"ALE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2433.

  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1100 - 1118). Irmán e seguidor de Godofredo de Bouillon na Primeira Cruzada (1096), sostivo para si Edessa e fundou o condado do mesmo nome. Como Rei de Xerusalén conquistou Arsuz, Cesarea e, con axuda de flotas europeas, Acre (1104), Beirut (1110) e Sidón (1111). A súa autoridade foi recoñecida polos estados cristiáns xurdidos a raíz desta Primeira Cruzada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1118-1131). Participou na primeira cruzada cos seus curmáns Jofre de Boullion e Balduíno, a quen sucedeu. Foi rexente do Principado de Antioquía en circunstancias difíciles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1143-1162), fillo de Melisenda (filla de Balduíno II de Xerusalén) e de Foulques V de Xerusalén (1131-1143). En 1152 asumiu a rexencia do condado de Trípoli. En 1153 conquistou Ascalón. Resistiu os ataques de Nūr-al-Din. Casou con Teodora, sobriña do Emperador de Bizancio, pero non tiveron descendencia. Sucedeuno Amalrico I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Leproso (? 1160 - Xerusalén 1185) Rei de Xerusalén (1174-1185), fillo e sucesor de Amalrico I. Tivo como preceptor a Guillaume, arcebispo de Tir, e como rexente a Ramón III, conde de Trípoli. Opúxose á ofensiva de Saladino contra Siria e Palestina (1177 e 1182), pero non puido evitar que este rodease o Reino de Xerusalén grazas á unión de Siria e Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor norteamericano. Graduado no Lee Strasgberg Institute, comezou a súa carreira na serie de televisión The doctors (Os doutores) e na miniserie Uniforme Gris. Obtivo o premio de teatro World Theatre Award polo seu traballo en Loot, de Joe Orton. Traballou con directores coñecidos como Tim Burton, Oliver Stone e Jonathan Demme. Participou nos filmes Forever Lulu (Para sempre Lulu, 1986), Working Girls (Armas de muller, 1988), Malice (Malicia, 1993), Looking for Richard (Ollando para Richard, 1996), Ghosts of Mississippi (Pantasmas do Mississippi, 1997) e The Edge (O desafío, 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e dramaturgo. Convertido ao Protestantismo, foi perseguido e exiliado. Foi bispo de Ossory e de Canterbury. Escribiu para teatro moralidades á maneira medieval como Moses and Christ (Moisés e Xesús, 1548) e a primeira comedia histórica en inglés: King John (Rei Xoán, 1548). Tamén é o autor da obra biográfica Illustrium maioris Britanniae scriptorum Summarium (1548-1549).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramos finos empregados para varrer a eira logo de mallar os cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome aplicado aos cetáceos da suborde dos misticetos, especialmente os pertencentes á familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos; os da familia dos balenoptéridos denomínanse comunmente rorcuais ( rorcual). As baleas son mamíferos exclusivamente mariños que poden acadar ata os 30 m de lonxitude e un peso de 150.000 kg. As baleas típicas carecen de dentes, no seu lugar teñen unhas formacións córneas denominadas barbas, estas son unhas composicións de queratina que presentan unha forma triangular e colgan da mandíbula superior aloxándose na inferior. As barbas actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente crustáceos eufasiáceos coñecidos co nome de krill. Nadan coa boca aberta e, cando a pechan expulsan a auga coa axuda da lingua, de xeito que o alimento queda retido. Como todos os cetáceos e a diferenza dos peixes, as baleas teñen a cola disposta no plano horizontal, con dous espiráculos ou orificios nasais, situados...

    2. Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.

    3. Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.

    4. En Galicia existiron ata a década de 1980 tres factorías baleeiras, situadas en Cangas do Morrazo, Caneliñas de Cee e O Portiño de Morás en Xove, que se encargaban da súa pesca e da preparación dos produtos para a súa distribución no mercado. A carne, rica en proteínas, destinábase ao consumo humano e a graxa para a obtención de aceites.

    5. rorcual azul.

    6. rorcual común.

    7. Denominación que reciben certos cetáceos de gran tamaño e de cor branca como a beluga ou, como no caso da coñecida Moby Dick, cachalotes albinos.

    8. xibarte.

    9. Nome que reciben as baleas da familia dos balénidos que se caracterizan por ter a mandíbula inferior arqueada e non presentar aleta dorsal.

    10. Balea ártica de ata 20 m de lonxitude, con 250-350 barbas de ata 4 m de longo, manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades, e beizo inferior branco. É unha especie case que extinguida; a poboación do Océano Atlántico desapareceu no século XIX e sobrevive, en pequeno número, preto de Alasca e das illas Baffin.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Punta da península do Morrazo, na vertente setentrional da ría de Vigo, na parroquia de Darbo, concello de Cangas. A carón dela atópase o porto da Congorza, cunha antiga factoría baleeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constelación ecuatorial, localizada no Sur de Pisces. Atópase no seu interior Mira Ceti [o], primeira estrela variable coñecida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun alcume, que posiblemente faría referencia á gordura da persoa a quen se aplicaba. Documéntase xa no s XV: “Afonso Valea” (doc ano 1442 en C. de Azevedo Maia História do galego-português. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do século XII ao século XVI, 1986, p 109).

    2. Liñaxe oriúnda de Santa Marta de Ortigueira. Relacionados con esta caste están tamén os apelidos Balo, Baleira, Baleiro, Baleeira, Baleeiro, Baleato e Baleote. As súas armas levan, sobre ondas de azul e prata, unha balea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía profesional de teatro creada en Verín en 1993 por Xosé Luís Martínez Carnero. Entre os espectáculos realizados por esta agrupación cómpre sinalar: O auténtico oeste, sobre un texto de Sam Shepard, estreado en 1994 con dirección de Manuel Lourenzo; Dany e Roberta (1995), con dirección de Rodrigo Roel; Parella Aberta, a partir da peza homónima de Darío Fo, presentado en 1996 con dirección de Rodrigo Roel e O contrabaixo (1999), segundo un texto de Patrick Süskind e con dirección de Damián Contreras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de varrer coa balea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás Illes Balears ou aos seus habitantes. SIN: baleárico.

    2. Natural ou habitante das Illes Balears. SIN: baleárico.

    3. Pobo establecido nas illas de Mallorca e Menorca antes da chegada dos romanos, que perdurou, mesturado en maior ou menor medida cos novos habitantes, durante toda a Antigüidade. Foron chamados polos gregos γυμνηται ‘os que van espidos’. De orixe incerta, eran descendentes da poboación prehistórica das illas, de base étnica difícil de precisar sobre a que influíron elementos procedentes das restantes illas do Mediterráneo. A cultura dos baleares tense denominado cultura dos talaiots, desenvolvida grazas a importacións cartaxinesas, helenísticas e romanas. Os baleares vivían en poboados rudimentarios e o seu ritual funerario baseábase na inhumación, principalmente en covas. Na Antigüidade tiveron gran sona pola súa habilidade no uso da funda e formaron parte das tropas máis escollidas do exército cartaxinés nas Guerras de Sicilia e durante a Segunda Guerra Púnica.

    4. Denominación moderna aplicada ao conxunto do catalán insular, integrado polos dialectos mallorquino, menorquino e ibicenco.

    5. Dereito especial vixente nas Illes Balears recollido na Compilació del dret civil especial de Balears, aprobada por lei en 1991. As institucións de dereito civil da Compilació derivan do antigo dereito propio das Illes (dereito mallorquino, menorquino e ibicenco) e afectan principalmente ao réxime económico matrimonial, á sucesión testada e contractual e a algunhas peculiaridades en materia de dereitos reais, como por exemplo o censo e o alodio.

    6. Raza porcina de perfil lixeiramente cóncavo, cacheira voluminosa, fociño grande e orellas amplas, caídas e moi curtas. A súa pel e o seu pelo son de cor negra. Está considerada unha das mellores razas do Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arrer empregando a balea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sector do Mediterráneo occidental, en torno ás Illes Balears, comprendido entre a Península Ibérica, a costa setentrional do Magreb, as illas de Sardeña e Córsega e o litoral do golfo de Lyon, ao O de Toulon.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cruceiro da mariña de guerra española de 10.000 toneladas de desprazamento. Foi afundido o 6 de marzo de 1938 por barcos republicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome castelán da provincia das Illes Balears que foi o oficial ata setembro de 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana que abranguía o arquipélago das Balears, incluídas as illas Pitiusas. Foi creada a finais do s IV e incorporada ao Imperio Bizantino no 534.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos grúidos ao que pertence o grou sudafricano.

    VER O DETALLE DO TERMO