"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • Plan pedagóxigo redactado por Vicente Risco a petición da III Asemblea Nazonalista Galega, celebrada en Vigo. O Plan, na óptica da escola nova no tocante ás súas propostas, establecía sete apartados: a) o edificio escolar, que bebe cumprir unhas condicións hixiénicas, pedagóxicas, estéticas e educativas adecuadas;   b) a ordenación do interior dos centros, en que defende unha aula ampla, luminosa e funcional; c) a vida escolar, que debe respectar a personalidade e o carácter de seu do neno; d) os profesores, que deben estar comprometidos co país e usar o galego na escola; e) os métodos de ensino, baseados na escola nova; f) o galego na escola, en que se prioriza a presenza ou ensino en galego para facilitar e optimizar a aprendizaxe; e f) o ensino da cultura galega nas escolas, en que se debe incluír no programa de estudos disciplinas referentes a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Moialde (Vilardevós). O seu cumio acada os 880 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos enzimas responsables do escurecemento oxidativo enzimático das froitas e dos seus derivados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima que hidroliza un enlace peptídico dun polipéptido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Obra de Domingos Antonio de Andrade, está realizada en cantaría de granito e cuberta con tellas. Ten tres plantas e a fachada está enmarcada por dúas grandes pilastras. Na planta baixa ábrense tres arcos de medio punto sobre columnas formando soportais. Destaca a decoración das pilastras: dunha vieira nace unha sarta de froitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Medeiros (Monterrei). O seu cumio acada os 628 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Chamoselo en Vilavella (As Pontes de García Rodríguez). Coñecida como a ponte romana, construíuse no s XIII e ten un só van de xisto. Sitúase no antigo camiño a Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nas Pontes de García Rodríguez. Datada entre os ss XVI-XVIII, ten planta rectangular e tres naves cunha sancristía engadida no lado sur. As capelas laterais cóbrense con bóveda de cruzaría e a central cunha bóveda estrelada. A fachada ten unha porta arquitrabada con ventás rectangulares e circulares, e está enmarcada baixo un frontón partido coa imaxe da Virxe. Destaca a torre-campanario (1759) formada por dous corpos e rematada nunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conca terciaria formada pola existencia de bloques afundidos por onde discorre o río Eume sen encaixarse. Está recuberta por sedimentos cuaternarios formados por mantos detríticos e aluvións ao redor do río. Na conca altérnanse leitos de lignito e arxilas. É a reserva de lignitos máis importante de Galicia, e está en relación con outra máis pequena, a depresión de Roupar, de margas verdosas depositadas no Terciario e posteriormente fosilizadas. Nela sitúase a Central Térmica de Endesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Veigas de Camba (Vilariño de Conso). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde de cabalaría creada en 1202 para comandar a expedición contra o campesiñado pagán de Livonia e Letonia. Fusionouse coa orde Teutónica en 1237 e decaeu con ela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena bolsa ou carteira onde se gardan ou levan moedas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Pantano creado coa construción dunha presa sobre o leito do río Camba. Abrangue unha superficie de 1.170 ha, entre os concellos de Vilariño de Conso e Castrelo do Val.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Pena Petada (A Pobra de Trives) e Parada Seca (Chandrexa de Queixa). O seu cumio acada os 1.270 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lobios, no concello homónimo. O seu cumio acada os 780 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Noceda (As Nogais). O seu cumio acada os 813 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en Sierra Morena (7.077 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría porcina e nas industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Misiones, Arxentina, na rexión Litoral, situada na beira esquerda do río Paraná (219.824 h [1991]). É porto fluvial e centro comercial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De familia galega, foi beatificado en 1818. Escribiu Ladridos evangélicos del perro dados a la nobilísima ciudad de Córdoba (1696), Triunfo de la castidad contra la lujuria diabólica de Molinos (1698), e Vida del glorioso Padre y Patriarca Santo Domingo de Guzmán, fundador de la Orden de los Predicadores (1701).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘banco (de facer as tellas)’.

    VER O DETALLE DO TERMO