"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Lugar da parroquia de Campo, capital do concello de Trazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro naval e político. Catedrático de Construción Naval na Escola Politécnica Superior de Ferrol, especializouse en propulsión naval nuclear. Foi conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1982-1984) e deputado no Parlamento galego por AP (1981-1985; 1985-1989) e por Coalición Popular (1985-1989). Membro da Real Academia Galega de Ciencias, recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Medalla de Bronce de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático e pintor. Catedrático de Xeometría Diferencial, fundador do departamento de Matemáticas e primeiro decano da facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (1978), foi pioneiro da investigación en xeometría diferencial e da apertura ao exterior da matemática española. Como pintor preocupouse do home e da natureza, destacan Mujer con jarro de vino e Autorretrato (1976). Publicou, entre outras obras, Introdución a la geometría diferencial (1956) e Cálculo infinitesimal (1970). Primeiro presidente da Academia Galega de Ciencias, foi académico numerario da Real Academia Galega (1971). Recibiu o premio Alfonso X El Sabio (1948) do CSIC por Geométrica integral sobre las superficies curvas, e o premio da Real Academia de Ciencias de Madrid (1953) por Fundamentos de la geometría integral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral. Despois de actuar en diversas compañías de Andalucía e Madrid, recibiu unha bolsa do goberno alemán para formarse na RFA. En Ourense colaborou co grupo teatral Valle Inclán. Cofundador do grupo teatral Rúa Viva, participou nos espectáculos Os baralláns (1980), O cantar dos cantares (1983) e O saco das noces (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor. Formouse con J. Laguarta e nos Conservatorios Profesional de Pontevedra e Superiores de Vigo, A Coruña e Madrid, ata acadar o título de profesor superior de harmonía, contrapunto, composición e instrumentación. Director da Academia Municipal de música de Vilagarcía de Arousa, da súa produción destaca Variaciones para Orquesta, Op 1 (1993), Secuencias “Nocturno” (1995), Cantos y ritmos salvajes (1998), a orquestración da Sinfonía Africana Pangeia (1998), coa que se conmemorou en Portugal os 25 anos da independencia de Angola, Preludio y fuga (2001), Rondó Brillante (2003), Sinfonietta (2004) e Danza nº1 (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario que ten a súa orixe nos morgados fundados por García de Caamaño e os seus fillos: Rubiáns, Vista Alegre e Barrantes. Rodrigo de Mendoza Soutomaior e Caamaño, morgado de Vista Alegre e Barrantes, mercou a vila de Vilagarcía e Arealonga, coa súa xurisdición civil e militar. Un dos seus fillos, Mauro de Mendoza Soutomaior e Caamaño (1594-?), señor de Rubiáns, recibiu en 1644 as casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía, e en 1654 recibiu de Filipe IV o marquesado de Vilagarcía, co vizcondado de Barrantes. A morte sen sucesión do IV marqués (1781) abriu un preito sucesorio que se resolveu en 1815 en favor de Joaquín de Armesto Teixeiro, quen recibiu os títulos de Vilagarcía e Barrantes, e de José Ramón Ozores, quen recibiu o señorío de Rubiáns coa grandeza de España. O título continuo nos herdeiros de Joaquín ; Armesto Teixeiro, que adoptou o nome de Joaquín de Mendoza Soutomaior Armesto y Teixeiro , por imposición vincular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Xoán Degolado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervantes baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e profesor. Publicou, entre outras obras, El Recreo Artístico Guardés 1890-1939. Los 50 primeros años (1997), Sindicalismo no Baixo Miño (1930-1936). O predominio do agrarismo tomiñés (2002) e La presidencia del indiano puertorriqueño, Manuel Lomba Peña (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, ao L da lagoa de El Salobral (4.065 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (1.596 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Sevilla, Andalucía, ao SO da capital provincial (3.607 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en Los Pedroches, en Sierra Morena (1.725 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao NL da capital provincial, regado polo río Torío (9.772 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos de secaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e eclesiástico francés. Gran mestre da orde do Hospital (1307-1319), sucedeu o seu irmán Guillaume de Villaret , do que tomou o proxecto de conquistar a illa de Rodas e convertela no centro da orde (1308). Acusado de apropiación indebida de bens, tivo que dimitir (1319).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Carlos III en 1761, co vizcondado previo de Bustocirio, a Pedro de Alcántara Teijeiro de Valcarce e Enríquez de Cabrera (?-1790). A última posuídora legal do título foi Carolina Teijeiro Herrera-Dávila (1867-1934), V marquesa e condesa de Val de Aguila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao SO da capital provincial (2.323 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de cereais, viñas e oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi educado polo seu avó materno, Enrique II de Castela. Enrique III fíxoo mestre da orde de Calatrava (1404) e intitulouse marqués de Villena, título do que foi desposuído (1414), polo que se retirou a Iniesta. Home de gran cultura, tivo fama de bruxo polos seus estudos de alquimia e astroloxía, e mesmo escribiu un Tractado de aojamiento o fascinología. Á súa morte, Xoán II de Castela mandou queimar a súa biblioteca. Escribiu Arte de trovar (1433), Arte cisoria (1423?) e diversas traducións que o converten nun precursor do humanismo en España.

    VER O DETALLE DO TERMO