"Fernández" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 538.
-
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Comezou en 1952 no semanario Destino, do que foi director (1958-1975). Dirixiu tamén Historia i vida, e especializouse en gastronomía e tauromaquia, sobre as que publicou De toros y toreros (1946), Historia del toreo (1967), Libro de la cocina española (1970), en colaboración con J. Perucho e El libro de la cocina española (1977). A finais da década de 1980 comezou unha prolífica etapa como novelista, que se centrou na recreación de ambientes e personaxes históricos, e da que destacan: Decidnos, quién mató al conde? (Premio Plaza i Janés, 1987), Por ver mi Estrella María (1988), La puerta de oro (Premio Encuentro de Extremadura y América, 1990) e Los espejos paralelos (1991). Recibiu a Creu de Sant Jordi e foi oficial de L’ordre des Arts et des Lettres de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Desenvolveu a maioría da súa obra en Lugo, cidade na que introduciu o movemento modernista así como o concepto de casa xardín coa construción de vivendas unifamiliares. Destaca o edificio de vivendas na praza de España, o Instituto Xoán Montes (1935-1936), de estilo racionalista, e o Mercado Municipal. O seu racionalismo tamén quedou patente en Ourense no edificio Constantino Bouzo (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Deseñador. Coñecido como Roberto Verino, creou a súa primeira colección pret à porter feminina en 1982 e abriu a súa primeira tenda en París (1983). Participou de forma continuada na Pasarela Cibeles (1984-1999 e 2002-2003), lanzou a súa primeira Colección de Hombre e a Verino Jeans en 1997, e xunto a diversos deseñadores fundou a Asociación de Moda de España (1999). Tamén iniciou a comercialización de produtos como perfumes (1992), lentes (1997) e revestimentos e pavimentos cerámicos (2002). Recibiu a Aguja de Oro (1992), a Medalla Castelao (1996) e a Vieira de Prata (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Ángel de la Vega, A Mar ou O Marqués da Piringalla, traballou desde 1958 no xornal El Progreso, onde foi redactor xefe (1970-1995). Fundador e director do semanario El Heraldo de Vivero, en 1962 fundou Hoja del Lunes de Lugo, da que foi redactor xefe e director (1963) ata o seu cesamento (1987). Correspondente en Lugo das axencias Logos e Europa Press, publicou a guía Friol (1990), La Garra: zarpazos del año 2000 (1999) e Ánxel Fole: 101 anécdotas (2003). Obtivo o Premio del Concurso de Reportajes Periodísticos de Lotería Nacional (1964), foi nomeado Lucense do Ano (1995) e obtivo a insignia de ouro da Asociación da Prensa lucense (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. A súa actividade investigadora centrouse no estudo da evolución dos terreos metamórficos da antiga cordilleira herciniana nas áreas de Galicia e Castela e colaborou na elaboración de diversos mapas xeolóxicos a escala 1:50.000 e 1:200.000 de Asturias, Castela, Catalunya e Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Directora teatral. Entre 1980 e 1997 coordinou o Taller de Teatro Clámide, co que realizou un importante labor de animación e divulgación teatral en Vilagarcía de Arousa e a súa comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor, fillo de Vicente Martínez-Risco Agüero. Desenvolveu unha importante actividade como crítico literario e como docente en diversas universidades de Francia, EE UU e Canadá. Dos seus estudios literarios cómpre salientar A figuración literaria (1991) e Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991). No apartado da súa produción literaria, que se caracterizou polo xogo entre fantasía e realidade en relatos cheos de condicionantes teóricos, destacan Memorias dun emigrante (1987, Premio de la Crítica Española), Xogo de gardas e ladróns (1989), O caso (1989), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio da Crítica Galicia 1990), Tres situacións elementais (1991), A noite de sábado (1991), Margarida d Ouridac (1993), Hipogrifo (1994) e Os fillos do río (1997), coa que foi finalista do Premio Torrente Ballester. Postumamente publicouse a súa obra O embrión (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Químico. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1972-1974) e publicou numerosos artigos científicos relacionados coa química en revistas. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso X el Sabio e a Gran Cruz al Mérito Militar con distintivo branco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador e escritor. Doutor en Historia pola Universidad de Madrid, foi alcalde de Mondoñedo e deputado provincial. Das súas obras destacan Breve guía histórico-artística de Mondoñedo (1975), Manoel Ledo Bermúdez, o pallarego (1991) e Historia de Mondoñedo: desde sus orígenes hasta 1833, en que dejó de ser capital de provincia (1994). Foi nomeado académico correspondente da Real Academia de la Historia e, en 2001, cronista oficial de Mondoñedo. Recibiu a Cruz da Orden Civil de Alfonso X el Sabio en 1960.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Vinculada ao grupo Atlántica nos seus comezos, empregou unha estética neoexpresionista cun tratamento primario da cor e unha exaltación cromática para manifestar a brutalidade do ser humano animalizado. Indagou na condición bestial do home a través do retrato e evolucionou cara a composicións simbólicas cun atenuamento da cor. Nas súas obras destacan os motivos animais, sobre todo os cans, aínda que a partir da década de 1990 se interesou polas impresións dixitais. Da súa obra destacan Mans ávidas (1986) e O comedor de terra (1987-1988), e o libro Repertorio (no clasificado) de amores que dejan huella (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, terceiro marqués de Leganés, marqués de Mairena e de Morata de la Vega e cuarto duque de Sanlúcar la Mayor. Comendador maior na orde de Santiago, foi lugartenente de València (1667-1669), de Catalunya (1678 e 1685-1688) e gobernador de Milán (1691-1698). Responsable da caída do ministro Oropesa, mostrouse partidario de Carlos de Austria como sucesor de Carlos II. Filipe V condenouno á cadea durante a Guerra de Sucesión Española (1705), ao descubrir que facilitara información ás forzas de Carlos de Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Leandro Fernández de Moratín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nicolás Fernández de Moratín.
-
GALICIA
Militar e político. Foi ministro de Mariña (1939-1945 e 1951-1957) e comandante do buque-escola Juan Sebastián Elcano. Conspirou contra a República e contribuíu de forma decisiva á toma de Ferrol en 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e escritor, fillo de Tomé María Mosquera García. Foi deputado polo Carballiño en 1886. Publicou diversos poemas no xornal El Heraldo Gallego, entre os que destacan “Anacreóntica al uso”, “El conde Fullero” e “La calabaza”. En 1884 estrenou o monólogo dramático Antes del baile.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e diplomático. De ascendencia galega, residiu en Santiago de Compostela entre 1924 e 1936. Percorreu diversos países como membro do corpo diplomático e como escritor está adscrito á Xeración de 1922. Da súa obra, próxima ao vangardismo de Manoel Antonio, cómpre salientar Ancla (1923-1925) (1926) e Poemas sincopados (1929), este último con características propias da creación musical e dedicado ao musicólogo Xesús Bal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Nos seus inicios destacou como debuxante e a mediados da década de 1980, adoptou un estilo expresionista. A súa obra evolucionou cara a un estilo neohumanista con influencias románticas e mesmo cara á abstracción. Ademais de cultivar os formatos pitóricos convencionais, realizou murais e gravados. Foi un dos fundadores da Galería Gruporzán na Coruña (1985). Realizou Los deseos e Presencias 2, a serie Travesía á illa dos mortos (1986) e Del diario del poeta I (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado na Casa Galega da Cultura en Vigo. Está formado pola doazón que fixo en 1995 Francisco Fernández del Riego da súa biblioteca e da súa colección de arte á cidade de Vigo. Recolle pinturas, esculturas e fotografías galegas dos últimos anos do s XIX e comezos do s XX, así como obxectos persoais, fotografías, cartas e as primeiras edicións das obras bibliográficas de Fernández del Riego.
-
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como o Mudo, estudou en Italia e criouno Filipe II. Traballou no Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial onde realizou Martirio de san Jaime (1571), Nacimiento de Cristo (1575) e Entierro de san Lorenzo (1579).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gravador, pintor, ilustrador, escultor e deseñador de xoias. En 1951 recibiu unha bolsa para a ampliación de estudos en Berlín, onde perfeccionou o gravado calcográfico e a litografía, e traballou con Hubert Hoffmann. Destacou no campo da abstracción e derivou cara a unha neofiguración xeométrica, en parte neocubista, onde as tintas se converteron en organizadoras das gamas cromáticas sobre soportes de distinta natureza, como o téxtil ou o tapiz. Traballou a augatinta, a litografía, o gravado en oco, a xilografía, o carborundo, a serigrafía, a electrografía e a fototipia. Participou en numerosas exposicións internacionais de gravado. Da súa produción destacan a serie Cidade (1981) e obras como Arquitectura (1989), Paso de Almansur (1992) e África (1999). Realizou as estampas de Poemas dos Comeiros de Uxío Novoneyra. Recibiu o Gran Premio de Grabado no II Certamen Nacional de Artes Plásticas (1963), a II Medalla na Exposición...
VER O DETALLE DO TERMO