"Ede" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 837.

  • PERSOEIRO

    Químico e mineraloxista francés. No 1887, xunto con J. M. Crafts, descubriu o uso do cloruro de aluminio en reaccións de síntese de homólogos do benceno, coñecida como reacción de Friedel e Crafts.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicepresidente provincial do Instituto Nacional de Previsión, foi alcalde de Verín de 1942 a 1953, procurador en Cortes dos municipios de Ourense entre 1946 e 1953, e vicepresidente da Deputación provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. En 1573 trasladouse a Flandres como conselleiro de Luis de Requesens. Propugnou a tradución da Biblia ás linguas vernáculas polo que as súas obras foron prohibidas no Concilio de Trento. Da súa produción destaca Institutiones rhetoricarum libri tres (1554), Bononia sive de libris sacris in vernaculam linguam convertendis (1556) e Concejo y consejeros del príncipe (1559).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico político editado en Santiago de Compostela a partir do 4 de xullo de 1931. Cesou probablemente o 3 de setembro de 1932 (nº 4). Subtitulouse “Órgano del Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Nós. Na súa redacción participaron Ezequiel Rey, Victoriano Marcos e Xesús Pose. Nas súas páxinas defendeu un modelo federalista para España e a aprobación do Estatuto de Autonomía para Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe troiano, fillo do Rei Tros de Ilión e descendente de Dárdano. Cando era adolescente dedicábase a pastorear os rabaños de seu pai nas montañas que arrodean Troia; pero o mesmo Zeus, levado pola beleza do rapaz, raptouno e levouno ao Olimpo, onde exerceu de copeiro escanciando o néctar na copa do deus máis poderoso. A cambio Zeus ofreceulle a Tros dous cabalos divinos e unha viña dourada, obra de Hefesto, e aseguroulle que o seu fillo obtivera a inmortalidade. Segundo as versións da lenda, quen raptou o mozo foi o propio Zeus -ben na súa propia figura ou metamorfoseado en aguia- ou a súa aguia; foi precisamente esta ave a que se transformaría en constelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Satélite galileano de Xúpiter, descuberto por Galileo en 1610. O seu diámetro é de 5.256 km, polo que é o satélite máis grande do sistema solar; o seu raio orbital é de 1.070´103 km e ten unha masa 2,2 veces superior á da Lúa. O período de rotación, de 7,15 días, coincide co de revolución arredor de Xúpiter; é, polo tanto, un caso de rotación capturada, como o da Lúa. É moi probable que Ganimedes teña atmosfera. Suponse que a codia superficial está formada sobre todo por xeo, e que as zonas máis escuras que mostran as fotografías transmitidas polas sondas Voyager corresponden ás rexións máis antigas desta codia. Ten unhas rexións poligonais moi densamente poboadas con cráteres que lle dan un aspecto xeral semellante ao que presenta a Lúa, e tamén unhas rexións máis novas que presentan complexas redes de bandas lineais, estreitas e brillantes, de trazo irregular, que medran e se bifurcan en todas as direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid (1952). As súas primeiras obras mostran a influencia do racionalismo, como o Panteón de los Españoles en Roma (1957). Traballou con J. A. Corrales e R. Vázquez Molezún. Entre as súas obras destacan o edificio de oficinas do Banco de Granada no Cantón Grande da Coruña (1979), o Auditorio Manuel de Falla de Granada (1974-1978) e o Auditorio Nacional de Madrid (1982-1988). Recibiu o Premio Nacional de Arquitectura en 1956 polo colexio maior Santo Tomás de Aquino da cidade universitaria de Madrid, realizado con R. de la Hoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Licenciado en Dereito, viviu na madrileña Residencia de Estudiantes, onde contactou coa elite literaria e intelectual dos anos vinte e pertenceu ao grupo de poetas vinculados á Xeración de 1927. No bienio de 1929-1930 visitou EE UU e Cuba e no período 1933-1934 estivo en Arxentina e Uruguay. Republicano e intelectual de esquerdas, foi asasinado en 1936, ao pouco de comezar a Guerra Civil española. Como poeta iniciou a súa traxectoria en 1921 con Libro de poemas, ao que seguiron Canciones (1927), Poemas del cante jondo e Primer romancero gitano (1928). Posteriores son Llanto por Ignacio Sánchez Mejías (1935) e Seis poemas galegos (1935). Con carácter póstumo apareceron Diván del Tamarit e Poeta en Nueva York, ambos os dous publicados en 1940. Máis serodia aínda foi a publicación dos Sonetos del amor oscuro. No terreo teatral é autor de dous dramas modernistas, El maleficio de la mariposa (1920)...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Subdirector do Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da Consellería de Cultura, Comunicación e Turismo dende 1998, foi arquitecto da Comisión de Patrimonio da Cidade e Camiño de Santiago. Dende 1992 traballou en diversos proxectos de restauración arquitectónica, entre os que destacan, a capela do Ciprés en Samos, o edificio multiusos e a antiga central eléctrica da illa de San Simón e a torre da Caldaloba. Coordinou, entre outros estudios, As Catedrais de Galicia. Descrición Gráfica (1999). Recibiu o primeiro premio do concurso para a construción da Escola de Acuicultura da Illa de Arousa en colaboración con P. Campos e A. Casares (1989), e o Premio Europa Nostra polos traballos de restauración da catedral de Santiago de Compostela, dos que foi coordinador (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e político. Militante do PSdeG-PSOE desde 1977, foi deputado por Lugo no Parlamento de Galicia na I, II, III e IV lexislaturas (1981-1997). Alcalde de Monterroso desde xullo de 1999. Publicou O entroido de Casa de Naia (1992) e Os muíños de auga na Ulloa (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece a Rómulo de Carvalho, poeta, profesor de química e investigador de historia das ciencias. Entre o rigor científico e un certo gusto polo popular, a súa poesía tende ao compromiso social. Das súas obras cabe destacar: Movimento perpétuo (1956), Teatro do mundo (1958), Máquina de fogo (1961), Poema para Galileu (1964), Linhas de Força (1967), Poesias Completas (1969) e A Poltrona e Outras Novelas (1973). En 1983 publicáronse os seus Poemas póstumos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Caudillo israelita. Reuniu as tribos do centro e do N de Palestina para defendelos das incursións madianitas, pero non triunfou no intento de transformar a confederación nun estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. En Italia Wilhelm von Plüschow e Giovanni Crupi ensináronlle a aplicación da fotografía de paisaxes e de escenas típicas en tarxetas postais. Dende 1890 dedicouse a fotografar corpos nus inspirados na Antigüidade. As súas imaxes, baseadas na Arcadia e Homero, tentaban escenificar unha vida ideal, achegada ao culto andróxino. Os seus traballos foron destruídos durante a ditadura de B. Mussolini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexicógrafo. Foi autor dun Ditionnaire de l’ancienne langue française et de tous ses dialectes du IXe au XVe siècle (1880-1902, 10 vols), con moita documentación. Escribiu tamén unha extensa historia da literatura francesa (1859-1867) e diversos tratados de carácter relixioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pianista. Exerceu como catedrática de Piano no Conservatorio da Coruña, bibliotecaria-conservadora da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e académica numeraria da sección de música e membro do Instituto José Cornide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Liberia (17.029 km2; 109.000 h [estim 1986]). A capital é Zwedru (6.094 h [1974].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño. Ingresou na Armada española en 1775 e participou nos sitios de Xibraltar (1779), na reconquista de Menorca (1781) e na expedición contra Alxer (1783). Comandante no 1784, foi promovido a xefe de escuadra (1792) e interveu na toma e evacuación de Toulon xunto cos británicos (1793-1794). Dirixiu a escuadra de Cádiz desde 1805 como tenente xeneral, despois da declaración de guerra ao Reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Formouse co pintor catalán J. Marcé. As súas primeiras obras, principalmente paisaxes, caracterizáronse polo emprego de tons puros, planos e intensos, ás veces impresionistas. Desde 1994 cobrou máis importancia o elemento en particular, sobre o conxunto da paisaxe, e a cor, que se converteu na protagonista do lenzo. Empregou os tons intensos e rechamantes, azuis, vermellos, amarelos, verdes ou morados. Realizou exposicións en Galicia, Catalunya e Portugal, e participou, entre outras mostras colectivas, na IX e X Mostra de Pintura e Escultura do Morrazo (2001-2002), no 38 Certamen de Artes Plásticas San Isidro (Madrid, 2001) e na Feria de Arte Independente de Madrid (2002). Recibiu, entre outros galardóns, o I Premi Surrealisme Federació Internacional d’Artistes Plàstiques (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Autora das series Mass+ó e EN CLAVE DE FA los, protagonizada polos faros das costas galegas, realizou a súa primeira exposición individual en Vigo (1988) e desde entón expuxo en Cangas, Ponteareas, Moaña e Madrid. Entre outras mostras colectivas participou na Bienal Novos Valores de Pontevedra (1985 e 1989) e en diversas convocatorias de Arte no Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor, actor e director teatral venezolano. Formouse no teatro independente ourensán e no Institut del Teatre de Barcelona. Despois de participar en Histrión 70 e no Grupo Auriense, creou en 1982 a compañía Caritel, coa que realizou os seus primeiros traballos de dirección, como Esto non é serio señores (1984) ou Ollo ao piollo King-Kong (1985). Realizou diversos traballos de dramaturxia, algúns deles con teatro do Noroeste e co Centro Dramático Galego, do que é director desde 1990, e co que realizou diversos espectáculos como Nin me abandonarás nunca, sobre textos de X. Posada Curros; O bufón d’El Rei, de V. Risco; Calígula, de A. Camus; ou O colaborador, de F. Dürrenmatt. Co Centro Dramático Nacional dirixiu Os vellos non deben de namorarse.

    VER O DETALLE DO TERMO