Vilagarcía, marquesado de
Título nobiliario que ten a súa orixe nos morgados fundados por García de Caamaño e os seus fillos: Rubiáns, Vista Alegre e Barrantes. Rodrigo de Mendoza Soutomaior e Caamaño, morgado de Vista Alegre e Barrantes, mercou a vila de Vilagarcía e Arealonga, coa súa xurisdición civil e militar. Un dos seus fillos, Mauro de Mendoza Soutomaior e Caamaño (1594-?), señor de Rubiáns, recibiu en 1644 as casas de Vista Alegre, Barrantes e Vilagarcía, e en 1654 recibiu de Filipe IV o marquesado de Vilagarcía, co vizcondado de Barrantes. A morte sen sucesión do IV marqués (1781) abriu un preito sucesorio que se resolveu en 1815 en favor de Joaquín de Armesto Teixeiro, quen recibiu os títulos de Vilagarcía e Barrantes, e de José Ramón Ozores, quen recibiu o señorío de Rubiáns coa grandeza de España. O título continuo nos herdeiros de Joaquín ; Armesto Teixeiro, que adoptou o nome de Joaquín de Mendoza Soutomaior Armesto y Teixeiro , por imposición vincular.