"CISC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 605.
-
GALICIA
Gaiteiro. Coñecido como Farruco Paradela, está considerado un dos intérpretes de gaita máis importantes de Galicia. Formou parte de numerosas agrupacións musicais, entre elas a Coral Cantigas da Terra, en que permaneceu 25 anos. Levou a cabo diversas gravacións, das que destaca a realizada en 1950 xunto ao etnomusicólogo Alan Lomax e o gaiteiro Fernando Álvarez. Recibiu a medalla Marcial del Adalid (1960) do Concello da Coruña en recoñecemento á súa carreira musical.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prateiro. Das obras que realizou destacan as cruces procesionais de Santa Baia de Brens (Cee), Santa María de Olives (A Estrada) e Santa Cristina de Vinseiro (A Estrada).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e compositor. Desde moi novo exerceu a docencia musical en Lugo, onde entrou en contacto co folclore galego. As súas composicións entraron no repertorio de moitas corais galegas. Das súas obras destacan diversas composicións para canto e piano e as cancións “Malpocadiño...!”, con letra do poeta Alfonso de Vega e premiada en Lugo en 1949; “Desafío”, sobre textos de Xosé Trapero Pardo e galardoada no Certame Rexional de Santiago de Compostela de 1977; “Consello”, con letra de C. Sanmartín; e “O Merlo”, a nana “Do colo ao berce” e “Canta laberca!”, tamén baseadas en versos de Alfonso de Vega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano de orixe galega. Marchou como evanxelizador a América Latina e foi comisario do convento de Guatemala e visitador da provincia de Yucatán. Estudou as tres linguas da zona, cakchiquel, quiché e tzutuhil, e para poder escribilas creou cinco novos caracteres, que posteriormente foron adoptados por Domingo Vico e Francisco Morán nos seus traballos. Escribiu o manuscrito Vocabulario trilingüe guatemalteco de los tres principales idiomas: cakchiquel, quiché e tzutuhil.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio. Artista abstracto, utilizou para as súas obras a pedra, o granito e elementos metálicos. Inspirouse no mundo rural galego e na cultura castrexa para realizar obras de aparencia tosca. Destaca Guerreiro III e Machado IV. Obtivo, na Bienal de Pontevedra, o segundo premio en 1983, o primeiro premio ao ano seguinte e a medalla de bronce na edición de 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Membro dunha familia de ourives composteláns de orixe francesa, iniciouse co seu pai Claudio Pecul Montenegro e traballou cos seus irmáns Claudio, Xacobe, Xoán e Cristovo. De estilo neoclásico, realizou unha Inmaculada Concepción para o altar maior e unha Santa Tareixa para a capela das Reliquias, ambas na catedral de Santiago de Compostela. En 1799 nomeárono académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando onde obtivera en 1787 o premio de gravado en oco pola medalla La unción de David por Samuel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Farmacéutico. Estudou farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Especializado en sanidade ambiental e saúde pública, recibiu numerosos premios de investigación. Escribiu Salud ambiental (1989), Una política ambiental para Galicia (1993), Residuos ganaderos y medio ambiente (1996), Manual de saúde ambiental (1997) ou Medio ambiente y salud (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e sindicalista. Emigrante na Arxentina, traballou como obreiro e pintor. En 1912 afiliouse ao Partido Socialista e foi deputado no Congreso Nacional (1924, 1931, 1934 e 1942). Promoveu importantes reformas sociais como unha lei de previsión social para gráficos e xornalistas. A súa andaina como sindicalista comezou en 1916 cando fundou a Unión de Obreros y Empleados Municipales de Bos Aires (UOEM), da que foi secretario xeral a partir de 1919. En 1922 participou na creación da Unión Sindical Argentina (USA) e en 1926 promoveu a creación dunha Central Sindical. Desde 1935 participou nas tarefas directivas da Confederación General del Trabajo. A súa idea de formar unha central obreira latinoamericana culminou na creación da Confederación de Trabajadores de América Latina (CETAL), en 1938, e da que foi vicepresidente ata 1945. Durante os gobernos de J. D. Perón desenvolveu a súa actividade na clandestinidade. Participou na Organización Regional Interamericana del Trabajo (ORIT). Dirixiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Cultivou a paisaxe de estilo impresionista. Empregou pinceladas diferenciadas e soltas cunha paleta rica en verdes, carmíns e grises, que parecían fundirse entre elas, xunto con matices de cor. Nas súas obras dominou a frondosidade da vexetación e deixou entrever a escena principal do cadro. Destacan El valle (1949?), Paisaje de la Ría (1960?), El Barquero (1962?) e Feria de Otoño (1975?).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ceramista. Traballou na pintura e na música pero centrouse na cerámica co modelado de barro. A súa obra caracterizouse pola temática popular e a sinxeleza. Traballou con Maximino o Bolica e con Lelo de Beloi, co que aprendeu a técnica da cocción e a empregar os óxidos. Da súa produción destaca Nadal (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Comezou traballando nos obradoiros da Viúva e fillos de Riego. A partir de 1807 fíxose cargo dese mesmo obradoiro e comezou a editar a Gazeta de La Coruña (1808), un dos primeiros xornais da cidade, contrario ás tropas napoleónicas. En 1811 editou un folleto de Jovellanos dirixido aos españois.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e actor. Integrante das bandas de rock Kinindiolas ou Nicho Varullo, en 1989 ingresou na compañía Chévere, onde iniciou a súa carreira como compositor de música para teatro. Con Chévere realizou as comedias musicais Río Bravo (1991, Premio María Casares á mellor música 2003), Annus Horribilis (1995, Premio María Casares á mellor música e Premio da Crítica de Barcelona ao mellor espectáculo musical) e Resaca (1997). Tamén colaborou coas compañías Mofa e Befa, Ollomoltranvía e Trigo Limpo, para as que realizou as creacións musicais Memoriar (1998), Finis Mundi Circus (Premio María Casares á mellor música) e Queima do Xudas (2000-2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Paco Pestana, na súa produción interpreta, desde a provocación, o humor e a ironía, un mundo poboado de obxectos usados, mesturados con novas estruturas. Aproximouse ao surrealismo, ao organicismo e ao dadaísmo, e traballou a pedra, o ferro e a madeira en estado natural, combinados con pezas de metal e elementos cotiáns. Na súa temática identificouse co rural e buscou reflectir as culturas ancestrais e a esencia do home. Realizou Trabe de xuntura (1982), Relicario de amor e outros desazos (1983) e Réquiem por unha raposa (1992). Cultivou tamén a poesía e publicou El Parapeto (1995). Ten obra, entre outras, nas coleccións Caixa Galicia e Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, tradutor, editor e investigador teatral. Especializado na historiografía do teatro galego, foi director da colección “A Biblioteca do Arlequín” de Edicións Sotelo Blanco, participou na fundación da editorial Laiovento, da que é director, e promoveu a creación de publicacións especializadas de teatro como Don Saturio e Casahamlet, ou a colección Castrodouro-Teatro. Cofundou o Grupo de teatro O Facho (1965), a Escola Dramática Galega (1978), a compañía Luís Seoane (1980) e Elsinor Teatro (1990), onde desenvolve as máis diversas tarefas, normalmente asociadas á tradución de textos e á edición de todo tipo de materiais, dos que destaca a colección “Cadernos da Escola Dramática Galega”, con máis de cen títulos publicados, labor polo que recibiu en 1989 o Premio da Crítica; e os Cadernos da Sala Luís Seoane. Traduciu ao galego textos de Maquiavelo, S. Becket, M. de Ghelderode, A. Strindberg, A. Chekhov, E. Ionesco, Luís Seoane, F. García Lorca ou J. Genet, e é autor...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Foi director de La Voz de Galicia (1968-1977), onde publicaba a sección “Cabos sueltos”. Traballou en Radio Coruña e outros xornais nacionais e estranxeiros, e colaborou en diversas publicacións, como a Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista e compositor. Comezou na música moi novo e con doce anos publicou La primavera (1869) e deu o seu primeiro concerto. Dirixiu o quinteto da Reunión de Artesanos, foi profesor de piano e solfexo, e participou nas actividades do Círculo Bretón de los Herreros e da Sala Berea. Coñeceu a Marcial del Adalid, Andrés Gaos, Chané ou Canuto Berea, cos que mantivo unha intensa colaboración profesional. Das súas obras destacan Vals del año 1880 (1880), Pensamiento fúnebre (1897) ou Angelita (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. Cursou estudos eclesiásticos no Seminario Conciliar de Tui onde foi catedrático de Filosofía. Ordenouse presbítero en 1879 e licenciouse máis tarde en Teoloxía. Foi secretario particular do bispo Fernando Hüe Gutiérrez, Capelán de Honra de Súa Maxestade e predicador da súa Real Capela, e pertenceu ao Consejo de Vigilancia contra el Modernismo (1919). Colaborou en diferentes xornais e sobre todo en El Eco del Miño e está considerado como un dos fundadores de Integridad. Polo seu labor en Sevilla a propósito dunha epidemia recibiu a Gran Cruz de Beneficencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e guerrilleiro. Durante a Guerra da Independencia participou na Batalla de Pontesampaio e nas reconquistas de Vigo e Santiago de Compostela. En 1815 organizou un batallón que se enfrontou a J. Díaz Porlier e contribuíu á súa derrota. Nomeado cóengo de Tui, foi perseguido polos constitucionalistas e estivo recluído en Herbón en 1823.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Influído por Jorge Guillén e polo seu Cántico espiritual, iniciou a súa carreira como escritor nas revistas Meseta (1928) e A la nueva ventura, onde colaboraron algúns dos poetas máis destacados da vangarda española. Coas súas estadías en Francia (1931-1932) coñeceu a literatura francesa de vangarda e, principalmente, o surrealismo. Da súa obra cómpre salientar El pájaro y los muros (1955), Alegría (1964), Via Crucis (1967) e Claro decir (2002). Recibiu o Premio Castilla y León de las Letras (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Membro dunha familia de fidalgos empobrecida, en 1502 viaxou ás Indias con Nicolás de Ovando. Foi lugartenente de Alfonso de Ojeda e de Vasco Núñez de Balboa, e alcalde de Panamá (1522). Enriquecido, uniu a súa fortuna á de Diego de Almagro para intentar unha expedición a Perú. Marchou a Castela onde conseguiu, polas capitulacións de Toledo, o nomeamento de gobernador, capitán xeneral e adiantado das novas terras. En 1531, iniciou con Almagro a conquista de Perú con 180 homes, aproveitando a guerra civil que dividía o Imperio Inca. Ocupou Cajamarca e, aliado coa nobreza inca de Cuzco, completou a conquista de Perú e fundou a cidade de Los Reyes o Lima á beira do río Rímac (1535). Estendeu os seus dominios cara a Ecuador, mentres Almagro se dirixía cara a Chile. A disputa de Cuzco fixo estalar a primeira guerra civil entre ambos os dous sectores, ata que venceu a Almagro en Salinas (1538). Mentres comezaba a colonización do país, os almagristas asasinárono, o que desencadeou...
VER O DETALLE DO TERMO