Ganimedes

Ganimedes
[MIT]

Heroe troiano, fillo do Rei Tros de Ilión e descendente de Dárdano. Cando era adolescente dedicábase a pastorear os rabaños de seu pai nas montañas que arrodean Troia; pero o mesmo Zeus, levado pola beleza do rapaz, raptouno e levouno ao Olimpo, onde exerceu de copeiro escanciando o néctar na copa do deus máis poderoso. A cambio Zeus ofreceulle a Tros dous cabalos divinos e unha viña dourada, obra de Hefesto, e aseguroulle que o seu fillo obtivera a inmortalidade. Segundo as versións da lenda, quen raptou o mozo foi o propio Zeus -ben na súa propia figura ou metamorfoseado en aguia- ou a súa aguia; foi precisamente esta ave a que se transformaría en constelación.

Palabras veciñas

gangsterismo | Gangtok | gánguil | Ganimedes | Ganimedes | ganir | Ganivet García, Ángel