Núñez Fernández, Jesús

Núñez Fernández, Jesús

Gravador, pintor, ilustrador, escultor e deseñador de xoias. En 1951 recibiu unha bolsa para a ampliación de estudos en Berlín, onde perfeccionou o gravado calcográfico e a litografía, e traballou con Hubert Hoffmann. Destacou no campo da abstracción e derivou cara a unha neofiguración xeométrica, en parte neocubista, onde as tintas se converteron en organizadoras das gamas cromáticas sobre soportes de distinta natureza, como o téxtil ou o tapiz. Traballou a augatinta, a litografía, o gravado en oco, a xilografía, o carborundo, a serigrafía, a electrografía e a fototipia. Participou en numerosas exposicións internacionais de gravado. Da súa produción destacan a serie Cidade (1981) e obras como Arquitectura (1989), Paso de Almansur (1992) e África (1999). Realizou as estampas de Poemas dos Comeiros de Uxío Novoneyra. Recibiu o Gran Premio de Grabado no II Certamen Nacional de Artes Plásticas (1963), a II Medalla na Exposición Nacional de Bellas Artes (1964) e o primeiro premio de arte da estampaxe na Exposición Nacional de Arte Contemporánea (1970).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Betanzos