"Far" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 541.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chorro de auga ou de calquera outro líquido que sae con forza e abundantemente.
-
GALICIA
Escritor. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1969 publicou De rodillas, o seu primeiro poemario. Colaborou en distintas publicacións e recibiu varios premios poéticos e xornalísticos. Da súa produción destaca As labaradas da lembranza (1996), Matria da néboa (1997), Alba plena do alén (1997), Os ciclóns do sino (1997), Ofertorio de solpores (1999), Pasos cara á alba (2000) e Alén do lume (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Representar algunha cousa nun gráfico.
-
Dar forma escrita a algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura similar a unha lingua, situada na cavidade bucal dos artrópodos, e na base da que se abre o coduto salival.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obter un holograma dun obxecto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen sufriu un infarto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Necrose que se localiza nunha porción do parénquima e que se debe xeralmente a unha falta de irrigación por embolia ou obliteración brusca da arteria ou das arterias correspondentes e, máis raramente, é producida pola oclusión da vea que drena o sangue. O infarto do miocardio é xeralmente consecuencia dunha trombose da coronaria esquerda, case sempre a causa da existencia previa dunha arteriosclerose. O infarto cerebral é consecuencia dunha trombose ou embolia dunha arteria cerebral por causas como a arteriosclerose e as doenzas de orixe cardíaca que producen émbolos. O infarto intestinal é unha obliteración dun vaso arterial ou venoso que irriga unha ou diversas asas intestinais. O infarto pulmonar é orixinado por unha embolia da arteria pulmonar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cártel que as grandes empresas químicas alemanas constituíron en 1925 para afrontar a grave crise económica. Converteuse nunha potencia internacional, grazas ao labor de investigación que permitiu avances técnicos importantes na industria química mundial. Rematada a Segunda Guerra Mundial, dividiuse e deu lugar a tres grandes sociedades: Basf, Bayer e Hoechst.
-
PERSOEIRO
Duquesa de Parma e raíña consorte de España. Casou en 1714 con Filipe V. Interveu de forma activa na política do monarca sobre Italia, onde conseguiu para o seu fillo Carlos o título de rei de Nápoles, e para o seu fillo Filipe o Ducado de Parma. Foi rexente ata que chegou o seu fillo Carlos de Nápoles (1759).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e historiador italiano. Participou nos motíns sicilianos de 1837 e despois da Revolución de 1848 formou parte do goberno provisional. Exiliado en Francia e Turín, integrouse no proxecto unificador de Cavour e foi secretario da Sociedade Nacional (1857). En 1860 foi membro do Consello de Estado e deputado do Parlamento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Estudiou en Francia e foi expulsado do país polas súas actividades políticas. Refuxiouse en Inglaterra onde coñeceu a Karl Marx e casou coa súa filla. Adheriuse á Primeira Internacional e participou na Comuna de París. Trasladouse a España seguindo as indicacións de Marx e fomentou o movemento socialista español xunto con Paulo Iglesias. En 1882 volveu a Francia e fundou o Partido Obreiro Francés con Guesdes (1885). Deputado (1885-1893), foi un dos fundadores da Segunda Internacional (1889).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
lapar.
-
PERSOEIRO
Escritor. Militante do occitanismo, a súa poesía, desde Cap de l’aiga (1952), tivo un papel destacado na actualización da expresión literaria en lingua de oc, o que se confirmou en Cor prendre (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novela cabaleiresca castelá anónima, da primeira metade do s XIV, editada en 1512. Narra as aventuras de Cifar, da súa muller, Grima, e dos seus fillos, Garfín e Roboán. Manifesta, entre outras, influencias orientais, latinas, da lenda de santo Eustaquio, da materia de Bretaña e das Partidas.
-
PERSOEIRO
Bairalín e coreógrafo ucraíno. Formou parte (1923-1929) dos Ballets Rusos de D’agilev e máis tarde foi primeiro bailarín da Ópera de París. En 1945 fundou o Nouveau Ballet de Montecarlo. Foi autor da coreografía de máis de 200 ballets e de libros como La danse (1938) ou Giselle (1942).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Northumbria, Inglaterra. Foi un importante centro cultural e relixioso, cunha importante escola de copistas na que se crearon formas propias de filigrana, animais e plantas, entre as que destaca Evanxeliario de Lindisfarne. No s X a comunidade trasladouse a Durham.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reproducir por medio da litografía.
-
PERSOEIRO
Relixioso dominicano. Tomou o hábito no convento de San Esteban de Salamanca en 1751 para despois dedicarse á predicación nos conventos da súa orde en San Sadurniño, Tui, Santiago de Compostela e Viveiro, polo que en 1778 acadou o título de predicador xeral da súa orde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Dirixiu a Royal Academy of Music de Londres e a orquestra do Covent Garden. Compuxo óperas (Don Quixote, 1846), sinfonías, oberturas, oratorios, cantatas e música coral.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e guionista. Foi autor de novelas de serie negra e libros infantís. Escribiu guións de cómics e de películas como Estoy en crisis (1982), El caballero del Dragón (1985) e Barcelona Connection (1987), e dirixiu a película Sauna (1989). Para televisión traballou nos guións das series Crónica negra e Pájaro en una tormenta. Destacan as súas obras Aprende y calla (1979), Infern forestal (1987), Flanagan Blues Band (1997) e Los vampiros no creen en Flanagans (2003).
VER O DETALLE DO TERMO