"BRE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 949.
-
PERSOEIRO
Pintor. Membro da misión de artistas franceses que promoveu Xoán VI, durante a súa estancia en Rio de Janeiro (1815-1831) contribuíu á creación da Academia de Belas-Artes e promoveu a primeira exposición de arte en Brasil en 1829. As súas obras reflectiron a sociedade brasileira. Ao regresar a París editou o libro de gravados Voyage pittoresque et historique au Brésil, ou Séjour d’un artiste français au Brésil (Viaxe pintoresca e histórica a Brasil, ou estancia dun artista francés en Brasil, 1834-1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e matemático francés. Estudiou na Université de Paris, onde se doutorou en 1956. Expoñente da teórica pura, fixou as súas liñas de reflexión no ámbito da teoría do valor, da análise do equilibrio xeral competitivo e dos desenvolvementos conexos. No ano 1983 outorgóuselle o Premio Nobel de Economía pola introdución de novos métodos de análise na teoría económica e por unha reformulación rigorosa do equilibrio xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de carácter obreirista editado en Vigo no ano 1913.
-
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Foi secretario vitalicio da sección de matemáticas da Académie des Sciences. No ano 1781 elaborou as primeiras táboas de efemérides do planeta Urano, ás que lles seguiron as do Sol, Saturno, Xúpiter e outros astros. Participou na medición do arco de meridiano comprendido entre Dunkerque e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Segundo unha inscrición, foi un dos autores do retablo maior da colexiata de Xunqueira de Ambía, no que empregou columna de balaústres, xunto co escultor flamengo Juanín, identificado por algúns historiadores con Cornielles de Holanda, e co pintor Pedro Bello.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona do delta do Ebro, considerada espazo protexido desde 1983 e ampliada no ano 1986, cando se constituíu en parque natural. Cunha superficie total de 7.736 ha, comprende un variado conxunto de medios húmidos, entre os que destacan as zonas salobres, as dunas, os carrizais e os lagos de auga doce. Unha gran parte deste medio natural substituíuse por cultivos de arroz que ademais de ocupar unha grande extensión, supoñen un perigo para a fauna do contorno, debido ao emprego masivo de biocidas para controlar os insectos que se alimentan da planta do arroz. No delta existen máis de 515 especies de plantas e máis de 260 de aves tendo, o Delta de l’Ebre especial importancia como rexufio de aves invernantes, ata un 10% das anátidas da Península Ibérica, entre as que destaca o pato cullerete, o pato asubiador e o alavanco
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona situado no delta do Ebro (10.157 h [1996]). A economía tradicional, ata a primeira metade do s XIX, estaba especializada principalmente no cultivo do arroz, o marisqueo e a gandería. Posteriormente, construíronse granxas avícolas e de gando bovino. A industria posúe escasa relevancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter obreirista que apareceu en Lugo, probablemente en decembro de 1973. Subtitulado “Órgao das Comisións Obreiras de Lugo”, contiña artigos de carácter político e analizaba a situación económica e laboral de diferentes empresas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Facer perder o cabreo.
-
Perder o cabreo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer que perda a nobreza algo ou alguén.
-
-
Facer desaparecer as tebras.
-
Levantar as tebras.
-
Deixar de estar escuro e con tebras.
-
-
PERSOEIRO
Bispo. Membro da congregación da Santísima Trindade, foi nomeado bispo de Mondoñedo o 26 de novembro de 1618. Na súa única visita á diocese celebráronse catro sínodos. Estableceu reparticións gratuítas de cera para a Candelaria e o pago dunha milicia para a defensa de Ribadeo contra os ingleses. No verán de 1630, Filipe IV promoveuno como bispo de Tui, aínda que non chegou a ocupar este cargo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Que é dúas veces maior en número ou intensidade.
-
Que contén dúas veces a medida normal.
-
Que ten capacidade para dúas persoas.
-
-
-
Que está formado por dúas cousas iguais ou da mesma especie.
-
Ficha, no xogo do dominó, que ten o mesmo número de puntos en cada un dos lados nos que se divide o anverso.
-
Aplícase ao composto, sal, óxido ou hidróxido, que se compoñen de dous metais ou radicais diferentes, como por exemplo, o fosfato (dobre) de amonio e de magnesio, ou o trióxido (dobre) de ferro (II) e de titanio.
-
dobre acusativo
Complemento, da sintaxe grega e latina, propio dos verbos que rexen dous complementos de obxecto, xeralmente un de persoa e outro de cousa. Por exemplo, en Doceo pueros litteras (Ensino as letras aos nenos), o verbo doceo rexe un complemento obxecto de persoa en acusativo (pueros) e un complemento obxecto de cousa en acusativo (litteras). O acusativo dobre tamén se empregaba en oracións nas que o complemento obxecto levaba un complemento predicativo, os dous en acusativo: Romani Ciceronem (complemento obxecto) patrem (predicativo) patriae appellaverunt (Os romanos chamaron a Cicerón pai da patria). En latín construíanse con dobre acusativo algúns verbos compostos da preposición trans-, nestes casos un dos acusativos era o complemento obxecto e outro un complemento de lugar: Exercitum (complemento obxecto) Ligerim (complemento de lugar) traducit (Fai cruzar ao exército o Loira).
-
dobre articulación
Dobre articulación.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode dobregar.
-
-
Facer inclinar unha cousa de xeito que perda a posición vertical.
-
Obrigar a alguén a que desista dun propósito ou idea e aceptar outros impostos.
-
Inclinarse algo ou alguén perdendo a verticalidade.
-
Ceder ou someterse ante alguén.
-
-
-
-
Feito de facer ou conseguir algo dúas veces.
-
Conxunto de dous triunfos que un deportista ou equipo acada en dúas probas distintas dunha mesma competición.
-
Feito de acadar un equipo deportivo na mesma tempada dous títulos oficiais, polo xeral os que se disputan no mesmo ámbito territorial con distintas fórmulas de competición, como, por exemplo, un campionato nacional de liga e outro de copa.
-
Representación de dous ou máis personaxes diferentes nunha mesma obra teatral, ou actuar ao tempo en dúas obras distintas.
-
Facer caer ou matar dúas pezas de dous tiros consecutivos de escopeta.
-
-
Cada unha das dúas solucións, xeralmente diferenciadas, que coexisten nunha lingua, a partir dunha única orixe etimolóxica. Nas linguas románicas trátase normalmente dunha palabra patrimonial e dun posterior préstamo culto do latín ou do grego (lat CATHĔDRA > cadeira [patrimonial] e cátedra [culta]). O dobrete pode ser sintáctico ou fonético, dependendo de se a alternancia das dúas solucións se debe ao contexto ou ao estilo. OBS: Tamén se denomina parellas léxicas.
-
-
Parella de estados estacionarios que teñen o mesmo momento angular orbital e o mesmo spin, pero que se diferencian no seu momento angular total e, polo tanto, na súa enerxía, polo que presentan diferentes axustes spin-órbita.
-
Parella de partículas fundamentais que teñen masas lixeiramente diferentes, cargas diferentes e o resto de características iguais.
-
...
-
-
-
-
Sinal que queda nunha cousa por onde se dobrou.
-
Parte dunha cousa que se dobra ou prega.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro dúplice que estivo situado en San Pedro de Donas (Boqueixón).
-
-
Relativo ou pertencente ao concello coruñés do Val do Dubra ou aos seus habitantes.
-
Relativo ou pertencente ao río Dubra.
-
Natural ou habitante do Val do Dubra.
-