infarto

infarto

(< lat infartu, p p deinfarcio ‘reencher’)

s m [PAT]

Necrose que se localiza nunha porción do parénquima e que se debe xeralmente a unha falta de irrigación por embolia ou obliteración brusca da arteria ou das arterias correspondentes e, máis raramente, é producida pola oclusión da vea que drena o sangue. O infarto do miocardio é xeralmente consecuencia dunha trombose da coronaria esquerda, case sempre a causa da existencia previa dunha arteriosclerose. O infarto cerebral é consecuencia dunha trombose ou embolia dunha arteria cerebral por causas como a arteriosclerose e as doenzas de orixe cardíaca que producen émbolos. O infarto intestinal é unha obliteración dun vaso arterial ou venoso que irriga unha ou diversas asas intestinais. O infarto pulmonar é orixinado por unha embolia da arteria pulmonar.