Plan Pedagóxico pr’a Galeguizazón das Escolas

Plan Pedagóxico pr’a Galeguizazón das Escolas

Plan pedagóxigo redactado por Vicente Risco a petición da III Asemblea Nazonalista Galega, celebrada en Vigo. O Plan, na óptica da escola nova no tocante ás súas propostas, establecía sete apartados: a) o edificio escolar, que bebe cumprir unhas condicións hixiénicas, pedagóxicas, estéticas e educativas adecuadas;   b) a ordenación do interior dos centros, en que defende unha aula ampla, luminosa e funcional; c) a vida escolar, que debe respectar a personalidade e o carácter de seu do neno; d) os profesores, que deben estar comprometidos co país e usar o galego na escola; e) os métodos de ensino, baseados na escola nova; f) o galego na escola, en que se prioriza a presenza ou ensino en galego para facilitar e optimizar a aprendizaxe; e f) o ensino da cultura galega nas escolas, en que se debe incluír no programa de estudos disciplinas referentes a Galicia.