempo existente, 1945), The Age of Anxiety (A idade do desacougo, 1948), e os ensaios The Dyer’s Hand (A man da tinturería, 1963) e Epistles to a Godson (Epístolas a un afillado, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de gravadores, pintores e tapiceiros franceses dos ss XVII-XVIII. De entre os seus membros destacan: Claude II Audran (Lyon 1639 - París 1684), pintor e colaborador de Charles Lebrun na ornamentación do Louvre e de Versalles; Gerard II Audran (Lyon 1640 - París 1703), gravador de Luís XIV no taller dos Gobelinos, que realizou reproducións a buril con moita precisión e finura; Claude III Audran (Lyon 1658 - París 1734), pintor de arabescos que contribuíu en boa medida á creación do estilo ornamental do s XVIII e que traballou na decoración dos palacios reais; e Benoit II Audran (París 1698 - 1772), gravador, intérprete das obras de Watteau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz de cine francesa. O realizador Claude Chabrol, o seu marido desde 1964, dirixiuna en 19 películas. Traballou tamén en Le signe du Lion (O signo de León, 1959) de E. Rohmer e Le charme discret de la bourgeoisie (O encanto discreto da burguesía, 1972) de Luis Buñuel, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico austríaco da escola vienesa. Introduciu a percusión como método de exploración clínica, sistema que describiu na obra Inventum novum (Invento novo, 1761).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Auersperg. Escritor austríaco e político liberal, máis coñecido polo pseudónimo de Anastasius Grün. É autor de poemas satíricos contra Metternich como os do seu libro Spaziergänge eines wiener Poeten (Paseos dun poeta vienés, 1831).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e científico do Kazakhstán. É autor da novela Abaj (1942-1947), continuada por Put Abaj (Camiño de Abaj, 1952-1956), a través da que presenta un estudo detallado da segunda metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero insectívoro de costumes anfibios, duns 25 cm de lonxitude dos que arredor de 15 corresponden á cola. Posúe unha pequena trompa aplanada dorsoventralmente, rodeada de pelos e cun órgano especial no extremo, o órgano de Eimer, para detectar o movemento baixo a auga e, xa que logo, as posibles presas. Nas patas posteriores, máis desenvolvidas ca as dianteiras, ten unha membrana entre os dedos, fundamental para mergullarse. Segrega unha substancia semellante ao almiscre, que lle serve para impermeabilizar o pelame. Fai o niño en ocos naturais nas ribeiras dos ríos e aliméntase de pequenos crustáceos, moluscos, larvas de insectos e algún peixe de pequeno tamaño. É un endemismo ibérico e vive no terzo norte da Península Ibérica (principalmente Pireneos, Cordilleira Cantábrica e Galicia) onde prefire as partes altas dos cursos fluviais, de augas rápidas non contaminadas e fondos con grandes coios. A súa pel seca empregábase tradicionalmente como repelente da couza nos roupeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Neve que cae parcialmente derretida. OBS: Pódese empregar tamén a expresión auga de neve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral cantábrico, situada ao O da praia das Catedrais, na parroquia de Devesa (Ribadeo) no límite coa de Reinante (Barreiros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Allariz baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial románica dos ss XII-XIII situada no concello de Allariz. Foi construída polos regulares da Orde de Santo Agostiño co fin de gardar os restos de santa Mariña, filla dun gobernador romano da Limia. Trátase dun sinxelo edificio de tres naves, que cristianiza unha construción antiga (o forno da Santa Mariña), que rematan noutras tantas ábsidas semicirculares. O proxecto inicial da igrexa incluía unha cuberta de bóvedas cuadripartitas na nave central que non se chegaron a construír; a variación entre o proxecto inicial e o deseño actual foi posible debido a que a cabeceira se construíu, xunto cos muros perimetrais, antes ca o interior. Os arcos de acceso ás ábsidas son semicirculares, dobrados, cunha lixeirísima tendencia a apuntarse e de sección rectangular, apoiándose en columnas encaixadas mediante capiteis estilizados e no propio muro. Enriba do arco triunfal de cada capela ábrese un rosetón. Tanto os arcos forneiros como os feixóns son apuntados, dobrados e de sección...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rois baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal napoleónico. De orixe humilde, alistouse no exército revolucionario en 1792 e ao cabo dun ano ascendeu a xeneral. Loitou nos Pireneos Orientais contra os exércitos españois de Carlos IV (1793) e contra os austríacos en Italia (1796). Colaborou no golpe de estado do 18 de frutidor do ano V (4.8.1797). En 1804 Napoleón nomeouno mariscal e, en 1806, duque de Castiglione. En 1810, despois de tomar Girona, foi nomeado gobernador xeral de Catalunya (xaneiro-maio de 1810).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Desde 1888 dirixiu a revista Revolución Francesa e foi o iniciador da historiografía sobre a Revolución Francesa. Discrepou con Hippolyte de Taine. As súas teorías foron completadas por posteriores indagacións de Albert Mathiez. Escribiu Études et leçons sur la Révolution Française (Estudios e leccións sobre a Revolución Francesa, 1893-1924) e Histoire politique de la Révolution Française (Historia política da Revolución Francesa, 1901).

    VER O DETALLE DO TERMO